Unha de cal e outra de area para os cadetes con vitoria contundente do Casás

O Begonte tivo contra as cordas a un dos aspirantes ao título, o Fisober, e o Castro venceu por primeira vez este ano ao Amarelle

Unha de cal e outra de area na sesión inaugural da competición neste mes de xaneiro. A Area foi para o Casás, que superou cómodo ao Betanzos e a cal para o Begonte, que caeu ante o Fisober, segundo de grupo, nun partido con moitos goles. O Meigallos non xogou porque lle tocou desanso.

O Casás mantén a cuarta praza da clasificación, empatado a puntos co terceiro, o Colegio Liceo, e tras os dous que lideran de forma dictatorial, o Noia e o Fisober, que se foron xa sete e oito puntos por riba.

Foron moi superiores os amarelos, que xa no partido de ida gañaron cómodos, así que aproveitaron a xornada para probar cousas novas de cara a esta segunda fase que están iniciando. Intercambio de goles nas primeiras xogadas pero pronto o Casás comezou a poñer terra de por medio e no descanso xa estaban 6-1 polo que apostaron por probar novos sistemas de xogo e dar opcións aos cambios.

Consulta aquí a clasificación

O Begonte, practicamente sen suplentes, fixo unha xesta importante poñendo coto ao Fisober, aspirante ao título, ao que tivo contra as cordas durante a primeira parte. Aos 20 minutos os locais lideraban o marcador amplamente (4-1) pero antes da pausa comezou o rival a remontada aproveitando o cansazo do Begonte. O marcador estivo en constante cambio ata o último minuto pero os vermellos non puideron recuperar a vantaxe.

CASÁS 7 - 2 BETANZOS

Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jesús, Hugo (3), Pablo Cabaleiro (1), Héctor (2), Pablo Carballo, Jorge, Unay (1) e Francisco.
Troula Betanzos FS: Miguel, Yago, Pablo, Andrés (1), Abel, Álvaro, Javier, Martín R e Martín B (1).
Cancha: O Palomar.

BEGONTE 6 - 9 FISOBER

Concello de Begonte FS: Yeari, Antón M (3), Anxo (3), Antón L e Xabier.
Fisober FSF: David, Juan, Pablo C (3), Arturo (1), Álex (2), Brais, Mario, Javier (2), Iago (1) e Pablo T.
Cancha: Municipal de Baamonde.

 

 
LIGA GALEGA CADETE NORTE

                 Resultados xornada 14

Parrulo B 5-1 Hércules
Begonte 6-9 Fisober
Casás 7-2 Betanzos
Colegio Liceo 2-2 Noia
Lago DVSport 3-3 Narón
5 Coruña B 3-2 Compañía María
  D Meigallos

            Próxima xornada

Compañía María - Parrulo B
Hércules - Begonte
Meigallos - Casás
Betanzos - Colegio Liceo
Noia - Lago DVSport
Narón - 5 Coruña B
  D Fisober

                                                           

 

Liga Feminina

Primeira vitoria do Castro ao Amarelle no que vai de tempada. Se na primeira parte do ano, na competición non oficila, o Castro só perdeu ante o Amarelle e este rematou invicto, a xesta de onte foi máis destacada aínda xa que as chairegas fixéronse co triunfo no tramo final cun gol en propia porta das coruñesas.

Primeira parte con movemento para os dous equipos, que chegaron ao intermedio con empate a dous no marcador. Así se mantería o electrónico durante toda a segunda parte, pero a dous do final un gol en propia do Amarelle, produto dun ataque do Castro, deu os tres puntos as locais.

O derbi entre o Burela e o Ribeira non chegou a celebrarse porque varias xogadoras están convocadas coas seleccións galegas. 

Consulta aquí a clasificación

CASTRO 3 - 2 AMARELLE

FSF Castro Carnemax: María, Mencía, Antía (2), Irene, Zoe, Aroa, Marta, Carla, Emma, Mara e Lucía. Un en propia do rival.
Viaxes Amarelle FS: Lucía, Emma, Marta (2), Sofía, Candela F, Antía, Irene, Candela M e Sila.
Cancha: Municipal de Castro Ribeiras de Lea.

 

 
LIGA GALEGA CADETE FEMININA NORTE

              Resultados xornada 3               

Castro 3-2 Amarelle
Burela S Ribeira

              Próxima xornada

Castro - Burela
Amarelle - Ribeira