Resultados avultados para iniciar a liga, con vitoria para o Casás e derrota para o Begonte

Os amarelos foron moi superiores durante o duelo e os chairegos aguantaron sen goles ata o minuto 30, cando pasaron factura as baixas do equipo
equipo-cadete-begonte-partido-inicial
photo_camera equipo-cadete-begonte-partido-inicial

Pouca representación dos equipos da provincia na liga cadete este ano, tralo ascenso do Burela e a desaparición do Guitiriz. O Meigallos tivo descanso para comezar, trala retirada do Alto do Vento.

Os tres puntos nesta ocasión foron para o Casás, que foi moi superior en todos os aspectos ao Betanzos, o seu rival para iniciar a liga. Non podería ser máis beneficiosa a xornada, na que destacou o traballo de Héctor, responsable de 6 dos 7 goles que marcou o equipo lugués. Debido a esta superioridade, na segunda metade dedicáronse a traballar técnicas e tácticas para as xornadas futuras.

O Begonte, pola contra, deu a cara ante o Fisober en Dumbría malia acudir ao duelo mermados coas baixas. Aguantaron as dúas porterías a cero durante 30 minutos e logo sucedéronse os goles, cando o cansazo fixo a súa aparición no equipo chairego.

FISOBER 6 - 1 BEGONTE

Fisober FSF: David, Pablo (1), Adrián, Iago (2), Álex, Brais, Arturo (1), Juan Emilio (1), Javier (1) e Iago.
Concello de Begonte FS: Brais, Mario, Anxo (1), Daniel, Antón L, Antón M e Álvaro.
Cancha: O Conco.

 BETANZOS 2 - 7 CASÁS

Troula Betanzos FS: Miguel, Yago (1), Pablo, Andrés, Martín R, Bruno, Álvaro, Brais e Martín B. Un en propia do rival.
Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jesús, Marcos, Héctor (6), Manuel, Jorge, Pablo Cabaleiro (1) e Pablo Carballo.
Cancha: Municipal de Betanzos.
 
LIGA GALEGA CADETE NORTE

          Resultados xornada 1                                                                                   

Hércules 5-1 Parrulo B
Fisober 6-1 Begonte
Betanzos 2-7 Casás
Noia 7-5 Colegio Liceo
Narón 2-3 Lago DVSport
Compañía María 3-2 5 Coruña B
  D Meigallos

          Próxima xornada                                                                             

Parrulo - Compañía María
Begonte - Hércules
Casás - Meigallos
Colegio Liceo - Betanzos
Lago DVSport - Noia 
5 Coruña B - Narón 
  D Fisober