O Casás segue nun gran estado de forma tras vencer unha semana máis, e xa son catro seguidas. Nesta ocasión, a vítima foi o Compañía de María, equipo do medio da táboa ao que superou amplamente polo que se mantén no posto de prata da clasificación.
Os de Nino luciron un nivel moi alto, moi ben en fase ofensiva e defensiva. O partido sacáronno sen apuros ante un rival que estaba a tres puntos. Tardaron eso si en abrir o marcador levándose dous goles da primeira metade, os dous tardíos.
Na segunda reiniciaron a súa actuación cun novo tanto e de cara ao final coroaron con dous máis. Foron férreos defensores da súa rede, onde non entrou balón.
O Meigallos tamén sumou tres puntos esta fin de semana, ante o Betanzos nun partido sen goles ata o tramo final e que non foi o mellor que disputou.
A primeira parte foi trabada e non houbo goles pero si algunhas ocasións como un tiro ao traveseiro de cada un dos equipos ademais de varias oportunidades claras, pero os porteiros estiveron moi ben.
Na segunda isto cambiou cunha xogada de córner que golpean desde fóra da área e entra, a partir de aí o Meigallos empezou a xogar e a apertar máis arriba. Nun roubo atrás e a súa respectiva contra Sergio vírase e marca un bo gol desde fóra da área. Pouco despois nunha falta a 5 metros da área Gael pásalla a Jesús que marca outro bo gol. A partir de aí tiveron varias ocasións para ampliar o marcador e eles con 5 para 4 tiveron unha moi clara pero ao final os 3 puntos foron para Sarria.
A derrota da xornada foi para o Begonte, que caeu ante o Lago por 2-0. Os chairegos arrastraron un gol tempraneiro da primeira metade por parte do equipo das Pontes, que asegurou na segunda. Ao final do partido, expulsión por dobre amarela de Anxo, pero sen repercusión para o marcador.
CASÁS 5 - 0 COMPAÑÍA DE MARÍA
CD Compañía de María: Pedro, Marcos, José, Iago, Mateo, Manuel, Hugo, Lucas e Jorge.
Cancha: O Palomar.
LAGO 2 - 0 BEGONTE
Concello de Begonte FS: Yerai, Antón M, Mario, Anxo, Xabier, Brais, Saúl, Álvaro, Antón e Kevin.
Cancha: As Somozas.
BETANZOS 1 - 2 MEIGALLOS
Os Meigallos FS: Álex, Jesús (1), Óscar, Sergio (1), Tomás, Daniel, Alejandro, Gael, Alonso e Íker.
Cancha: Municipal de Betanzos.
LIGA GALEGA CADETE NORTE |
---|
Resultados xornada 8
Casás | 5-0 | Compañía María |
Lago DVSport | 2-0 | Begonte |
5 Coruña B | 4-3 | Parrulo B |
Narón | 3-1 | Hércules |
Noia | 7-5 | Fisober |
Betanzos | 1-2 | Meigallos |
D | Colegio Liceo |
Próxima xornada
Casás | - | Colegio Liceo |
Begonte | - | 5 Coruña B |
Parrulo B | - | Narón |
Hércules | - | Noia |
Fisober | - | Betanzos |
Compañía María | - | Meigallos |
D | Lago DVSport |
Liga Feminina
Debido a que se adiantou o partido Amarelle-Burela para a xornada de descanso, esta fin de semana non houbo competición, que continuará o 13 co duelo Burela-Castro.
LIGA GALEGA CADETE FEMININA NORTE |
---|
Próxima xornada
Burela | - | Castro |
D | Amarelle |