Xornada de remontadas cun Meigallos que empatou un 2-0 en contra en 20 segundos sobre a bucina

O Casás perde a prata nun partido cunha mala primeira parte na que faltaron minutos para lograr algún punto. Pola contra, o Begonte si venceu pero a piques estivo o rival de completar a recuperación

Dura sesión para o Casás esta fin de semana, que perdeu ante o Colegio Liceo e deixa a posición de prata da táboa despegándose do líder, o Noia.

Na primeira parte decepcionaron un pouco os amarelos, que non xogaron como teñen acostumbrado e protestaron moito o que trouxo unha vantaxe para o equipo visitante que se foi no resultado ata o 0-3, que sería 1-3 xusto antes da pausa.

Na segunda encaixaron xusto no reinicio de penalti pero comezaron unha remontada que se quedou sen tempo para completarse. Chegaron ao 5-6 e a piques estiveron de empatar pero a falta de acerto volveu ser a responsable da derrota.

Resultado axustado tamén para o Begonte, pero neste caso con vitoria, 4-3 ante o 5 Coruña. Meteron un primeiro tanto os coruñeses moi madrugador, pero o Begonte comezou unha remontada que pasou polo descanso sendo 2-1. 

Anxo foi o responsable dos catro goles chairegos e tras marcar tivo que ver como o seu equipo non se marchaba con traquilidade e o rival achegábase peligrosamente. Pelexa para terminar a sesión e reparto de vermellas, pero vitoria dos locais.

Consulta aquí a clasificación

O Meigallos tamén puntuou, nesta ocasión cun empate co Compañía de María. Sesión espectacular para os sarriaos que remontaron un partido nos últimos 50 segundos.

Malia ese 2-0 que figurou no marcador dende o minuto 25, foi un duelo moi reñido no que o gol foi moi esquivo. Finalmente, no 5 para 4 o Meigallos logrou o empate nun contraataque e cun tiro fóra da área, nun intervalo de 20 segundos.

CASÁS 5 - 6 COLEGIO LICEO

Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jesús (1), Hugo, Marcos (1), Manuel (1), Jorge, Pablo, Héctor (2), Xurxo. Unay.
Colegio Liceo: Brais, Enzo (2), Roi (1), Pablo, Alejandro, Iago, Asier (3), Xosé e Diego.
Cancha: O Palomar.

BEGONTE 4 - 3 5 CORUÑA B

Concello de Begonte FS: Brais, Antón M, Anxo (4), Antón L, Xabier, Mario, Álvaro e Kevin. 
Academia 5 Coruña FS: Xoel Mateo (2), Nico, Lucas (1), Javier, Pablo, Sergio, Iago e Alejandro.
Cancha: Municipal de Baamonde.

COMPAÑÍA DE MARÍA 2 - 2 MEIGALLOS

CD Compañía de María: Pedro, Manuel, Hugo, Iago (1), Lucas, Marcos (1), Jose, Diego, Mateo e Jorge.
Os Meigallos FS: Álex, Jesús, Sergio, Xoel (1), Tomás, Daniel (1), Alejandro e Íker.
Cancha: Compañía de María.
 
LIGA GALEGA CADETE NORTE

                 Resultados xornada 9 

Casás 5-6 Colegio Liceo
Begonte 4-3 5 Coruña B
Parrulo B 1-5 Narón
Hércules 3-6 Noia
Fisober 7-1 Betanzos
Compañía María 2-2 Meigallos
  D Lago DVSport

         Próxima xornada

Colegio Liceo - Compañía María
Lago DVSport - Casás
Narón - Begonte
Noia - Parrulo B
Betanzos - Hércules
Meigallos - Fisober
  D 5 Coruña B

                      

                   

Liga Feminina

Vitoria do Castro, a segunda nesta cuarta xornada de liga, que levou ao equipo chairego a Burela. Moita igualdade entre os dous equipos, que se mantivo ata avanzada a segunda parte, cun empate a 3 no marcador. Logo, o Castro collería a senda da vitoria para marcar tres goles.

BURELA 3 - 6 CASTRO

Pescados Rubén Burela FS: Lola, Claudia R (2), Iria, María (1), Claudia P, Fátima, Cayetana, Martina, Mayra e Laura.
FSF Castro Carnemax: María, Mencía (1), Mara (1), Antía (1), Irene (1), Aroa, Marta, Carla (2), Emma e Lucía.
Cancha: Monte Castelo.

Consulta aquí a clasificación

 
LIGA GALEGA CADETE FEMININA NORTE

          Resultados xornada 4

Burela 3-6 Castro
  D Amarelle

          Próxima xornada

Amarelle - Castro
  D Burela