O Casás segue co seu asalto ao liderado goleando ao Begonte na casa

Derrota do Meigallos e do Castro feminino, eles pola mínima diferenza e elas cun marcador avultado

O Casás segue co seu proceso de asalto do liderado e esta fin de semana goleou ao Begonte na casa, que viña de descansar. Seguen os da capital nun nivel alto, foron superiores ao seu rival, e fixeron un partido serio en ataque e en defensa.

9-1 foi o resultado co que rematou un duelo que comezou co gol do Begonte na primeira xogada do partido e que sería contestado no 2' por Héctor, que completou un quinteto  de tantos. 4-1 estaban xa ao descanso. Na segunda os goles foron espaciándose máis pero no último minuto aínda tiveron tempo de marcar dúas veces máis.

Consulta aquí a clasificación

O Meigallos segue na parte baixa e caeu nesta ocasión ante o Narón, que lle superou na táboa por 2-1. Pouco acerto no primeiro tempo para os dous equipos. De feito, o local, lastrado polas baixas, foi o único en marcar, no minuto 11. Os empate chegaría no 32' para dous minutos despois volver adiantarse o Narón e non volver moverse o marcador.

NARÓN 2 - 1 MEIGALLOS

Cidade de Narón: Sergio, Diego, Íker (1), Matías, Edgar (1) e Rubén.
Os Meigallos FS: Álex, Jesús, Óscar (1), Xoel, Sergio, Daniel, Alejandro, Raúl, Alonso, Íker e Tomás.
Cancha: A Gándara.

CASÁS 9 - 1 BEGONTE

Club Deportivo Casás: Pablo Carballo, Jesús, Hugo (1), Pablo Cabaleiro (1), Héctor (5), Alejandro, Jorge, Unay (1) e Francisco. Un en propia porta do Begonte.
Concello de Begonte FS: Yeray, Antón M, Anxo (1), Daniel, Antón L, Brais, Mario, Álvaro e Kevin.
Cancha: O Palomar.

 

 
LIGA GALEGA CADETE NORTE

                 Resultados xornada 6  

Casás 9-1 Begonte
Colegio Liceo 5-2 Parrulo B
Lago DVSport 9-2 Hércules
5 Coruña B 4-7 Fisober
Narón 2-1 Meigallos
Noia 8-0 Betanzos
  D Compañía María

                    Próxima xornada 

Begonte - Colegio Liceo
Parrulo B - Lago DVSport
Hércules - 5 Coruña B
Fisober - Narón
Meigallos - Noia
Compañía María - Betanzos
  D Casás

              

             

Liga Feminina

Derrota do Castro por parte do Amarelle na segunda xornada da competición ligueira e na que o Burela, o terceiro do grupo, descansou. As chairegas, malia xogar na casa, non pudieron facerse co contol do partido no seu campo e chegaron ata o munto 34 sen abrir o marcador e co rival con 4 tantos anotados. A expulsión de Zoe, no minuto 47 propiciou o último tanto das visitantes.

Consulta aquí a clasificación

CASTRO 1 - 5 AMARELLE

FSF Castro Carnemax: Aroa, Mencía, Mara, Antía (1), Zoe, Karem, Marta, Carla, Emma e Lucía. 
Viaxes Amarelle: Lucía, Emma, Antía, Sila (2), Marta, Sofía, Sara, Candela (2), Irene (1) e María Candela.
Cancha: Municipal Castro Ribeiras de Lea.

 

 
LIGA GALEGA CADETE FEMININA NORTE

                Resultados xornada 2                                      

Castro 1-5 Amarelle
  D Burela

                Próxima xornada  (6/11)                                     

Amarelle - Burela
  D Castro