Acasti Reformas, Casás e Castro estarán na seguinte fase da Copa

Os masculinos desfixéronse nos oitavos de Burela e Casás mentres que o feminino deixou atrás en cuartos ás laranxas

Copa Galicia

No dobre derbi da fase de oitavos, dous equipos aseguraron a súa participación na fase de cuartos da Copa, que se disputará a próxima fin de semana. Nun dos dous partidos, o Acasti Reformas eliminou ao Burela por 5-2 nun duelo no que o local foi superior na primeira metade, que pechou cun 3-1, sendo o último gol que entrou o do equipo laranxa.

Na segunda seguiu abrindo fenda o local para achegarse, sen máis opcións, o equipo mariñao ao final.

O Ribeira, pola súa banda, eliminou ao campión de Liga, o Casás, co mesmo resultado de 5-2. Estiveron frouxos os amarelos, aos que lles faltou espírito de competición e o local aproveitou para facerse co triunfo facendo gala dun gran acerto de cara a gol. O duelo estivo moi igualado e non se decidiu ata os últimos minutos, nos que o local, que xa ía por diante, abriu fenda. Completou o resultado un penalti do visitante. 

Na próxima sesión, o Ribeira enfrontarase ao Fisober mentres que o Acasti Reformas descoñece ao rival, que sairá do duelo entre Narón e 5 Coruña, que se aprazou ao martes.

ACASTI REFORMAS 5 - 2 BURELA 

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Adrián, Javier, Álex David, Sergio S, Sergio V, Hugo, Marcos, Manuel, Iago e Brais.
Pescados Rubén Burela FS: Xosé, Mateo, Walter, Borja, Filipe, Gabriel, Alexandre, Hugo, Raúl, Pedro, Darío e Mauro.
Cancha: Casa do Deporte.

RIBEIRA 5 - 2 CASÁS

Ribeira FS: Pablo D, Andrés, Sergio, Martín, Uriel, Iago, Pablo M, Jonás, Marco e Samuel.
Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jesús, Hugo, Marcos, Saúl, Pablo Carballo, Jorge, Pablo Cabaleiro, Héctor e Manuel. 
Cancha: Municipal de Lugo.

 

Resutlados Oitavos

Narón A 5 Coruña A
Acasti Reformas 5 2 Burela
Labor 0 4 Coruxo
Baíña 8 1 Secundino Basalo
Vigo 2015 5 5 Maceda
Chapela 4 3 Celanova
Parrulo A 3 3 Fisober
Ribeira 5 2 Casás
Próxima xornada: Cuartos (18/05)
Narón/5 Coruña A - - Acasti Reformas
Coruxo - - Baíña
Maceda - - Chapela
Fisober - - Ribeira
 
 

Copa Feminina

Só un equipo da provincia sobreviviu esta fin de semana á fase de cuartos. Será o Castro o que represente á provincia na semifinal, que terá lugar a fin de semana do 25/26 deste mes de maio.

No derbi provincial entre Burela e Castro foi o chairego o que estará na semifinal grazas á vitoria de 2-6 do sábado. Foi moi superior o equipo vermello, que quixo deixar as cousas claras desde o inicio e en 8 minutos xa tiña o 0-3 no marcador. Atinou o local para achegarse antes da pausa (1-4) pero non cambiou o rimo do encontro, que finalizou co segundo por parte das laranxas.

No outro partido, o Ribeira caeu ante o Amarelle por 3-5. Ofreceron moita guerra as luguesas pero ao final o pasaporte á seguinte fase foi para o equipo coruñés, que fixo unha gran tempada, sempre arriba na táboa, e rematou subcampión de Liga.

As azuis abriron a caixa dos goles pero non tardou moito o Amarelle en darlle a volta á situación para dominar o marcador, xa antes do intermedio do partido. Al lugueses estiveron moi preto sempre pero o rival non permitiu o empate.

RIBEIRA 3 - 5 AMARELLE  

Ribeira FS Lieders: Ainara, Carla D, Alba, Carla V, Nerea, Alma, María, Xenia e Antía.
Viaxes Amarelle FS: Icía, Valentina, Irene, Alma, Sila, Elba, Antía e Aldara.
Cancha: Municipal de Lugo.

BURELA 2 - 6 CASTRO

Pescados Rubén Burela FS: Lola, Sara, Claudia, Antía, Mayra, Fátima, Ilena e Sara.
FSF Castro Clínica García Rielo: María, Marta, Mencía, Mara, Zoe, Sheila, Aroa, Carla, Lucía e Emma.
Cancha: Vista Alegre.
 
Resultados Cuartos 
Ribeira 3 5 Viaxes Amarelle
Burela 2 6 Castro
Ourense CF 1 1 Poio
Marín 10 3 Bembrive
 
Próxima xornada: Semifinal (26/05)
Viaxes Amarelle - - Poio
Castro - - Marín