O Casás mantén o posto de prata da competición tras derrotar ao Begonte na volta da Copa

Primeira xornada copeira na feminina con derrota do Burela ante o poderoso Amarelle e descanso do Castro

Trala celebración da Copa a pasada fin de semana, regresou a competición ligueira con derbi provincial entre Casás e Begonte, con vitoria clara dos amarelos a domicilio.

Partido de trámite dos de Nino que aproveitaron para probar cousas novas ante un Begonte que competiu en todo momento pero ao que lle faltou tamén chegar á porta rival.

Tardaron en chegar os goles, os dous primeiros para o Casás na primeira metade. Na segunda endureceron o partido no último minuto, no que se pasou de 0-5 a 1-6. O equipo amarelo segue no posto de prata da competición ligueira, 5 puntos por baixo do coco da competición, o Noia e só dous por riba do Fisober, que ten un partido menos. Novena praza para os chairegos.

Consulta aquí a clasificación

O Meigallos non tivo fortuna co Narón co que competiu de ti a ti para chegar a un axustado marcador de 3-4. Cun gol para cada un chegaron ao descanso e na segunda adiantouse o Narón mediada a mesma. A cinco minutos do final o Meigallos empatou 2-2 e o partido seguiu cun novo intercambio no último minuto, no que estiveron 3-3 pero o Narón marcou sobre a bucina para levarse os tres puntos.

BEGONTE 1 - 6 CASÁS

Concello de Begonte FS: Yerai, Antón, Brais, Antón, Xabier, Andrea, Saúl (1), Mario, Yanira, Elba.
Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jesús (2), Pablo, Héctor (1), Manuel (1), Pablo, Carballo, Pablo Jorge (2) e Unay.
Cancha: Municipal de Baamonde.

MEIGALLOS 3 - 4 NARÓN

Os Meigallos FS: Álex, Jesús (1), Óscar, Sergio, Xoel, Tomás, Daniel, Rubén, Gael (2), Tomás e Alonso.
Cidade de Narón: Adrián, Diego, Íker (1), Sergio, Edgar, Gabriel, Brais (1) e Nicolás (2).
Cancha: O Chanto.
 
LIGA GALEGA CADETE NORTE

                 Resultados xornada 19

Begonte 1-6 Casás
Parrulo B 3-3 Colegio Liceo
Hércules 4-8 Lago DVSport
Fisober 7-2 5 Coruña B
Meigallos 3-4 Narón
Betanzos 3-2 Noia
  D Compañía María

                 Próxima xornada

Colegio Liceo - Begonte
Lago DVSport - Parrulo B
5 Coruña B - Hércules
Narón - Fisober
Noia - Meigallos
Betanzos - Compañía María
  D Casás

 

         

Copa Feminina

O Burela caeu ante o Amerella na primeira xornada da Copa, na que o Castro tivo descanso. O equipo coruñés foi de novo imbatible pero non o amosou ata a segunda parte. Na primeira só tivo un gol de renda mentres que o Burela protexía a súa porta. Á volta de vestiarios o equipo local non deu tregua e chegou ao 5-0 en 8 minutos. No tramo final o Burela tivo a súa oportunidade de remontar ata o 5-2 pero o Amarelle sentenciou sobre a bucina co 6-2.

Consulta aquí a clasificación

AMARELLE 6 - 2 BURELA

Viaxes Amarelle FS: Lucía, Marta, Sofía (2), Sila, Candela F (1), Antía, Sara, Irene, Candela F (1) e Alma (2).
Pescados Rubén Burela FS: Lola, Nerea, Iria, Claudia P, Fátima (1), Cayetana, Mayra e Laura (1).
Cancha: Sagrada Familia.
 
COPA GALEGA CADETE FEMININA NORTE - 1º FASE

              Resultados xornada 1

Amarelle 6-2 Burela
  D Castro

 Próxima xornada

Castro - Amarelle
  D Burela