Dobrete de goleadas do Castro feminino, que se sitúa no máis alto da táboa tras dúas sesións

A competición masculina retomarase a próxima fin de semana co Casás como aspirante ao ascenso

Liga masculina

Sen competición na categoría masculina, que se reiniciará a próxima fin de semana nun grupo onde o Noia lidera invicto e o Casás se mantén catro puntos por baixa e cun partido menos disputado, polo que son moitas as opcións que ten para o ascenso.

Meigallos e Begonte ocupan a parte morna da táboa. O equipo amarelo e o chairego retomarán a competición xogando na casa mentres que os sarriaos descansarán. 

Consulta aquí a clasificación

 
LIGA GALEGA CADETE NORTE

                 Próxima xornada

Parrulo B - Hércules
Begonte - Fisober
Casás - Betanzos
Colegio Liceo - Noia
Lago DVSport - Narón
5 Coruña B - Compañía María
  D Meigallos

                                                            

Liga Feminina

O Castro sumou a segunda vitoria consecutiva esta fin de semana tras a que obtivo na primeira sesión, que foi aprazada para o día despois de Nadal. Novamente, as chairegas destacaron polas súas goleadas, a primeira contra o Burela e a segunda co Ribeira.

Por outra banda, o Burela caeu tamén co Amarelle, nesta ocasión por 3-1 e as chairegas sitúanse no máis alto da táboa grazas aos goles conseguidos pero cos mesmos puntos que o Amarelle, co que se enfrontarán a próxima fin de semana.

Consulta aquí a clasificación

BURELA 1 - 6 CASTRO

Pescados Rubén Burela FS: Lola, Claudia, Iria, Claudia, Fátima, María, Cayetana, Martina, Mayra e Laura (1).
FSF Castro Carnemax: María, Mencía (1), Mara, Antía (1), Zoe, Aroa, Marta (2), Carla, Emma, Lucía e Irene (2).
Cancha: Vista Alegre.

RIBEIRA 2 - 9 CASTRO

Ribeira FS Lieders: Ainara, Carla V, Carla D (1), Paula, Mara (1), Iria, Alba, María e Xenia.
FSF Castro Carnemax: María, Mara (2), Antía (2), Irene (3), Zoe (1), Aroa, Mencía, Carla (1), Emma e Lucía.
Cancha: Somos Fútbol.

AMARELLE 3 - 1 BURELA

Viaxes Amarelle FS: Lucía, Sofía (2), Sara (1), Candela M, Sila (2), Antía, Candela P e Irene.
Pescados Rubén Burela FS: Lola, Claudia, Iria, Claudia, Fátima, María, Cayetana, Martina, Mayra e Laura (1).
Cancha: Sagrada Familia.

 

 
LIGA GALEGA CADETE FEMININA NORTE

              Resultados xornada 2

Ribeira 2-9 Castro
Amarelle 3-1 Burela
Burela 1-6 Castro

              Próxima xornada                        

Castro - Amarelle
Burela - Ribeira