Begonte e Meigallos caen ante rivais da parte alta por goleada a domicilio

O Castro deixou escapar dous puntos ante o Amarelle tras empatar cun gol en propia porta un partido que ían gañando desde o intermedio

Dúas goleadas en contra marcaron a sesión desta fin de semana na categoría Galega Cadete debido ao dobre enfrontamento dos equipos da provincia ante rivais da parte alta mentres que o Casás tivo descanso.

O Begonte caeu ante o Colegio Liceo a domicilio por 7-1 nun partido no que o local avultou o resultado nos últimos minutos. Marcou un gol madrugador aos 2' de xogo pero o Begonte empatou antes da pausa e foi así como marcharon a vestiarios. Na segunda o local Joel, que fixo un póquer, marcou o segundo, non habendo máis goles ata 6 minutos antes do final. Foi aí cando o Liceo desbordou as expectativas marcando 5 goles no tempo restante para avultar o resultado de forma totalmente dispar co que se viu ata o momento na pista.

Consulta aquí a clasificación

Derrota avultada do Meigallos ante o líder, o Noia, un equipo que non ten intención de deixar ir o campionato, xa que leva 7 puntos de vantaxe ao segundo e só perdeu un partido.

Empezaron os locais a marcar cedo, xa que aos 13 minutos de xogo xa estaban 3 arriba deixando ao Meigallos meter un gol a dous minutos do intermedio.

A segunda parte foi de claro dominio local, que avultou o resultado ao final cunha rápida sucesión de tantos, un deles en propia porta. O equipo de Sarria marcou o seu último a tres minutos do final.

COLEGIO LICEO 7 - 1 BEGONTE 

Colegio Liceo: Brais, Adrián, Roi, Pablo, Joel (4), Enzo (1), Asier (1), Fernando (1), Carlos e Diego.
Concello de Begonte FS: Yerai, Antón M, Brais (1), Antón L, Xabier, Saúl (1), Mario e Álvaro.
Cancha: Liceo La Paz.

NOIA 9 - 2 MEIGALLOS

Noia Portus Apostoli FS: Lucas, Alejandro, Martín, Roi, César, Marcos, Fernando, Álvaro, Miguel, Hugo e Daniel.
Os Meigallos FS: Álex, Jesús, Óscar (1), Xoel (1), Tomás, Rubén e Alonso.
Cancha: Municipal de Noia.
 
LIGA GALEGA CADETE NORTE

                 Resultados xornada 20

Colegio Liceo 7-1 Begonte
Lago DVSport 6-7 Parrulo B
5 Coruña B 3-2 Hércules
Narón 1-4 Fisober
Noia 9-2 Meigallos
Betanzos 3-1 Compañía María
  D Casás

 Próxima xornada

Compañía María - Casás
Begonte - Lago DVSport
Parrulo B - 5 Coruña B
Hércules - Narón
Fisober - Noia
Meigallos - Betanzos
  D Colegio Liceo

               

         

Copa Feminina

O Castro logrou un empate ante o poderoso Amarelle tras marcar en propia porta nun rexeite. O equipo chairego abriu cedo a conta e no descanso ya estaban 3-2 tras un intercambio de dominio. O último gol, xa no 40 foi o que puxo o 3-3 nun erro das locais. Descanso para o Burela.

Consulta aquí a clasificación

CASTRO 3 - 3 AMARELLE

FSF Castro: Aroa, Mencía (2), Antía (1), Irene, Zoe, María, Marta, Carla, Emma, Mara e Lucía.
Viaxes Amarelle FS: Lucía, Emma, Sofía (2), Sila, Candela F, Antía, Claudia, Irene e Sofía. Un en propia do Castro.
Cancha: Municipal de Castro Ribeiras de Lea.
 
COPA GALEGA CADETE FEMININA NORTE - 1º FASE

              Resultados xornada 2

Castro 3-3 Amarelle
  D Burela

Próxima xornada

Burela - Castro
  D Amarelle