O Casás ponse terceiro na clasificación masculina e o Castro supera ao Ribeira na feminina

O Begonte levantou un 4-0 en contra e a piques estivo de empatar mentres o Meigallos foi vapuleado no tramo final dun partido que comezou dominando

O Casás subiu á terceira praza da clasificación esta fin de semana tras vencer de forma abrumadora ao Hércules por 3-7. Os de Nino seguiron coa súa boa liña de xogo e malia que o rival se puxo por diante primeiro, na segunda parte recuperaron posicións e foron a polos tres puntos.

3-1 estaban ao dencanso tralo gol inicial do Hércules no minuto 2, que reinou 15 minutos el só no marcador. Foi tras pasar por vestiarios cando o Casás recuperouse e comezou a meter goles. Costaron máis os primeiros xa que a falta de 15 minutos para o remate estaban 3-3 pero a partir do empate, o Casás comezou a xeira con dous goles nun minuto e co 3-5 o partido xa quedou visto para sentena malia que os amarelos rematáronlo con dous tantos máis.

Para o Begonte foi un partido complicado e estrano o que xogou co Compañía de María. O conxunto local dominou durante os dez minutos últimos da primeira parte para marchar ao descanso cun parcial de 4-0.

Parecía unha sentenza contundente para o equipo chairego, que acudiu á cita xusto de cambios de novo. Mediada a segunda parte, Anxo logrou unha xesta ao poñer ao equipo en 4-3 en cinco minutos pero malia que quedaban quince máis de partido, o marcador non se moveu máis.

Consulta aquí a clasificación

A cruz da xornada foi para o Meigallos. O equipo sarriao caeu derrotado de forma abundante ante o Lago no Chanto por 1-7. Non competiron mal os locais na primeira parte, marcando eles o primeiro tanto.

A segunda comezou cun 1-2 no marcador, pero unha vez encaixado o terceiro tanto, o Meigallos non logrou encarrilar o duelo e no final entraron tres goles en tres minutos para avultar o resultado.

HÉRCULES 3 - 7 CASÁS

AJ Pombo Hércules FS: Yago (1), Fabio (2), Jesús, Marco, Samuel, Pablo, Diego, Daniel, Álvaro, Miguel e Alberto.
Club Polideportivo Casás: Pablo Carballo, Jorge, Jesús (2), Hugo (3), Manuel, Alejandro, Pablo Cabaleiro, Marcos (2) e Unay.
Cancha: Barrio das Flores.

MEIGALLOS 1 - 7 LAGO 

Os Meigallos FS: Álex, Daniel (1), Óscar, Xoel, Tomás, Íker, Rubén, Jesús, Raúl e Alonso.
Los tres monos Lago DVSport: Anxo, Xavi (1), Destaw, Nicolás (1), Sergio (2), Lucas, Alejandro, Adrián e Diego (3).
Cancha: O Chanto.

COMPAÑÍA 4 - 3 BEGONTE

CD Compañía de María: Pedro, Manuel, Hugo (1), José, Iago (1), Marcos (2), Lucas, Mateo e Jorge.
Concello de Begonte FS: Brais, Antón M, Anxo (3), Antón L, Xabier, Mario e Álvaro.
Cancha: Compañía de María.

 

 
LIGA GALEGA CADETE NORTE

                 Resultados xornada 17

Compañía María 4-3 Begonte
Hércules 3-7 Casás
Fisober 4-3 Colegio Liceo
Meigallos 1-7 Lago DVSport
Betanzos 2-3 5 Coruña B
Noia 4-3 Narón
  D Parrulo B

   Próxima xornada

Casás - Parrulo B
Colegio Liceo - Hércules
Lago DVSport - Fisober
5 Coruña B - Meigallos
Narón - Betanzos
Noia - Compañía María
  D Begonte

                

         

Liga Feminina

O Castro volveu mostrar as súas intencións de facerse to título e goleou ao Ribeira, que aínda non foi quen de puntuar nesta queda da competición.

Foron claras as de Castro, que abriron o marcador no minuto 2 e pouco antes do descanso xa estaba 2-0. Foi unha primeira parte máis igualada pero cando volveron de vestiarios non tardaron moito en subir o terceiro. Non sería ata os últimos minutos cando avultarían o resultado ata o 5-0 final con dous goles seguidos.

Consulta aquí a clasificación

CASTRO 5 - 0 RIBEIRA

FSF Castro Carnemax: María, Mencía (2), Mara (1), Lucía, Zoe, Aroa, Marta, Carla, Emma, Antía (2) e Irene.
Ribeira FS Lieders: Ainara, Carla Veiga, Carla D, Paula, Mara, Iria, Alba, María e Xenia.
Cancha: Municipal de Castro Ribeiras de Lea.

 

 
LIGA GALEGA CADETE FEMININA NORTE

              Resultados xornada 5

Castro 5-0 Ribeira
Burela A Amarelle

                   Próxima xornada   

Amarelle - Castro
Ribeira - Burela