O Casás suxeita o posto de bronce da clasificación cunha abrumadora vitoria sobre o 5 Coruña B. 10-1 foi o resultado co que pecharon a sesión o domingo no pabillón dos Deportes.
Malia o resultado, aos amarelos costoulles entrar no partido pero unha vez que se activaron, comezou a choiva de goles con grandes transicións ofensivas e aproveitando ben as superioridades. 3-1 era o resultado no intermedio, que se ralentizou na primeira queda da segunda metade. No final aproveitaron para subir o 6-1 a un 10-1 en poucos minutos.
Derrota dos outros dous equipos da provincia. O Meigallos caeu ante o Hércules nun partido que mereceu gañar polo seu xogo pero no que a falta de acerto na porta lastrou o resultado. O rival converteu as poucas ocasións que tivo e iso marcou a difereza nun duelo no que o seu pivot Miguel e o porteiro estiveron moi por riba dos seus compañeiros.
Tanto na primeira parte como na segunda o Meigallos foi mellor. Aguantou o resultado ata o final da primeira, cando o rival meteu dous tantos en cinco minutos, resultado co que se foi ao descanso. Nada máis comezar a segunda meteron o terceiro e o Meigallos lanzouse á remontada pero o balón non quixo entrar. Cando quedaban 5 minutos optaron por porteiro xogador e entonces si entraron dous goles.
Cando pelexaban polo empate, na última xogada o Hércules meteu o cuarto.
O Begonte caeu co líder, o Noia, por 3-6. Moi bo partido do equipo chairego, que falou de ti a ti co primeiro do grupo. Foi o primeiro en marcar e malia que o visitante empatou e se puxo por diante, no descanso o electrónico parouse en 2-3. Foi na segunda cando abriron fenda ata o 2-6 pero recuperaría distancias o Begonte a dous minutos do final co 3-6 co que remataron.
CASÁS 10 - 1 5 CORUÑA B
Academia 5 Coruña FS B: Sergio, Mateo, Javier (1), Lucas, Eder, Antonio, Anxo e Iago.
Cancha: Municipal de Lugo.
BEGONTE 3 - 6 NOIA
Noia Portus Apostoli FS: Lucas, Alejandro (1), Roi (2), César (2), Daniel, Marcos, Fernando (1), Álvaro, Nicolás e Hugo.
Cancha: Municipal de Baamonde.
HÉRCULES 4 - 2 MEIGALLOS
Os Meigallos FS: Francisco, Jesús, Óscar (1), Sergio (1), Xoel, Daniel, Rubén, Alonso, Tomás e Gael.
Cancha: Barrio das Flores.
LIGA GALEGA CADETE NORTE |
---|
Resultados xornada 11
Colegio Liceo | 7-3 | Lago DVSport |
Casás | 10-1 | 5 Coruña B |
Begonte | 3-6 | Noia |
Parrulo B | 4-5 | Betanzos |
Hércules | 4-2 | Meigallos |
Compañía María | 2-5 | Fisober |
D | Narón |
Próxima xornada
Compañía María | - | Lago DVSport |
5 Coruña B | - | Colegio Liceo |
Narón | - | Casás |
Betanzos | - | Begonte |
Meigallos | - | Parrulo B |
Fisober | - | Hércules |
D | Noia |
Liga Feminina
Pouco tivo que dicir este domingo o Burela co Amarelle, líder absoluto da lista. Aguantaron ben las laranxas o envite e foron ao descanso co 0-2. Os outros dous tantos viñeron nunha segunda parte na que o equipo coruñés seguiu amosando que non sabe máis que gañar.
BURELA 0 - 4 AMARELLE
Viaxes Amarelle FS: Lucía, Emma (2), Sofía (1), Candela, Sila, Antía, Sara (1) e Irene.
Cancha: Monte Castelo.
LIGA GALEGA CADETE FEMININA NORTE |
---|
Resultados xornada 6
Burela | 0-4 | Amarelle |
D | Castro |