Co descanso do Casás, só se celebraron esta fin de semana dous partidos dos lugueses, os dous con derrota para os da casa con equipos de arriba. Ademais, os amarelos sacan como consecuencia a caída á terceira praza da competición.
O Concello de Begonte, situado na oitava praza, perdeu ante o Colegio de Liceo, equipo da parte alta. Empezaron marcando os visitantes aos 5 minutos e malia empatar, tiveron que ver marchar ao rival xa antes do descanso ata o 1-3.
O Colegio Liceo seguiu dominando dende o electrónico, no que figurou o 1-4 ata o tramo final, cando entraron seguidos os tres goles do Liceo, quen ademais meteu un en propia porta que se contabilizou para o Begonte.
Competiron ben os de Begonte na primeira parte pero na segunda baixaron un pouco o ritmo facendo notar a diferenza deste equipo que está formado na súa maioría por xogadores infantís, co compromiso de xogar todos os convocados polo que os resultados moitas veces reséntense.
O Meigallos, algo máis abaixo, na décima posición, foi derrotado polo Noia. Fixeron un gran partido os sarriaos pero non foi suficiente para puntuar contra un dos mellores equipos da categoría, que lles fixo pagar caras as perdas atrás.
Resultado un pouco inxusto para a igualdade que se viviu na cancha. Abriron fenda de inicio os visitantes, que chegaron ao 0-3 pero tralo descanso o Meigallos logrou recurtar pero o Noia seguiu alonxándose. Non desistiron os locais, que se puxeron 3-5 e cando daban un paso adiante para facerse co partido, a fortuna negoulles o ansiado gol e o rival marcou dous máis no último minuto.
MEIGALLOS 3 - 7 NOIA
Noia Portus Apostoli FS: Lucas, Alejandro, Martín. (1), Roi (1), César, Marcos, Fernando (1), Álvaro (1), Miguel (2), Nicolás e Daniel (1).
Cancha: José Mario González.
BEGONTE 2 - 7 COLEGIO DE LICEO
Colegio Liceo: Brais, Rodrigo (2), Asier, Joel (4), Diego, Iago (1), Carlos e Pablo.
Cancha: Municipal de Baamonde.
LIGA GALEGA CADETE NORTE |
---|
Resultados xornada 7
Begonte | 2-7 | Colegio Liceo |
Parrulo B | A | Lago DVSport |
Hércules | 2-3 | 5 Coruña B |
Fisober | 5-0 | Narón |
Meigallos | 3-7 | Noia |
Compañía María | 6-0 | Betanzos |
D | Casás |
Próxima xornada
Casás | - | Compañía María |
Lago DVSport | - | Begonte |
5 Coruña B | - | Parrulo B |
Narón | - | Hércules |
Noia | - | Fisober |
Betanzos | - | Meigallos |
D | Colegio Liceo |
Liga Feminina
O Amarelle e o Burela disputaron adiantado esta fin de semana o partido correspondente á terceira xornada, que tiña que celebrarse a próxima.
As coruñesas, líderes do grupo, venceron por 3-2 ao Burela. Comezaron las locais abrindo o marcador ata o 3-0 pero nos últimos minutos as mariñás sacaron forzas en en dous minutos achegáronse ata o 3-2 pero no houbo tempo para máis.
AMARELLE 3 - 2 BURELA
Pescados Rubén Burela FS: Lola (1), Claudia, Nerea, Iria, Laura, María, Claudia, Fátima (1) e Martina.
Cancha: San Francisco Javier.
LIGA GALEGA CADETE FEMININA NORTE |
---|
Resultados xornada 3
Amarelle | 3-2 | Burela |
D | Castro |
Próxima xornada (13/11)
Burela | - | Castro |
D | Amarelle |