O Casás B xa é campión de grupo na Galega, a falta e tres xornadas, logo de vencer ao Begonte

Os amarelos de Honra perderon o derbi co Acasti Reformas pero manteñen o liderado, aínda que agora están asediados por Burela, que venceu ao Carballiño, e por Ribeira, que caeu ante o Stellae

División de Honra Cadete

O derbi da parte alta entre o Casás e o Acasti Reformas liquidouse este domingo coa vitoria do Lugo Sala por 0-2, o que non provoca cambios na táboa pero deixa ao equipo de Nino nunha delicada posición con só dous puntos de vantaxe xa que o Burela sumou tamén.

Partido igualado no que o Casás non foi quen de marcar malia xerar perigo. O Acasti Reformas estivo serio en defensa e no puxo as cousas fáciles. Abriu el marcador preto da fin da primeira parte e completou o resultado nos últimos segundos cun roubo cando non había porteiro.

O Burela converteu a vitoria ante o Carballiño nunha gran ocasión para manterse á espera de asaltar o liderado do grupo cando faltan tres xornadas para a finalización.

Foi unha primeira parte na que dominaron os laranxas con moitas ocasións pero pouco acerto. O rival púxose por diante dúas veces con dúas contras pero conseguiron remontar e ir ganando 3-2 ao descanso. Na segunda parte xa dominaron máis o partido coa tranquilidade do resultado e tendo moito máis o balón ata poñerse 5-2. Ao final sacaron 6-7 minutos o porteiro xogador pero sen crear excesivas ocasións para acabar co 6-3 final.

O Ribeira foi o gran prexudicado da sesión, xa que caeu ante un rival directo, o Stellae, co que intercambia posicións na xeral caendo á quinta praza. Acudiron os cadetes con moitas baixas pero os que xogaron fixeron un gran papel. Tiñan prevista máis unha técnica defensiva pero acabaron creando ocasións ás contras e defensivamente estiveron moi ben. Aguantaron coa porta a cero ata que faltaban 5 segundos para o intermedio cando encaixaron o primeiro nunha falta rigoroso que rebota nun xogador e entra.

Na segunda parte mantiveron o ritmo e conseguiron darlle a volta ao marcador e incluso dispuxeron de opcións para abrir a vantaxe. No tramo final o partido igualouse moito co empate con intercambio de ocasións pero nun roubo atrás, foi o rival o que se levou os tres puntos.

Consulta a clasificación aquí

BURELA 6 - 3 CARBALLIÑO

Pescados Rubén Burela FS: Xosé, Alexandre, Walter, Raúl, Borja, Gabriel, Pedro, Filipe, Darío e Mauro.
Carballiño FS Gri Carballiño: Xabi, Mateo, Daniel, Alejandro, Iker, Nicolás, Adrián, Mauro, Alexis e Edgar.
Cancha: Monte Castelo.

CASÁS 0 - 2 ACASTI REFORMAS

Club Polideportivo Casás: Alejandro, Jorge, Marcos, Jesús, Saúl, Hugo, Pablo Cabaleiro, Pablo Carballo, Héctor e Manuel.
ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Adrián, Pablo, Javier, Álex, David, Sergio V, Diego, Hugo, Marcos, Sergio S e Brais.
Cancha: O Palomar.

STELLAE 3 - 2 RIBEIRA

Stellae FS-La Hacienda House.com: Pablo, Luis, Martín, Marco, Raúl, Mateo, Rubén e Anxo.
Ribeira FS: Pablo D, Pablo M, Sergio, Marco, Jaime, Iago, Daniel, Álvaro, Mateo e Brais.
Cancha: Grupo Escolar.


Resultados xornada 19

Stellae 3 2 Ribeira
Burela 6 3 Carballiño
Parrulo A 5 4 Fisober
Ventorrillo 8 3 Colegio Liceo
5 Coruña A 1 2 Narón
Casás 0 2 Acasti Reformas
Próxima xornada
Carballiño - - Ribeira
Fisober - - Burela
Colegio Liceo - - Parrulo A
Narón - - Ventorrilo
Acasti Reformas - - 5 Coruña A
Casás - - Stellae

 

 

Liga Galega Cadete

A falta de tres xornadas, o Casás B logrou facerse co título de campión de grupo da competición Galega no seu primeiro ano na categoría. Ao equipo amarelo quédalle un partido, contra o Stellae B e logo descansar as dúas últimas.

Venceron de forma contundente na casa ante outro lugués, o Concello de Begonte. Na primeira parte estiveron algo espesos os amarelos, que querían celebrar o título e os nervios lles impediron realizar unha boa quenda. Despois da pausa puxéronse firmes e marcaron os tres goles que os coroan con antelación.

O duelo do Ribeira B, que competía cun rival directo, o Stellae B, rematou en táboas polo que o equipo coruñés segue un punto por riba do lugués. Moita igualdade na cancha e co primeiro gol, dos locais, nos primeiros compases. Chegaron ao ecuador empatados a 2 e na segunda parte foron por diante os do Stellae B, que se puxeron 5-3 a 7 minutos do final. Un penalti e un gol nos últimos segundos cambiaron o curso e déronlle un punto ao equipo lugués co 5-5 do final.

Tamén o Meigallos sacou o segundo punto do curso e fíxoo noutro empate, esta vez 4-4, co Composala. A primeira parte foi dos sarriaos, que levaron a voz cantante no marcador, aínda que fixeron a pausa cando estaban 2-2. Na segunda parte, adiantouse o Composala, que chegou a poñerse 2-4, pero con dous goles seguidos empataron a 6 minutos do final e o marcador non se moveu máis.

Consulta a clasificación aquí

STELLAE B 5 - 5 RIBEIRA B 

Stellae FS - Casa Pérez B: Márkel, Diego, Juan, Martín C, Xabier, Javier, Leo, Manuel e Álvaro.
Ribeira FS B: Hugo, Daniel, Mateo, Brais, Miguel, Héctor, Aarón, Álvaro, Marco e Iván.
Cancha: Grupo Escolar. 

MEIGALLOS 4 - 4 COMPOSALA

Os Meigallos FS: Víctor, Izan, Julio, Borja, Nicolás, Daniel, Rubén, Alonso, Milin, Brais, Abdel e Gael.
CD Composala Milongas: Martín, Carlos, Enrique, Álvaro, Gabriel, Xurxo, Manuel, Mateo, Daniel, Hadrian e Deigo.
Cancha: O Palomar.

CASÁS B 3 - 0 BEGONTE

Club Polideportivo Casás B: Pablo Carballo, Jorge, Samuel, Pablo Cabaleiro, Álvaro, Francisco, Pablo A, Unay e Ian.
Concello de Begonte FS: Iago, Daniel, Xabier, Alejandro, Antón M, Brais, Miguel, Antón L e Aarón.
Cancha: Casa do Deporte.

 

Resultados xornada 19

Stellae B 5 5 Ribeira B
Meigallos 4 4 Composala
Betanzos 6 1 Hercules
Casás B 3 0 Begonte
Alto do Vento D Lago DVSport

Próxima xornada

Composala - - Ribeira B
Hercules - - Meigallos
Alto do Vento - - Betanzos
Casás B - - Stellae B
Begonte D Lago DVSport

 

 

Copa Feminina

No grupo 1 disputouse do duelo do Ribeira e o Narón, da primeira xornada e aprazouse para a que vén, que tiñan descanso, o Ribeira-Vilalba previsto para este.

Gañaron as luguesas ao equipo de Narón con un claro 3-0, que quedou xa subido ao marcador antes do descanso.

No grupo 2 segue a liderar o grupo o Castro, que venceu ao Burela por un axustado 2-1. Un gol para cada equipo nos primeiros compases parecía que traería máis movemento no marcador pero este mantívose no 1-1 ata o último minuto, cando o equipo chairego marcou o da vitoria.

Ademais, o Dental Arias foi asolado polo Viaxes Amarelle, que aspira a ser o campión tamén nesta categoría. Estiveron as do Lugo Sala fortes na primeira metade pero non puideron impedir o 0-5 do descanso. Ao regreso contiveron o marcador ata o tramo final, cando o equipo coruñés foise no marcador.

GRUPO NORTE 1
 

RIBEIRA 3 - 0 NARÓN

Ribeira FS Lieders: Ainara, Carla D, Alba, Carla V, Nerea, Alma, María, Xenia e Antía.
SDCyR Narón O Freixo: Alba, Noa, Dafne, Antía, Emma, Sara, Ainoa, Naiala e Adriana.
Cancha: Somos Fútbol.
 
Resultados xornada 1 adiado
Ribeira 3 0 Narón
Resultados xornada 2
Ribeira A Vilalba
  D Narón
Próxima xornada 
Vilalba - - Narón
  D Ribeira

GRUPO NORTE 2

DENTAL ARIAS 1 - 10 AMARELLE

ADC Lugo Sala Dental Arias: Antía, Alba, Goya, Alexia, Anthea, Uxía, Nadia, e Xela.
Viaxes Amarelle FS: Ruth, Martina, Irene, Sila, Aldara e Elba.
Cancha: Casa do Deporte.

CASTRO 2 - 1 BURELA

FSF Castro Clínica García Rielo: María, Carla T, Mencía, Mara, Zoe, Marta, Aroa, Paula e Emma.
Pescados Rubén Burela FS: Lola, Sara F, Marina, Claudia, Antía, Sara de la F, Fátima e Mayra.
Cancha: Municipal de Castro Ribeiras de Lea.
 
Resultados xornada 2
 
Dental Arias 1 10 Viaxes Amarelle
Castro 2 1 Burela
 Próxima xornada
Viaxes Amarelle - - Castro
Burela - - Dental Arias