O Meigallos cadete estrea os tres puntos na casa ante o Colegio de Liceo

O Casás a piques estivo de remontar un resultado adverso e o Begonte foi superado claramente polo Parrulo B

O Meigallos sumou a primeira vitoria da tempada, tres puntos que os deixan no medio da táboa, cun partido menos xa que descansaron a primeira xornada. Os sarriaos venceron con rotundidade, 5-1, ao Colegio Liceo.

Xogaron un partido no que foron superiores de principio a fin. Abriu o marcador un 2-0 de Xoel e o terceiro de Raúl en boas xogadas colectivas. Antes do descanso eles sacaron o 5 para 4 e o Meigallos marcou o cuarto nun roubo, resultado co que marcharon ao descanso.

A partir de aí o partido baixou de ritmo e chegaría o 5-0 nunha falta ao bordo da área. Eles marcaron o 5-1 cando quedaba un minuto tras unha perda dos locais. Bo partido para coller confianza e seguir mellorando.

Consulta aquí a clasificación

O Casás tivo preto a vitoria pero acabou caendo ante o Fisober a domicilio por 5-4. Foi máis igualado en xogo, especialmente no tramo final, xa que a piques estiveron de remontar un resultado adverso. De feito, foron os de Nino os primeiros en marcar, xa no primeiro minuto, pero non tardaría o empate. O Fisober dominou o marcador dende ese momento índose ao descanso 4-2. Achegáronse os amarelos pero non foi suficiente.

O Begonte sucumbiu ante o Parrulo B por 5-1 fóra. Os chairegos chegaron a empatar o duelo na primeira metade (a uns) pero na segunda o Parrulo púxose as pilas para fozar o marcador preto da finalización.

PARRULO 5 - 1 BEGONTE

Parrulo B: Unai, Diego, Jorge, Jesús, Yago (3), Javier, Alexandre R, Adrián (1), Alexandre F (1), Andrés e Ian.
Concello de Begonte FS: Yerai, Antón M, Anxo (1), Daniel, Antón L, Saúl, Mario, Álvaro, Xavier e Kevin.
Cancha: Municipal de Esteiro.

MEIGALLOS 5 - 1 COLEGIO LICEO

Os Meigallos FS: Álex, Jesús, Óscar, Xoel (2), Sergio (1), Daniel, Milin (1), Raúl (1), Alonso e Gael. 
Colegio Liceo: Brais, Pablo, Iago, Joel, Xosé, Diego e Carlos (1).
Cancha: José Mario González.

FISOBER 5 - 4 CASÁS

Fisober FSF: David, Juan, Iago L (2), Pablo C (1), Iago I (1), Adrián (1), Mario, Álex, Pablo T e Arturo.
Club Deportivo Casás: Xurxo, Jorge, Jesús, Héctor (1), Francisco, Pablo Carballo, Pablo Cabaleiro, Marcos, Manuel (1) e Unay.
Cancha: O Conco.
 
LIGA GALEGA CADETE NORTE

                 Resultados xornada 3  

Parrulo B 5-1 Begonte
Fisober 5-4 Casás
Meigallos 5-1 Colegio Liceo
Betanzos 4-5 Lago DVSport
Noia 5-5 5 Coruña B
Compañía María 3-1 Narón
  D Hércules

                 Próxima xornada 

Begonte - Compañía María
Casás - Hércules
Colegio Liceo - Fisober
Lago DVSport - Meigallos
5 Coruña B - Betanzos
Narón -  Noia
  D Parrulo B