O Casás supera ao Meigallos amplamente e o Begonte golea ao Hércules na casa

Os de Nino mantéñense amarrados ao liderado da táboa con dúas vitorias en dous partidos

O Concello de Begonte superou a avultada derrota da pasada semana cunha goleada a favor na casa contra o Hércules, ao que marcou dez goles. O equipo foi claramente superior e xa atopou a portería contraria na primeira xogada. Ao descanso o marcador tiña feito a metade do percorrido. Gran actuación de Anxo e Mario, cun hat trick cada un.

Consulta aquí a clasificación

O Casás tamén foi superior ao Meigallos, ao que venceu por 6-2. Os locais estiveron moi ben dominando todas as fases do xogo. Os amarelos marcaron cedo e puxéronse no descanso 3-0. Na segunda, o Meigallos reaccionou para meter o primeiro tanto pero foi contestado polo Casás. No tramo final os sarriaos reduciron a fenda a 4-2 antes de que o Casás culminara o día con dous goles máis.

BEGONTE 10 - 2 HÉRCULES

Concello de Begonte FS: Yerai, Antón M, Anxo (3), Daniel (2), Antón L (1), Saúl, Mario (3) e Álvaro (1).
AJ Pombo Hércules: Yago, Daniel (1), Diego, Marco, Samuel, Mateo, Olaya (1), Alberto e Joshua.
Cancha: Municipal de Baamonde.

CASÁS 6 - 2 MEIGALLOS

Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jesús, Pablo (2), Marcos (1), Héctor (3), Xurxo, Jorge, Francisco e Tulio.
Os Meigallos FS: Álex, Jesús, Óscar, Alonso, Sergio (2), Daniel, Milin, Raúl e Íker.
Cancha: O Palomar.
 
LIGA GALEGA CADETE NORTE

                      Resultados xornada 2     

Parrulo B 0-2 Compañía María
Begonte 10-2 Hércules
Casás 6-2 Meigallos
Colegio Liceo 7-0 Betanzos
Lago DVSport 5-12 Noia 
5 Coruña B 9-1 Narón 
  D Fisober

                     Próxima xornada                                                               

Parrulo B - Begonte
Fisober - Casás
Meigallos - Colegio Liceo
Betanzos - Lago DVSport
Noia - 5 Coruña B
Compañía María - Narón
  D Hércules