O Casás arrebátalle ao Lago a terceira praza tras superalo na cancha por un contundente 3-7

Derrotas do Begonte e o Meigallos na masculina e do Castro na feminina
CAD MAS_Casas.Colegio Liceo_Noe-10
photo_camera CAD MAS_Casas.Colegio Liceo_Noe-10

Só o Casás puntuou esta fin de semana na categoría masculina ante o Lago arrebatándolle así a terceira praza da categoría. Partido moi competido ante un rival co que se competía por posición e nunha pista máis pequena do habitual.

Foron superiores os de Nino, que chegaron ao descanso 2-4 tras ter marcado un 0-4 nos primeiros 15 minutos. Na segunda, o Casás colleu unha clara vantaxe para seguir adiantándose ata o 2-6 e no último minuto chegar ata o 3-7.

Consulta aquí a clasificación

Derrota pola contra do Begonte en Narón malia que foron os chairegos os primeiros en poñerse por diante. Competiron moi bien neste primeiro tramo, índose ao descanso cunha diferenza de dous goles.

Na segunda sufriu o Begonte cunha presión alta por parte dun Narón incansable, que fixo que o marcador fora máis avultado na segunda parte. Os visitantes buscaron outras opcións con porteiro xogador pero non houbo recompensa.

A próxima fin de semana os chairegos deberán loitar co líder, o Noia, pero contarán xa con dous dos xogadores que non participaron esta fin de semana.

Derrota do Meigallos, que segue loitando na parte baixa, ante o Fisober por 3-5. Foron os sarriaos os primeiros en abrir o marcador, no minuto 7, pero o rival deulle a volta ao marcador no minuto 15, antes dun novo empate no descanso. 

Na segunda, o Meigallos púxose por diante de novo pero rapidamente o Fisober volveu mandar no marcador ata os minutos finais, cando marcou o último a segundos da finalización.

LAGO 3 - 7 CASÁS

Los Tres Monos Lago DVSport: David, Hugo, Alejandro, Sergio (1), Daniel, Anxo, Xavi (1), Destaw, Nicolás (1) e Adrián.
Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jesús (2), Hugo (1), Pablo Cabaleiro, Héctor (4), Pablo Carballo, Jorge e Unay.
Cancha: Monte Caxado.

NARÓN 10 - 3 BEGONTE

Cidade de Narón: Adrián, Diego (1), Íker (1), Matías (2), Edgar (3), Gabriel, Brais (1), Sergio (2) e Rubén.
Concello de Begonte FS: Yerai, Anxo (2), Brais, Antón L, Xabier, Saúl, Álvaro (1) e Kevin. 
Cancha: A Gándara.

MEIGALLOS 3 - 5 FISOBER

Os Meigallos FS: Álex, Jesús (1), Óscar, Sergio, Xoel (1), Rubén, Daniel, Gael, Alonso (1), Íker e Tomás.
Fisober, FSF: David, Juan (1), Pablo, Iago L (1), Álex (2), Brais, Iago I (1) e Arturo.
Cancha: José Mario González.
 
LIGA GALEGA CADETE NORTE

                 Resultados xornada 10 

Colegio Liceo 2-2 Compañía María
Lago DVSport 3-7 Casás
Narón 10-3 Begonte
Noia 4-0 Parrulo B
Betanzos 1-3 Hércules
Meigallos 3-5 Fisober
  D 5 Coruña B

                     Próxima xornada

Casás 5-6 Colegio Liceo
Begonte 4-3 5 Coruña B
Parrulo B 1-5 Narón
Hércules 3-6 Noia
Fisober 7-1 Betanzos
Compañía María 2-2 Meigallos
  D Lago DVSport

                     

Liga Feminina

O Amarelle asegurou esta fin de semana a primeira praza do grupo tras vencer ao Castro por 3-1. Partido desigual non que o ti a tí estivo presente no primeiro tramo, co 1-1 no intermedio.

Xusto á volta, o Amarelle asegurou con dous goles nos dous minutos iniciais, resultado que xa non se movería máis.

AMARELLE 3 - 1 CASTRO

Viaxes Amarelle FS: Candela, Emma, Sofía (1), Sara, Sila, Irene, María Candela (1) e Alma (1).
FSF Castro Carnemax: María, Mencía (1), Mara, Antía, Zoe, Aroa, Marta, Carla, Emma e Lucía.
Cancha: Novo Mesoiro.

Consulta aquí a clasificación

 
LIGA GALEGA CADETE FEMININA NORTE

          Resultados xornada 5

Amarelle 3-1 Castro
  D Burela

          Próxima xornada

Burela - Amarelle
  D Castro