Quedan fóra da Copa os tres lugueses, Ribeira, que se retirou, e Casás e Keeper Galicia, por derrota

A competición ligueira regresará a próxima fin de semana e a sesión de dezaseisavos de Copa será o 30 de abril
CAD MAS_Casas-Fisober_Noe-6
photo_camera CAD MAS_Casas-Fisober_Noe-6

Mala xornada para os equipos lugueses da Copa. Ningún dos tres que estaban na fase previa estarán en dezaseisavos. O Ribeira retirouse da competición polo que non chegou nin a xogar.

Pola súa parte, Keeper Galicia e Casás caeron no seus respectivos duelos. Si estarán na seguinte sesión, que terá lugar o 30 de abril, Meigallos, Burela e Begonte, que xogarán en casa.

O Keeper Galicia caeu ante o Parrulo, un dos equipos forte, e fíxoo dando a cara en todo momento. Xogaron moi ben os brancos, pero os erros volveron castigarlles indo por detrás no marcador. Chegaron ao descanso 3-1 e sufriron na segunda parte unha baixa importante pero souberon estar ao nivel do xogo de altura desenvolvido. A falta de dez minutos para o final, o equipo estaba 5-3 pero no final sentenciou o Parrulo sobre a bucina.

O Casás acudiu ao duelo con moitas baixas e tivo que enfrontarse a un equipo de División de Honra pero aínda así estivo á altura mantendo o duelo en tensión e con opción de facerse co empate a porta baleira a falta dun minuto e medio. No puido ser e finalmente o último gol do Hércules foi un roubo no 5 para 4 que o porteiro rival mete dende a súa área.

HÉRCULES 4 - 2 CASÁS

Hércules Sport Sala FS: Yago (1), Daniel (3), Lucas, Pablo, Sergio, Fabio, Gerardo e Javier.
Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jorge, Jesús (1), Pablo Cabaleiro (1), Unay, Xurxo, Héctor e Francisco.
Cancha: Sagrada Familia.

PARRULO 6 - 3 KEEPER GALICIA

Norterra O Parrulo A: Lois, Antón, Alejandro, Adrián (3), Yago (2), Diego, Guillermo (1), Gael e Jorge.
ADC Lugo Sala Keeper Galicia: Íker, Gael, Iago, Javier (2), Hugo F, Alejandro, Hugo S, Marcos e Jorge. Un gol en propia do Parrulo.
Cancha: Ensanche.
 
COPA GALICIA - ELIMINATORIAS

                 Resultados previa

Compañía de María S Ribeira
Parrulo A 6-3 Keeper Galicia
Hércules 4-2 Casás
Alto do Vento S Colegio LIceo
MVMB A Pontevedra

 

Liga Feminina

A 1ª Fase da liga oficial cadete dará comezo a próxima fin de semana unha vez que rematou a primeira quenda. O Burela enfrontarase na primeira sesión ao Amarelle mentres que o Castro terá descanso.

 
LIGA GALEGA CADETE FEMININA NORTE -1º FASE

              Primeira xornada

Amarelle - Burela
  D Castro