Cambio de fase tamén para a categoría cadete, cun Casás que se alonxa da primeira praza tras perder co líder, o Noia, cun contundente 0-5. Foi un partido máis igualado do que reflicte o resultado e o local mantívose na súa liña habitual de efectividade. Tres goles en contra pechou o equipo de Nino no intermedio e o resto de cara ao final.
Os outros dous equipos da categoría disputaron un duelo entre eles con vitoria para o Begonte por 6-4 sobre o Meigallos. O conxunto local estivo sempre por diante no marcador malia que o Meigallos xogou moi ben pero volveu adolecer de fallos defensivos e nos tiros a gol. O Begonte aproveitou as xogadas a balón parado e os erros visitantes para liderar o resultado.
Cando faltaban 6 minutos para o final o Meigallos defendeuse con porteiro xogador e dispuxo de moitas ocasións para empatar ou gañar o partido pero non entraron os goles e o Begonte logrou poñer a ventaxa de 2 goles.
CASÁS 0 - 5 NOIA
Noia Portus Apostoli FS: Lucas, Alejandro, Roi, César (1), Daniel, Marcos, Martín (2), Fernando (1), Álvaro (1), Miguel e Hugo.
Cancha: Municipal de Lugo.
BEGONTE 6 - 4 MEIGALLOS
Os Meigallos FS: Francisco, Jesús, Óscar, Xoel (2), Tomás (1), Rubén, Gael, Raúl (1), Alonso e Íker.
Cancha: Municipal de Baamonde.
LIGA GALEGA CADETE NORTE |
---|
Resultados xornada 13
Lago DVSport | 9-4 | 5 Coruña B |
Colegio Liceo | 5-3 | Narón |
Casás | 0-5 | Noia |
Begonte | 6-4 | Meigallos |
Parrulo B | 3-6 | Fisober |
Hércules | 2-4 | Compañía María |
D | Betanzos |
Próxima xornada
Parrulo B | - | Hércules |
Begonte | - | Fisober |
Casás | - | Betanzos |
Colegio Liceo | - | Noia |
Lago DVSport | - | Narón |
5 Coruña B | - | Compañía María |
D | Meigallos |
Liga Feminina
Comezou a fase oficial da Liga Cadete feminina, na que o Ribeira foi o único dos tres que saíu á pista xa que o Burela e o Castro aprazaron o partido ata o 26 deste mes.
O Ribeira debutou con derrota ante un poderoso Amarelle por 1-5. Malia o avultado do resultado, os goles non chegaron ata o minuto 30 de partido e se concentraron todos en 20 minutos. Tres marcou o visitante antes de que o local tivese a súa oportunidade.
RIBEIRA 1 - 5 AMARRELLE
Viaxes Amarelle FS: Lucía, Sofía (2), Sara (1), Candela M, Sila (2), Antía, Candela P e Irene.
Cancha: Somos Fútbol.
LIGA GALEGA CADETE FEMININA NORTE |
---|
Resultados xornada 1
Burela | A | Castro |
Ribeira | 1-5 | Amarelle |
Próxima xornada
Ribeira | - | Castro |
Amarelle | - | Burela |