Meigallos e Casás enfrontáronse esta fin de semana en Sarria con vitoria para o equipo de Nino. O visitante estivo no partido e mantivo controlado o marcador malia a situación de empate que se repetiu ata en dúas ocasións. Chegaron ao descanso 2-3 e xa só quedaría un gol por marcar. O Meigallos intentouno co xogo de cinco nos últimos 11 minutos pero non puido superar ao Casás.
O Begonte caeu co Hércules por un gol nun partido moi igualado. O equipo local fixo unha moi boa parte, facendo boas transicions e creando así moitas ocasións en superioridade. Todo cambiou nunha segunda parte onde os de Begonte correxiron erros en defensa conseguindo empatar 3-3 a falta de dous minutos.
Anxo intentou buscar o gol da victoria pero o porteiro local estivo moi acertado, e no último trance do partido marcaron os locais o gol da victoria escapándolle así tres puntos moi importantes aos cadetes de Begonte que se poñen un pouquiño máis preto da zona de descenso.
MEIGALLOS 2 - 4 CASÁS
Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jesús, Hugo, Héctor (2), Manuel, Pablo Carballo, Jorge (1), Pablo Cabaleiro (1), Unay e Francisco.
Cancha: José Mario González.
HÉRCULES 4 - 3 BEGONTE
Concello de Begonte FS: Brais, Antón M (1), Anxo (2), Antón L, Xabier, Yerai e Mario.
Cancha: Barrio das Flores.
LIGA GALEGA CADETE NORTE |
---|
Resultados xornada 15
Compañía María | 3-2 | Parrulo B |
Hércules | 4-3 | Begonte |
Meigallos | 2-4 | Casás |
Betanzos | 1-4 | Colegio Liceo |
Noia | 4-2 | Lago DVSport |
Narón | 6-4 | 5 Coruña B |
D | Fisober |
Próxima xornada
Begonte | - | Parrulo B |
Casás | - | Fisober |
Colegio Liceo | - | Meigallos |
Lago DVSport | - | Betanzos |
5 Coruña B | - | Noia |
Narón | - | Compañía María |
D | Hércules |
Liga Feminina
Empate na feminina entre Castro e Burela. As laranxas fixeron fronte ao líder e arrancaron un punto, o primeiro dende o comezo desta fase oficial.
As locais controlaron o marcador durante toda a primeira parte e gran parte da segunda, xa que só un gol entrou no minuto 3' e non se volveu marcar ata o 34', o empate do Burela. No tramo final o Castro volveu adiantarse e o Burela volvería firmar a igualada a 2 minutos do final.
O Ribeira aprazou o duelo co Amarelle.
CASTRO 2 - 2 BURELA
Pescados Rubén Burela FS: Lola (1), Iria, María (1), Claudia, Laura, Nerea, Cayetana, Martina e Mayra.
Cancha: Municipal de Castro Ribeiras de Lea.
LIGA GALEGA CADETE FEMININA NORTE |
---|
Resultados xornada 4
Castro | 2-2 | Burela |
Amarelle | A | Ribeira |
Próxima xornada
Castro | - | Ribeira |
Burela | - | Amarelle |