Remata a primeira fase oficial da competición feminina co Castro como campión invicto do norte

O Casás sobe ao posto de prata tras golear inclemente ao Parrulo B mentres o Meigallos volve perder

Co Concello de Begonte de descanso, só xogaron esta fin de semana dous equipos da provincia. O máis destacado sen dúbida foi o Casás, que goleou de forma abrumadora ao Parrulo B 13-1 para colocarse segundo na táboa, o primeiro dos mortais tralo Noia, que segue invicto 8 puntos por riba.

Sen embargo, por baixo, o Casás ten pegados a Fisober e Colegio Liceo, polo que a partir de agora terá que sumar vitorias para conservar a praza.

Superioridade clara dos amarelos que ofreceron un gran espectáculo, moi superiores ante un equipo de primeiro ano. Tardaron pouco en coller a agulla de marear e xa no descanso estaban 4-1 pero a partir de aí e especialmente no tramo final, todo foi golear.

Consulta aquí a clasificación

6-3 perdeu o Meigallos co 5 Coruña B, un partido no que mereceu máis pero no que a portería fíxoselles pequena con tres tiros ao pau e dúas oportunidades a portería baleira que foron fóra.

Por tanto, unha vez máis a eficiencia na área foi decisiva para perder tres puntos vitais para o equipo de Sarria, que fai un bo xogo pero que ten problemas para sumar goles, problema que non tivo o 5 Coruña, que abriu fenda xa nos primeiros minutos.

CASÁS 13 - 1 PARRULO B

Club Polideportivo Casás: Pablo Carballo, Jesús (1), Hugo (2), Pablo Cabaleiro (1), Manuel (2), Alejandro, Jorge, Marcos (1), Héctor (5) e Unay (1).
Hormigones Laracha O Parrulo B: Íker, Adrián, Alexandre F, Jesús (1), Carlos, Unai, Alexandre R, Diego, Andrés e Leo.
Cancha: O Palomar.

5 CORUÑA B  6 - 3 MEIGALLOS

Academia 5 Coruña FS B: Sergio, Pablo, Anxo, Daniel, Lucas, Xoel, Bruno, Brais, Iago e Javier.
Os Meigallos FS: Jesús, Óscar, Sergio, Gael, Tomás, Íker, Damniel, Rubén, Raúl e Alonso.
Cancha: San Francisco Javier.
 
LIGA GALEGA CADETE NORTE

                 Resultados xornada 18

Casás 13-1 Parrulo B
Colegio Liceo 6-3 Hércules
Lago DVSport 7-6 Fisober
5 Coruña B 6-3 Meigallos
Narón 3-2 Betanzos
Noia 4-2 Compañía María
  D Begonte

Próxima xornada  

Begonte - Casás
Parrulo B - Colegio Liceo
Hércules - Lago DVSport
Fisober - 5 Coruña B
Meigallos - Narón
Betanzos - Noia
  D Compañía María

                 

         

Liga Feminina

Gran celebración para o Castro cadete feminino, que remata a fase oficial da competición como campión invicto do grupo norte. Superou esta fin de semana ao Amarelle, un dos principais rivais da chairegas.

Difícil partido para o Castro, que se adiantou rápido, con dous goles antes dos dez minutos, vantaxe que perdeu no descanso, ao que chegaron 2-2. O segundo tanto de Irene foi esencial para poñer o marcador do lado visitante e axudou moito un gol en propia do Amarelle, a dous minutos do final. Ao final, Antía tamén fixo dobrete para subir o 2-5 ao electrónico.

Consulta aquí a clasificación

Na parte baixa, duelo tamén de Ribeira e Burela, nun partido no que as luguesas colleron os primeiros tres puntos da tempada (4-3). O duelo comezou do lado laranxa, xa que marcaron dous goles de inicio e malia que o Ribeira meteu o seu o marcador foi ata o 1-3 e xusto antes da pausa ao 2-3.

Na segunda parte, pouca acción ata os momentos finais, nos que entre Mara e Carla Díaz levantaron o resultado en contra para levarse a primeira vitoria para as locais no último minuto.

AMARELLE 2 - 5 CASTRO

Viaxes Amarelle FS: Lucía, Emma, Marta, Candela M, Candela F, Antía (1), Sofía, Sara, Irene e Sila (1).
FSF Castro Carnemax: María, Mencía, Antía (2), Irene (2), Aroa, Marta, Carla, Emma, Lucía e Zoe. Un en propia do rival.
Cancha: Ventorrillo.

RIBEIRA 4 - 3 BURELA

Ribeira FS Lieders: Ainara, Carla Veiga (2), Carla D (1), Mara (1), Xenia, Saínza, María, Paula, Miriam e Carla Vázquez.
Pescaods Rubén Burela FS: Lola, Claudia R, Nerea, María, Martina, Iria (1), Claudia P, Fátima (1), Cayetana, Mayra e Laura (1).
Cancha: Municipal de Lugo.
 
LIGA GALEGA CADETE FEMININA NORTE

              Resultados xornada 6

Amarelle 2-5 Castro
Ribeira 4-3 Burela