O Casás remata como campión a primeira volta, seguido de preto polo Ribeira, que aprazou o duelo

O derbi de Honra foi para o Burela mentres que na Galega gañou o Begonte ao Meigallos e o equipo amarelo empatou

División de Honra Cadete

Despois da pausa da ponte, os equipos da provincia recuperaron o pulso antes da pausa longa de Nadal. O Casás finalizou a primeira volta como líder indiscutible da categoría con só un partido perdido e un empate nos doce encontros. Ten 6 puntos máis que o Stellae e 7 co Ribeira, aínda que este ten un partido menos, xa que aprazou para o venres o duelo co Narón.

Os de Nino volveron facer un gran partido esta fin de semana ante o Parrulo nun partido sen complicacións que xestionaron moi ben. Malia o avultado do resultado tardou en chegar o primeiro gol, no minuto 12, que foi do Parrulo. Foi o que necesitou o equipo lugués para reaccionar e así fixo os dous primeiros tantos dándolle a volta ao marcador antes do intermedio. 

Xa na segunda metade seguiu abrindo fenda pero nos últimos 2 minutos foi cando aproveitou para abrir  fenda ata o 3-7.

No derbi Burela-Acasti Reformas os tres puntos foron para o equipo laranxa cun resultado de 4-3. Un duelo apertado que finalmente caeu do lado do local, o que lle permite achegarse á cabeza da táboa.

A derrota do equipo branco e o aprazamento do Ribeira trouxo consigo que se coara na segunda praza o Stellae. 

O equipo burelao foi por diante no marcador desde o minuto 9 aínda que o empate non chegou ata o 20, que foi o resultado co que foron ao descanso. Na reanudación, os laranxas volveron mandar  e a sei minutos do final o Acasti Reformas marcou o tanto que os achegaba pero non pasaron de aí.

Consulta a clasificación aquí

BURELA 4 - 3 ACASTI REFORMAS

Pescados Rubén Burela FS: Gabriel, Mateo, Hugo, Raúl, Borja, Pedro, Filipe, Darío e Mauro.
ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Sergio, Javier, Diego, Álex, David, Adrián F, Pablo, Hugo, Marcos, Sergio e Adrián S.
Cancha: Monte Castelo.

PARRULO  3 - 7 CASÁS

Norterra - O Parrulo A: Pablo C, Lucas, Alexandre, Rubén, Jorge, Diego, Mikel, Cristian, Rodrigo, Pablo R e Martín.
Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jesús, Hugo, Marcos, Héctor, Pablo Carballo, Jorge, Pablo Cabaleiro, Saúl e Manuel.
Cancha: A Malata.


Resultados xornada 12

Ventorrilo 7 3 5 Coruña A
Parrulo A 3 7 Casás
Burela 4 3 Acasti Reformas
Ribeira A Narón
Carballiño 8 2 Colegio Liceo
Fisober 3 6 Stellae

Próxima xornada

Stellae - - Ventorrillo
5 Coruña A - - Parrulo A
Casás - - Burela
Acasti Reformas - - Ribeira
Narón - - Carballiño
Colegio Liceo - - Fisober

 

 

Liga Galega Cadete

Remataron os cadetes da Galega a primeira volta co Casás B enganchado ao grupo de cabeza malia non poder pasar do empate esta fin de semana co Betanzos, equipo co que competía por posición na táboa.

Os de Nino xogaron unha mala primeira parte encaixando os dous primeiros goles nun minuto. Reaccionaron pero no ecuador do partido o local sacaba unha vantaxe de 5-2. Foi na segunda cando o Casás B volveu tomar as rendas do enfrontamento, que logrou empatar a tres minutos do final e aínda dispuxo dalgunha ocasión para levarse o partido, pero non puido ser.

Na parte baixa, Begonte e Meigallos disputaron o seu derbi con vitoria clara do equipo chairego, que foi superior ante un sarriao que non logrou nesta primeira volta saír do fondo do pozo. O resultado foi 1-3 e foi o Begonte o que abriu a conta no minuto 6. Empataron os locais e mediado o segundo tempo o Begonte logrou marcar os dous goles que aseguraban a vitoria.

O Ribeira aprazou o seu duelo co Lago para a primeira fin de semana de xaneiro.

Consulta a clasificación aquí

BETANZOS 5 - 5 CASÁS

Troula Betanzos FS: Martín A, Hugo, Yago, Diego, Martín B, Álvaro, Brais P, Hugo, Miguel, David, Bruno e Alejandro.
Club Polideportivo Casás B: Álvaro, Jorge, Pablo C, Pablo A, Bruno, Francisco, Rubén e Unay.
Cancha: Municipal de Betanzos.

MEIGALLOS 1 - 3 BEGONTE

Os Meigallos FS: Víctor, Izan, Nicolás, Alonso, Julio, Yago, Daniel, Milin, Luca e Hugo.
Concello de Begonte FS: Iago, Brais, Xabier, Antón M, Antón L, Daniel, Alejandro e Miguel.
Cancha: O Chanto.

 

Resultados xornada 12

Betanzos 5 5 Casás B
Meigallos 1 3 Begonte
Ribeira B A Lago DVSport
Composala 2 5 Alto do Vento
Hercules 4 7 Stellae B

Próxima xornada

Casás B - - Meigallos
Begonte - - Ribeira B
Lago DVSport - - Composala
Alto do Vento - - Hercules
Stellae B D Betanzos
 
 
 
 

Liga Cadete Feminina

Xornada moi descafeinada na feminina, xa que os dous derbis, o Vilalba-Castro e o Burela-Ribeira, foron aprazados para esta semana. O único que xogou foi o Dental Arias, que se enfrontou ao líder, o Viaxes Amarelle, que volveu ser inflexible e gañou cunha vantaxe de 2-7.

As coruñesas comezaron pronto a subir goles ao marcador e abriron unha fenda de 0-4 en quince minutos. Logo de marcar o equipo do Lugo Sala chegaron ata o 2-4 pero no último tramo o Amarelle abriu fenda.

O campión da categoría é polo momento o equipo coruñés, mentres que Burela e Castro pelexan pola segunda praza empatados a puntos a falta dun resultado.

Consulta a clasificación aquí

DENTAL ARIAS 2 - 7 AMARELLE

ADC Lugo Sala Dental Arias: Antía, Alba, Goya, Andrea, Xela, Alexia, Uxía, Anthea e Ainara.
Viaxes Amarelle FS: Icía, Irene, Elba, Sila, Aldara e Alexandra.
Cancha: O Palomar.


Resultados xornada 9

Dental Arias 2 7 Viaxes Amarelle
Vilalba A Castro
Burela A Ribeira
  D Narón
Próxima xornada 
Castro - - Viaxes Amarelle
Ribeira - - Vilalba
Narón - - Burela
  D Dental Arias