Empate de Begonte e Meigallos e derrota dun Casás que aspiraba ao liderado

Os amarelos quedan na terceira praza da táboa aínda que o líder vaise xa de sete puntos mentres que os outros dous lugueses terán derbi na última xornada antes do parón de Nadal
CAD MAS_Casas- 5 Coruña_Noe-04
photo_camera CAD MAS_Casas- 5 Coruña_Noe-04

Puntuaron esta fin de semana Begonte e Meigallos, os dous tras empatar. O Begonte fíxoo co Betanzos a domicilio cun 3-3. Ao equipo chairego escapáronselle tres puntos moi importantes esta fin de semana xa que non foi quen de aguantar o resultado dun 0-3 nunha primeira parte moi completa por parte do equipo visitante, sendo Anxo autor dos tres goles.

O Troula FS fixo unha segunda parte impecable onde foron superiores ó Begonte facendo tres goles e quedando o encontro en táboas.

O próximo sábado os cadetes de Begonte mediranse ao Meigallos, gran derbi de dous equipos que están en postos baixos da táboa e precisan moito puntuar.

Para os cadetes do Meigallos tamén houbo empate, 4-4 na casa co Parrulo B que fixo unha moi boa primeira parte deixando o marcador en 4-0. Na segunda, o Parrulo B saíu co 5x4 e logrou remontar o resultado en contra sen deixar opcións aos sarriaos a marcar. O último gol entrou a escasos segundos do final.

Consulta aquí a clasificación

Pola contra, derrota do Casás, que aspiraba ao liderado e que caeu 4-1 co Narón. Mal partido para os cadetes, que non estiveron á altura do esperado facendo un mal partido que non mereceron gañar. O local marcou rápido e asegurou o 2-0 antes do descanso para logo subir a conta de cara ao final. Sobre a bucina marcou o Casás a través de Jorge. Os amarelos manteñen de todos os xeitos a terceira praza aínda que o líder vaise xa de sete puntos.

NARÓN 4 - 1 CASÁS 

Cidade de Narón: Adrián, Diego (2), Íker, Matías, Edgar (1), Santiago, Gabriel, Brais, Nicolás, Sergio (1) e Rubén.
Club Polideportivo Casás: Alejandro, Marcos, Héctor, Hugo, Jesús, Xurxo, Jorge (1), Unay, Manuel e Pablo Cabaleiro.
Cancha: A Gándara.

BETANZOS 3 - 3 BEGONTE

Troula Betanzos FS: Miguel, Yago, Pablo (1), Andrés, Bruno, Alvaro, Javier, Martín R (1), Martín B e Abel (1).
Concello de Begonte FS: Brais, Antón M, Anxo (3), Antón L, Yerai, Mario, Álvaro e Kevin. 
Cancha: Municipal de Betanzos.

MEIGALLOS 4 - 4 PARRULO B

Os Meigallos FS: Francisco, Rubén, Óscar (1), Sergio (2), Xoel, Álex, Daniel, Jesús (1), Íker e Tomás.
Hormigones Laracha O Parrulo B: Álvaro, Adrián M, Alexandre (1), Jesús (2), Carlos (1), Unai, Alexandre, Adrián F e Leo.
Cancha: O Chanto.
 
LIGA GALEGA CADETE NORTE

                 Resultados xornada 12 

Compañía María 1-6 Lago DVSport
5 Coruña B 5-6 Colegio Liceo
Narón 4-1 Casás
Betanzos 3-3 Begonte
Meigallos 4-4 Parrulo B
Fisober 10-0 Hércules
  D Noia

     Próxima xornada

Lago DVSport - 5 Coruña B
Colegio Liceo - Narón
Casás - Noia
Begonte - Meigallos
Parrulo B - Fisober
Hércules - Compañía María
  D Betanzos

                                                       

Liga Feminina

Sen competición esta sesión. Dará comezo a Liga regular a próxima fin de semana.

 
LIGA GALEGA CADETE FEMININA NORTE

          Primeira xornada

Burela - Castro
Ribeira - Amarelle