Superioridade dos equipos da provincia na División de Honra, que venceron en todos os duelos

Goleada do Casás B na Galega e do Burela e o Ribeira da feminina, nos dous derbis disputados

División de Honra Cadete

A xornada rematou para a categoría con reparto de puntos para todos os da provincia. O Casás segue á cabeza da táboa só un punto por riba do Ribeira. Esta fin de semana pasou apuros para gañar, xa que tivo que conformarse cun 2-3 ante o Fisober. O rival estivo máis frouxo do esperado e aínda que mostraron superioridade e estiveron por diante no marcador non lograron afastarse en ningún momento.

Moito máis cómodo gañou o Ribeira, que superou ao Ventorrillo por 6-2. Non se prodigaron os goles no primeiro tempo, que rematou cun resultado de 2-1. Na segunda apertaron dos de César, que empuxaron para abrir oco. Nos último 15 minutos avultouse a conta con catro tantos, un deles en propia porta do rival.

Resultado moi parello para o Burela co Parrulo (6-3). A primeira parte foi moi igualada pero con moitas mais ocasións para o equipo laranxa, que logrou poñerse 2-0, pero nun rebote en propia porta o rival achegouse.

Na segunda parte romperon o marcador e co 4-1 o Parrulo sacou porteiro xogador, pero sen crear excesivo perigo.

A conta luguesa terminou coa vitoria do Acasti Reformas, que mantén a cuarta praza logo de superar ao Colegio Liceo. O equipo lugués centrouse na primeira parte en atacar e malia xerar unha gran cantidade de ocasións acabou indo ao descanso por detrás no marcador (2-1).

Na segunda, souberon madurar o partido e ler a defensa. Todo isto, unido ao feito de que atoparon o camiño do gol, deulle a volta ao marcador e ampliou o resultado a favor dos brancos.

Consulta a clasificación aquí

BURELA 6 - 3 PARRULO A

Pescados Rubén Burela FS: Xosé, Mateo, Walter, Raúl, Pedro, Gabriel, Alexandre, Hugo, Borja, Filipe, Darío e Mauro.
Noterra-Parrulo A: Unai, Lucas, Alexandre, Rubén, Jorge, Pablo C, Diego, Rodrigo, Pablo R e Martín.
Cancha: Monte Castelo.

RIBEIRA 6 - 2 VENTORRILLO

Ribeira FS: Pablo D, Jonás, Andrés, Jaime, Uriel, Iago, Pablo M, Sergio, Martín, Roi, Samuel e Marco.
Distrito Ventorrillo FS: Izan, Hugo R, Nicolás B, Nicolás R, Hugo A, Aarón e Álvaro.
Cancha: Casa do Deporte.

FISOBER 2 - 3 CASÁS 

Fisober FSF: Adrián M, Iago, Adrián T, Mario, Pablo, Juan, Rubén e Lucas.
Club Polideportivo Casás: Pablo Carballo, Jesús, Hugo, Marcos, Héctor, Jorge, Pablo Cabaleiro, Saúl, Bruno e Manuel.
Cancha: O Conco.

COLEGIO LICEO 4 - 9 ACASTI REFORMAS

Colegio Liceo: Diego, Roi, Asier, Joel, Pablo, Christian, Iago, Xosé e Hugo.
ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Sergio V, Pablo, Javier, Hugo, David, Adrián F, Diego, Álex, Marcos e Sergio S.
Cancha: Liceo La Paz.


Resultados xornada 16

Burela 6 3 Parrulo A
Ribeira 6 2 Ventorrilo
Carballiño 5 1 5 Coruña A
Fisober 2 3 Casás
Colegio Liceo 4 9 Acasti Reformas
Narón 4 4 Stellae

Próxima xornada

Stellae - - Burela
Parrulo A - - Ribeira
Ventorrillo - - Carballiño
5 Coruña A - - Fisober
Casás - - Colegio Liceo
Acasti Reformas - - Narón
 

Liga Galega Cadete

O Casás B segue comodamente asentando na cabeza da clasificación logo de vencer con rotundidade ao Hércules, equipo da parte baixa. Notouse moito a diferenza entre os dous equipos e os amarelos non se inquietaron en ningún momento aproveitando a xornada para probar cousas novas e dar minutos a todos os xogadores. Resultado final 2-10 que comezou cun tanto na primeira xogada do equipo local. A partir de aí, a superioridade foi total e o marcador foise ampliando, incluso cun penalti preto do final.

Tamén puntuou o Concello de Begonte, que logrou un empate a domicilio co Alto do Vento, un dos da parte alta. Ademais, foi gran parte do partido o equipo chairego por diante, xa que abriu cedo o marcador e na segunda parte púxose 0-2. O local remontou ao final logrando a igualada a dous minutos do final.

O Ribeira descansou e o Meigallos foi derrotado, polo que non houbo máis puntos para a provincia. A primeira parte quedou practicamente sen goles, agás o do Meigallos, que chegou no minuto 20. Empataría o Betanzos e poríase por diante xa pasado o ecuador do segundo tempo.

Malia o resultado, foron boas sensacións para o equipo de Sarria que está facendo valer os adestramentos das últimas semanas, o que se viu no partido, facendo fronte a un gran equipo como o Troula. 

Consulta a clasificación aquí

HÉRCULES 2 - 10 CASÁS B

AJ Pombo Hércules FS: Óscar, Iago, Pablo P, Álvaro, Félix, Iker, Pablo, A, Diego e Olaya.
Club Polideportivo Casás B: Marcos, Francisco, Jorge, Pablo C, Bruno, Samuel, Pablo A, Jacobo e Ian.
Cancha: Barrio das Flores.

MEIGALLOS 1 - 2 BETANZOS

Os Meigallos FS: Jacobo, Izan, Daniel, Nicolás, Alonso, Víctor, Julio José, Borja, Hugo, Brais, Abdel e Gael.
Troula Betanzos FS: Martín A, Hugo R, Miguel, Diego, Martín B, Alvaro, Yago, Hugo G, David e Bruno.
Cancha: O Chanto.

ALTO DO VENTO 2 - 2 BEGONTE

AD Codima-Alto do Vento FS Talleres Jesús Sánchez: Juan, Pablo, Lucas, Xoel, .
Concello de Begonte FS: Iago, Daniel, Brais, Antón L, Miguel, Xabier, Alejandro, Antón M e Samuel.
Cancha: Santa Isabel.

 

Resultados xornada 16

Meigallos 1 2 Betanzos
Hercules 2 10 Casás B
Alto do Vento 2 2 Begonte
Lago DVSport 8 7 Stellae B
Composala D Ribeira B

Próxima xornada

Stellae B - - Meigallos
Betanzos - - Ribeira B
Casás B - - Alto do Vento
Begonte - - Lago DVSport
Composala D Hercules

 

 

Liga Cadete Feminina

O Burela aproveitou o aprazamento do Castro-Narón para facerse coa segunda praza da competición, empatado a puntos co equipo chairego. As mariñás venceron e golearon ao Vilalba a domicilio (0-7). Malia o avultado do resultado, as mariñás marcaron de inicio pero non foi case ata o intermedio que sumaron dous máis. 

Tamén foi moi superior na cancha o Ribeira sobre o Dental Arias, no derbi local. 8-2 foi o resultado final dun enfrontamento no que o local abriu a conta cun parcial de 3-0 nos primeiros 15 minutos. Achegáronse as brancas ata o 3-2 pero na segunda metade o Ribeira foi superior e abriu fenda ata os 6 goles de vantaxe co que terminou o duelo.

Consulta a clasificación aquí

VILALBA 0 - 7 BURELA

Grupo Forma-T Vilalba FS: Celtia, Laura, Candela, Lucía, Sara, Sofía, Alejandra, Lucía, Olaya, Sabela, Laura e Martina.
Pescado Rubén Burela FS: Lola, Sara F, Marina, Claudia, Antía, Sara de la F, Fátima e Ilenia.
Cancha: Municipal de Vilalba.

RIBEIRA 8 - 2 DENTAL ARIAS

Ribeira FS- Lieders: Ainara, Carla D, Alma, María, Carla V, Alma, Xenia, Nerea e Antía.
ADC Lugo Sala Dental Arias: Antía A, Alba, Goya, Xela, Anthea. Sheila, Nadia e Ainara.
Cancha: Casa do Deporte.


Resultados xornada 13

Ribeira 8 2 Dental Arias
Castro A Narón
Vilalba 0 7 Burela
  D Viaxes Amarelle
 Próxima xornada
Narón - - Ribeira
Burela - - Viaxes Amarelle
Dental Arias - - Vilalba
  D Castro