Vitorias de Casás, ante un rival directo na táboa, e de Begonte nun intercambio de goles sen fin

O Meigallos xogou de ti a ti co Colegio Liceo pero unha expulsión marcou o devenir dun duelo que dominou a primeira metade

O Casás mantén amarrada a cuarta praza da clasificación trala nova vitoria desta fin de semana ante o Fisober, situado no posto de prata. Xogaron os amarelos o partido máis completo de toda a tempada. Os de Nino souberon ler o xogo rival e xogar ás costas, alargando posesións e xestionando moi ben as oportunidades.

Estiveron moi intensos en defensa e puideron levantar un 0-2 en contra dos primeiros minutos, o primeiro gol xusto antes do descanso e o segundo xusto á volta. Meteron o terceiro con tempo suficiente pero o marcador non se moveu máis e o Casás puido sumar a vitoria.

Venceu nesta xornada tamén o Begonte ao Parrulo, nun partido de máxima emoción con moitos goles que supoñen tres puntos moi importantes na loita pola permanencia.

Os de Begonte foron case todo o partido por debaixo do marcador, indo ao descanso 3-4. Na segunda parte o partido non tiña claro dominador e a falta de tres minutos o encontro estaba en tablas co 7-7. Os de Noelia, incansables, aínda tiñan forzas para marcar dous goles mais, un deles unha maravilla do xogador Anxo, un tiro dende o seu campo que se coou nas redes da portería do Parrulo, dándolle así unha victoria con moi bó sabor de boca ao equipo de Begonte.

Consulta aquí a clasificación

A derrota da xornada foi para o Meigallos ante un dos de arriba, o Colegio Liceo. O duelo rematou 6-3 pero foi moi igualado e competido, onde os dous equipos puxeron intensidade e ganas pero o resultado decantouse para eles.

Comezou gañando o Meigallos 1-0 cun gol nunha contra para logo encaixar o empate nunha cesión por un despiste. Volveron adiantarse cunha moi boa xogada de 5 para 4 pero o Liceo volveu empatar rendabilizando un roubo de balón ao lado da área sarriá.

Na segunda, os dous equipos seguiron xogando con intensidade e o Liceo logrou adiantarse tras un rexeite e na seguinte xogada marcouse o devenir do partido coa expulsión de Gael por unha man cando estaban xogando con porteiro xogador. En inferioridade o Meigallos encaixou o 4-2 e a partir de aí, afundiron un pouco deixando meter ao rival dous goles máis. A falta de 30 segundos o equipo sarriao marcou o definitivo 6-3 nunha moi boa xogada colectiva.

CASÁS 3 - 2 FISOBER

Club Polideportivo Casás: Pablo Carballo, Jesús, Hugo (1), Héctor (1), Manuel, Jorge, Pablo Cabaleiro, Marcos (1) e Unay.
Fisober FSF: David, Juan (1), Pablo C, Álex (1), Iago, Mario, Arturo, Javier, Iago, Adrián e Pablo T.
Cancha: O Palomar.

LICEO 6 - 3 MEIGALLOS

Colegio Liceo: Alejandro, Iago (1), Joel, Xosé, Diego, Adrián (1), Enzo (1), Roi, Rodrigo (1), Asier (1), Fernando (1) e Brais.
Os Meigallos FS: Xoel, Jesús, Óscar (1), Gael, Tomás (1), Íker, Daniel (1), Rubén e Alonso.
Cancha: Liceo La Paz.

BEGONTE 9 - 7 PARRULO B

Concello de Begonte FS: Yerai, Antón M (2), Anxo (5), Antón L (1), Xabier, Mario e Brais. Un en propia do rival.
Hormigones Laracha Parrulo B: Íker, Adrián (2), Alexandre F (1), Jesús, Carlos (3), Unai, Alexandre R, Diego (1), Andrés e Leo.
Cancha: Municipal de Baamonde.

 

 
LIGA GALEGA CADETE NORTE

                 Resultados xornada 16

Begonte 9-7 Parrulo B
Casás 3-2 Fisober
Colegio Liceo 6-3 Meigallos
Lago DVSport 10-5 Betanzos
5 Coruña B 0-2 Noia
Narón 4-1 Compañía María
  D Hércules

                          Próxima xornada

Compañía María - Begonte
Hércules - Casás
Fisober - Colegio Liceo
Meigallos - Lago DVSport
Betanzos - 5 Coruña B
Noia - Narón
  D Parrulo B

             

Liga Feminina

O Ribeira caeu avultadamente ante o Amarelle no partido adiado da última sesión. 9-0 foi o resultado co que as coruñesas amosaron a súa superioridade no grupo que lidera o Castro, pero no que están a un punto de distancia.

O Ribeira, que aínda non venceu no que vai desta tempada oficial, foi superado amplamente e no descanso o local estaba xa 5 goles arriba. Na segunda, comezou o Ribeira cun gol en propia e no tramo final o Amarelle aínda tivo tempo de tres tantos máis.

Consulta aquí a clasificación

AMARELLE 9 - 0 RIBEIRA

Viaxes Amarelle FS: Lucía, Emma (2), María Candela (2), Sila, Candela F (1), Antía (2), Sofía (1) e Sara. Un en propia porta do Ribeira.
Ribeira FS Lieders: Ainara, Carla Veiga, Iria, Carla D, Paula, Alba, María, Xenia e Carla Vázquez.
Cancha: Sagrada Familia.

 

 
LIGA GALEGA CADETE FEMININA NORTE

              Resultados xornada 4       

Amarelle 9-0 Ribeira

            Próxima xornada       

Castro - Ribeira
Burela - Amarelle