Casás, Ribeira e Acasti Reformas ocupan os tres primeiros postos da División de Honra

O grupo feminino rematou a primeira volta co Viaxes Amarelle como líder invicto e o Burela tres puntos por baixo, tras perder con el o domingo

División de Honra Cadete

O Casás lidera con rotundidade e sumou unha nova vitoria avultada desta fin de semana ante o 5 Coruña para demostralo.

7-2 foi o resultado co que os amarelos amosaron a súa superioridade. Aseguraron o marcador antes dos dez minutos cun 3-0 e antes da pausa poñíanse 4-1. Na segunda parte seguiron dominando o marcador sen dar tregua.

O Ribeira aguantou o tirón do Casás cunha nova vitoria, totalmente in extremis, ante o Fisober (2-3). Partido no que os goles concentráronse todo no final do duelo. A primeira metade, que rematou sen inaugurar o marcador dado o bo traballo de ámbolos dous porteiros, estivo dividida en dúas partes, a primeira para os lugueses, que se achegaban pero non entraban os goles, e a segunda para o local.

Na segunda metade foi o Ribeira o que se puxo por diante pero rapidamente o Fisober impúxose ata o 2-1. De aí foron a uns minutos de partido tolo e lograron empatar nun rexeite, unha forma moi similar ao gol da vitoria, que tocou a rede no mesmo intre que soaba a bucina. O conxunto lugués ponse xa segundo na táboa.

Con gañas de asaltar o liderado está tamén o Acasti Reformas, que xa é terceiro despois de superar ao Ventorrillo no parqué e na táboa. Aos brancos púxose o partido de cara cun gol nada máis empezar pero a igualdade entre ambos contendentes impediu progresar no electrónico ata os minutos finais da primeira parte, cando aproveitaron unha boa transición.

A segunda parte seguiu sendo igualada controlando o partido e sen deixar opcións de finalización ao equipo rival. Ante isto, o Ventorrillo optou polo porteiro xogador conseguindo xerar perigo, pero foi o Acasti Reformas o que aumentou de novo a distancia no marcador cun gol do porteiro tras un roubo nesta situación.

O equipo rival reaccionou ao momento e recortou terreo, pero os brancos volveron meter outro gol cun tiro de campo a campo. Xa no último minuto, o rival anotou o seu segundo gol nunha boa xogada de porteiro xogador.

O Burela non tivo a súa xornada e caeu derrotado ante o Colegio Liceo por un avultado 8-1 logo dunha primeira parte moi igualada. Foi xusto antes do descanso que os laranxas viron marchar o partido ao encaixar catro goles en dous minutos. Na segunda parte controlaron ao rival pero no tramo final o marcador ampliouse con dous goles máis.

Consulta a clasificación aquí

FISOBER 2 - 3 RIBEIRA

Fisober FSF: Miguel, Iago, Mario, Juan, Pablo T, Adrián, Lucas, Rubén e Pablo C.
Ribeira FS: Pablo, Samuel, Andrés, Sergio, Uriel, Pablo M, Roi, Marcos, Jonás e Jaime.
Cancha: Augusto César Lendoiro.

ACASTI REFORMAS 4 - 2 VENTORRILLO

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Adrián F, Pablo, Javier, Hugo, David, Sergio, Marcos, Adrián S, Manuel, Brais G e Brais Gay.
Distrito Ventorrillo FS: Miguel, Martín, Hugo B, Hugo R, Nicolás, Hugo, Aarón e Álvaro.
Cancha: Municipal de Lugo.

CASÁS 7 - 2 5 CORUÑA A

Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jesús, Hugo, Marcos, Bruno, Pablo Carballo, Jorge, Pablo Cabaleiro, Saúl e Manuel.
Academia 5 Coruña FS A: Xoel, Hugo, Nico, Pablo, Anxo, Sergio, Miguel, Jacobo, Lucas e Tinet.
Cancha: Casa do Deporte.

COLEGIO LICEO 8 - 1 BURELA 

Colegio Liceo: Pablo, Christian, Asier, Joel, Hugo, Diego M, Iago, Xosé Neli, Pablo e Diego R.
Pescados Rubén Burela FS: Xosé, Alexandre, Raúl, Pedro, Borja, Mateo, Hugo, Filipe, Darío e Mauro.
Cancha: Liceo La Paz.


Resultados xornada 10

Stellae 9 10 Carballiño
Fisober 2 3 Ribeira
Colegio Liceo 8 1 Burela
Narón 1 1 Parrulo A
Acasti Reformas 4 2 Ventorrilo
Casás 7 2 5 Coruña A

Próxima xornada

Carballiño - - Fisober
Ribeira - - Colegio Liceo
Burela - - Narón
Parrulo A - - Acasti Reformas
Ventorrilo - - Casás
5 Coruña A - - Stellae

 

Liga Galega Cadete

Con Casás e Begonte en xornada de descanso, a competición quedou nas mans do Ribeira B, que gañou con comodidade ao Hércules, e do Meigallos, que volveu perder, nesta ocasións co Alto do Vento.

Os ribeiraos tiveron que esperar ata o ecuador do partido para atopar o camiño que levaba ao gol, logo de encaixar o primeiro dos locais no pimeiro minutos. Una vez que souberon o camiño, foron todos seguidos chegando ao intermedio 1-3. O resto do duelo o Ribeira B estivo cómodo por riba ata finalizar 2-6.

O Meigallos non sae do pozo das derrotas e volveu perder esta fin de semana co Alto do Vento por 2-6. Os sarrios encaixaron tres goles antes de poder achegarse, no ecuador do partido, ata o 3-2. Logo dese resultado, no tramo final o Alto do Vento afastouse no marcador.

Consulta a clasificación aquí

HÉRCULES 2 - 6 RIBEIRA B

AJ Pombo Hércules FS: Óscar, Pablo, Diego, Edu, Álvaro, Iker, Iago, Pablo, Olaya e Félix.
Ribeira FS B: Hugo, Daniel, Álvaro, Marco, Miguel, Héctor, mateo, Iker, Carlos e Iván.
Cancha: San Francisco Javier.

ALTO DO VENTO 6 - 2 MEIGALLOS

AD Codima - Alto do Vento FS Talleres Jesús Sánchez: Juan, Pablo, Lucas, Xoel, Mauro, Alexandre, Iker e Román.
Os Meigallos FS: Víctor, Daniel, Nicolás, Alonso, Brais, Izan, Rubén, Milin e Abdel.
Cancha: Monte dos Postes.

 

Resultados xornada 10

Stellae B 3 3 Composala
Hercules 2 6 Ribeira B
Alto do Vento 6 2 Meigallos
Lago DVSport 5 2 Betanzos
Begonte D Casás B

Próxima xornada

Composala - - Hercules
Ribeira B - - Alto do Vento
Meigallos - - Lago DVSport
Betanzos - - Begonte
Stellae B D Casás B
 
 
 
 
 

Liga Cadete Feminina

Ao Burela atoróuselle a ultima sesión da primeira volta e caeu derrotado ante o Viaxes Amarelle, equipo que permanece invicto, polo que ten que conformarse coa segunda praza. Partido igualado que se decidiu no tramo final, que foi cando o Amarelle non concedeu. O Burela marcou o 4-3 sobre a bucina e non tivo tempo para máis.

Boas novas pola contra para o Vilalba, que sumou os tres primeiros puntos do curso ante o Dental Arias, ao que derrotou 3-0. As chairegas abriron a conta preto do ecuador do partido e marcaron o resto na segunda metade.

Co Castro de descanso, o Ribeira caeu ante o Narón 1-3 co que non se move da zona morna da táboa. Os ribeiraos abriron moi cedo a conta, no minuto 3 e pronto empatou o Narón, que non esperou ao intermedio para poñerse por diante.

Consulta a clasificación aquí

RIBEIRA 1 - 3 NARÓN

Ribeira FS: Ainara, Carla D, María, Xenia, Carla V, Alba, Alma, Miriam, Nerea e Antía.
ADCyR Narón O Freixo: Adriana, Noa, Dafne, Antía, Ainoa, Sara, Naiala, Emma e Alba.
Cancha: Somos Fútbol.

AMARELLE 4 - 3 BURELA

Viaxes Amarelle FS: Ruth, Irene, Elba, Alma, Sila, Martina e Aldara.
Pescados Rubén Burela FS: Lola, Marina, Claudia, Fátima, Antía, Sara F, Sara de la F e Mayra.
Cancha: Novo Mesoiro.

VILALBA 3 - 0 DENTAL ARIAS

Grupo Forma-T Vilalba FS: Celtia, Sofía, Alejandra, Lucía C, Sara, Iria, Laura V, Laura P, Lucía V, Candela, Olaya e Sabela.
ADC Lugo Sala Dental Arias: Antía, Goya, Alexia, Xela, Anthea, Uxía e Andrea.
Cancha: Municipal de Vilalba.

 

 


Resultados xornada 7

Ribeira 1 3 Narón
Viaxes Amarelle 4 3 Burela
Vilalba 3 0 Dental Arias
  D Castro
Próxima xornada 
Viaxes Amarelle - - Vilalba
Castro - - Burela
Narón - - Dental Arias
  D Ribeira