O Ribeira pon a nota discordante na xeira de vitorias dos equipos lugueses na División de Honra

Na Galega o Casás B despídese da competición dúas semanas antes do final e na feminina celebraron derbi Ribeira-Vilalba adiado da pasada fin de semana

División de Honra Cadete

A falta de dúas xornadas para o fin da categoría, que non repetirá o ano xa que se fará unha reestruturación, o Casás lidera logo de mostrar a súa superioridade ao Stellae (7-2), un equipo da súa zona. Saíron moi presionados ao parqué, porque o título está aínda no aire. Foi esa presión o que fixo que non renderan o que están acostumados a facer e foron ao descanso 0-1. Na segunda volveron ser eles e remontaron o partido abrindo fenda nos últimos minutos a discrecións. 

O Burela, que está á espera dun fallo do líder dous puntos por baixo, non quixo ceder e venceu ao Fisober cun axustado marcador. Partido moi igualado en todos os sentidos, contra un equipo que xoga moi ben e que ten moitos menos puntos dos que merece.

O laranxa púxose por diante na primeira xogada pero acabou encaixando dous goles a balón parado antes do descanso (2-1). Na segunda parte deron un paso adiante e lograron xerar moitas ocasións pero con pouco acerto. Empataron de falta de 10 minutos e conseguiron poñerse 2-4 a falta de 3'.

O Fisober marcou no último minuto e incluso tivo un dobre penalti para empatar case ao final de todo.

Vitoria sen contemplacións do Acasti Reformas, que marcou 5-0 ao 5 Coruña. O partido xa comezou con dominio local pero sen acerto de cara ao gol. Algunha tamén tivo o rival, que optou pola defensa e as transicións conseguindo algunha xogada illada de perigo.

A segunda parte comezou coa mesma tónica que a primeira ata que a poucos minutos do final unha boa combinación nos últimos metros trouxo o primeiro gol. A partir dese momento, os tiros chegaron con maior facilidade e acerto aproveitando o xogo de porteiro xogador do rival ata o 5-0 final.

O Ribeira mantén a praza malia perder co Carballiño por 2-1. Abriron cedo o marcador os locais, no minuto 4, e non foi ata o segundo tempo que lograron marcar o segundo. O lugués achegouse de penalti pero non puido facer moito cun equipo minguado polas baixas.

Consulta a clasificación aquí

FISOBER 3 - 4 BURELA 

Fisober FSF: David, Iago, Mario, Juan Emilio, Pablo, Adrián, Lucas, Rubén e Francisco.
Pescados Rubén Burela FS. Gabriel, Walter, Raúl, Borja, Filipe, Xosé, Hugo, Pedro, Darío e Mauro.
Cancha: Paco Chao

ACASTI REFORMAS 5 - 0 5 CORUÑA

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Sergio V, Javier, Diego, Hugo, David, Adrián, Pablo, Álex, Marcos, Sergio S, Brais e Yago.
Academia 5 Coruña FS A: Sergio, Hugo, Nico, Anxo, Lucas, Xoel, Roberto, Aitor e Jacobo.
Cancha: Municipal dos Deportes.

CASÁS 7 - 2 STELLAE

Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jesús, Pablo Cabaleiro, Marcos, Saúl, Jorge, Pablo Carballo, Héctor e Manuel.
Stellae FS-La Hacienda House.com: Márkel, Anxo, Juan, Martín, Mateo, Álvaro, Julio, Leo e Diego.
Cancha: O Palomar.

CARBALLIÑO 2 - 1 RIBEIRA

Carballiño FS Gri Carballiño: Xabi, Adrián, Mauro, Daniel, Iker, Nicolás, Alexis e Edgar.
Ribeira FS: Iago B, Samuel, Roi, Álvaro, Iago G, Aarón, Mateo e Miguel.
Cancha: Paco Chao.


Resultados xornada 20

Carballiño 2 1 Ribeira
Fisober 3 4 Burela
Colegio Liceo 4 3 Parrulo A
Narón 2 5 Ventorrilo
Acasti Reformas 5 0 5 Coruña A
Casás 7 2 Stellae

Próxima xornada

Carballiño - - Stellae
Ribeira - - Fisober
Burela - - Colegio Liceo
Parrulo A - - Narón
Ventorrillo - - Acasti Reformas
5 Coruña A - - Casás
 
 

Liga Galega Cadete

O Casás B rematou a súa primeira etapa na categoría galega e faino cun último triunfo sobre o Stellae B por 4-2.

O equipo xa non se xoga nada porque é campión de grupo desde a pasada sesión. Con dous partidos máis saca dez puntos ao Betanzos. Esta comodidade fixo que non saíran á cancha moi ben, algo durmidos, o que lles custou irse á pausa co marcador en contra (1-2). Na segunda parte recuperaron o que son e remontaron o partido, pero sen forzar a máquina xa que o xogo tamén foi para probar cousas novas.

Ao Ribeira B costoulle gañar ao Composala, que chegou a estar por diante 0-2 nos primeiros minutos. Reaccionaron os lugueses, que se puxeron no empate xusto no intermedio. Na segunda parte foi o Ribeira o que se encargou de darlle a volta ao marcador pero sen despegarse. Feito isto chegaron ao último minuto con empate a 4 no marcador e foi o Ribeira o que logrou a vitoria que lle permite ser quinto de forma provisional. 

O Meigallos mantén a última praza da competición con dous únicos puntos. Esta fin de semana volveu tocar perder, nesta ocasión ante o Hércules, equipo da súa zona. No lograron marcar os sarriaos, que encaixaron dous tantos dos locais contra o final do duelo. 

Coa desaparición da categoría de División de Honra, este ano non están previstas descensos no grupo debido á fusión dos grupos para o próximo curso.

Consulta a clasificación aquí

COMPOSALA 4 - 5 RIBEIRA B 

CD Composala Milongas: Martín, Carlos, Enrique, Álvaro, Gabriel, Xurxo, Mateo, Antonio, Daniel e Hadrian.
Ribeira FS B: Hugo, Pedro, Daniel, Brais, Marco, Mario, MIker e Hugo.
Cancha: Santa Isabel. 

HÉRCULES 2 - 0 MEIGALLOS 

Aj Pombo Hércules FS: Iker, Alejandro, Pablo P, Pablo A, Edu, Álvaro, Óscar, Iago, Diego, Olaya e Félix.
Os Meigallos FS: Víctor, Alonso, Julio, Borja, Brais, Izan, Daniel, Rubén, Milin, Brais, Nicolás e Abdel.
Cancha: San Francisco Javier.

CASÁS B 4 - 2 STELLAE B

Club Polideportivo Casás B: Pablo Carballo, Samuel, Pablo A, Manuel, Unay, Álvaro, Francisco, Xoel e Ian.
Stellae FS - Casa Pérez B: Márkel, Julio, Diego, Juan, Izan, Javier, Álvaro, Leo e Martín.
Cancha: Casa do Deporte.

 

Resultados xornada 20

Composala 4 5 Ribeira B
Hercules 2 0 Meigallos
Alto do Vento 4 5 Betanzos
Casás B 4 2 Stellae B
Begonte D Lago DVSport

Próxima xornada

Composala - - Stellae B
Ribeira B - - Hercules
Meigallos - - Alto do Vento
Betanzos - - Lago DVSport
Casás B D Begonte

 

 

Copa Feminina

No grupo 1 da categoría feminina, que tiña descanso, disputouse o duelo adiado da semana pasada entre Ribeira e Vilalba. Remataron empatados un partido de moita igualdade no que se intercambiaron os tempos de dominio e foron alternando no marcador. O último en marcar foi o Ribeira.

No grupo 2 si se fixo o descanso xa que non tiñan tarefas pendentes.

GRUPO NORTE 1
 

RIBEIRA 3 - 3 VILALBA

Ribeira FS Lieders: Saínza, Carla D, Alma, María, Carla V, Ainara, Paula, Alba, Xenia, Nerea e Antía.
Grupo Forma-T Vilalba FS: Iria, Laura, Candela, Lucía C, Sara, Alejandra, Lucía V, Olaya, Sabela, Laura, Martina e Celtia.
Cancha: Somos Fútbol.
 
Resultados xornada 2 adiado
Ribeira 3 3 Vilalba
  D Narón
Próxima xornada 
Vilalba - - Narón
  D Ribeira

GRUPO NORTE 2

 

 Próxima xornada
Viaxes Amarelle - - Castro
Burela - - Dental Arias