Arranca a liga feminina cun derbi entre Castro e Burela que dominaron as chairegas

Na masculina, o Casás colleitou unha nova vitoria que lle permite manterse segundo na táboa a un punto do líder

O Casás volveu vencer esta fin de semana na categoría cadete e fíxoo con contundencia ante o Parrulo B. Con este resultado mantén a segunda praza na táboa a un punto de distancia do líder, o Noia, e co Fisober (cun partido menos) con opcións a levarse esta praza.

Aínda así, disputaron un novo duelo no que a vitoria foi a seña de identidade deste equipo que leva catro vitorias e só perdeu ante o Fisober na xornada 3. Seguen polo tanto na boa liña, aprendendo tácticas e tamén como funciona a categoría. Partido cómodo no que se puxeron rápido por diante, co 0-2 no minuto 7 e 0-3 no 16', resultado co que foron ao descanso. Á volta, o rival marcaría o seu pero Jorge rematou o cuarto no 37'.

Consulta aquí a clasificación

O Meigallos pola contra perdeu ante o 5 Coruña B por 3-5, malia facer un bo xogo, aínda que se pagaron caros os erros do porteiro.

Os sarriaos encaixaron un gol ao inicio do partido pero non se desanimaron e lograron repoñerse e levantar o resultado ata o 3-1, pero xusto antes da pausa o rival achegouse.

A segunda parte estivo igualada ata que nun minuto fatídico o 5 Coruña marca un gol e ponse por diante na seguinte xogada.

O Meigallos defendeuse con porteiro xogador e protagonizou varias ocasións que non aproveitou pero foi o rival o que marcou o quinto e último. O Meigallos mantén a novena praza mentres que o Begonte, que non xogou, cae á oitava.

MEIGALLOS 3 - 5 5 CORUÑA B

Os Meigallos FS: Álex, Daniel, Óscar, Xoel, Sergio (1), Íker, Gael (1), Raúl e Alonso (1). 
Academia 5 Coruña FS: Sergio, Anxo (1), Daniel, Javier (2), Lucas (1), Xoel, Sabino, Mateo (1), Javier, Antonio e Guillermo.
Cancha: José Mario González.

PARRULO B 1 - 4 CASÁS

Prink O Parrulo B: Íker, Diego, Jorge, Jesús, Yago (1), Unai., Alexandre R, Adrián, Alexandre F, Andrés, ian e Carlos.
Club Deportivo Casás: Pablo Carballo, Jesús, Hugo, Marcos (1), Manuel, Xurxo, Jorge (1), Pablo Cabaleiro (1), Héctor (1) e Unay.
Cancha: Ensanche.

 

 
LIGA GALEGA CADETE NORTE

                 Resultados xornada 5  

Parrulo B 1-4 Casás
Hércules 1-12 Colegio Liceo
Fisober 10-3 Lago DVSport
Meigallos 3-5 5 Coruña B
Betanzos 0-0 Narón
Compañía María 0-6 Noia
  D Begonte

                Próxima xornada 

Casás - Begonte
Colegio Liceo - Parrulo B
Lago DVSport - Hércules
5 Coruña B - Fisober
Narón - Meigallos
Noia - Betanzos
  D Compañía María

                

Liga Feminina

Arrancou a Liga regular na categoría feminina para o grupo norte, onde xogan Castro e Burela trala retirada do Ribeira. Enfrontamento entre ambos os dous equipos nesta primeira sesión, que deixou como gañador e, polo tanto líder, ao Castro tralo 6-2.

Abriu o marcador un gol en propia porta do Castro, que reaccionaría ao momento para sumar o empate. A partir do ecuador deste primeiro tempo as locais puxeron distancia ata o 4-1 co que foron ao descanso. Á volta, marcou o Burela pero rapidamente foi contestado polo Castro con dous tantos máis, un deles no último minuto.

Consulta aquí a clasificación

CASTRO 6 - 2 BURELA

FSF Castro Carnemax: Aroa, Mencía, Mara, Antía (1), Zoe (1), Irene (3), Karem, Marta, Carla (1) e Emma. 
Pescados Rubén Burela FS: Lola, Claudia R, Nerea (1), Iria, Laura, Claudia P, Fátima e Martina. Un en propia do rival.
Cancha: Municipal Castro Ribeiras de Lea.

 

 
LIGA GALEGA CADETE FEMININA NORTE

                Resultados xornada 1                                      

Castro 6-2 Burela
  D Amarelle

                Próxima xornada                                       

Castro - Amarelle
  D Burela