O Casás ponse líder da categoría de honra tras superar ao Burela a domicilio

Os amarelos de Galega, que derrotaron ao Meigallos, están segundos e o Ribeira B sumou os primeiros tres puntos da tempada

División de Honra Cadete

O Casás acadou o liderado esta segunda xornada de competición sumando unha nova vitoria e sendo o equipo máis goleador. Venceu 2-5 ao Burela no Vista Alegre.

Xogaron os dous lugueses unha primeira parte igualada, que rematou 2-2, pero na segunda os amarelos viñéronse arriba e comezaron a xogar de catro, alargando as posesións e cun xogo moi claro ao favor dos de Nino. Os locais non foron quen de marcar de novo.

O Ribeira, pola súa conta, gañador da categoría o ano pasado, venceu no outro derbi da xornada ao Acasti Reformas na súa cancha e xa é segundo de grupo. Xogaron unha primeira parte con moitas alternativas, onde os locais se puxeron por diante moi cedo. Aínda así os brancos foron capaces de darlle a volta ao marcador pero o Ribeira volveu dar un golpe na mesa e con dous goles moi seguidos levouse un 3-2 ao descanso.

O Ribeira regresou con forza e marcou un gol que abría a fenda nunha boa acción defensiva. Sen embargo, o Acasti Reformas achegouse de novo nunha acción a balón parado. As ocasións dos brancos non chegaban a bo porto por falta de eficacia e polo gran labor do porteiro local.

O Ribeira rematou a faena con dous goles máis coa técnica do porteiro xogador do Acasti Reformas.

Consulta a clasificación aquí

BURELA 2 - 5 CASÁS

Pescados Rubén Burela FS: Xosé, Mateo, Bruno, Pedro, Borja, Gabriel, Alexandre, Hugo, Filipe, Darío e Mauro.
Club Polideportivo Casás: Pablo Carballo, Jesús, Hugo, Pablo Cabaleiro, Marcos, Alejandro, Jorge, Samuel, Héctor e Saúl.
Cancha: Vista Alegre.

RIBEIRA 6 - 3 ACASTI REFORMAS

Ribeira FS: Iago, Andrés, Sergio (1), Martín (1), Uriel (3), Pablo, Roi, Jaime e Álvaro.
ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Adrián, Pablo (1), Javier (1), Diego, Marcos, Iker, Hugo (2), Álex, Adrián, Sergio, Iago e David.
Cancha: Somos Fútbol.

Resultados xornada 2

Ventorrillo 6 10 Stellae
Parrulo 4 3 5 Coruña
Burela 2 5 Casás
Ribeira 6 3 Acasti Reformas
Carballiño 5 5 Narón
Fisober 6 1 Colegio Liceo

Próxima xornada

Ventorrilo - - Parrulo A
5 Coruña A - - Burela
Casás - - Ribeira
Acasti Reformas - - Carballiño
Narón - - Fisober
Stellae - - Colegio Liceo

 

Liga Galega Cadete

Tamén tocou dobre derbi na categoría galega. Nesta ocasión, o Casás B venceu ao Meigallos fóra e o Ribeira B ao Begonte.

Os amarelos xa son segundos de grupo e só o número de goles os separa do liderado. Esta fin de semana venceron no Novo Chanto ao Meigallos por 2-4.

Malia o resiultado final os de Nino comezaron o partido xogando mal e perdendo 2-0 pero a súa superioridade notouse e foron capaces, aínda non lucindo o seu mellor xogo, de empatar antes do descanso. Na segunda, varias recuperacións, unha delas aproveitando o 5 para 4 do Meigallos, déronlle a vitoria.

O Ribeira B tamén se fixo coa vitoria, aínda que foi o Begonte o que dominou o marcador ata case o final do primeiro tempo cun único gol. Xusto antes da pausa o local deulle a volta ao partido e na segunda foi todo o tempo do diante, abrindo a fenda nos minutos finais. Quedan os dous no medio da táboa cunha vitoria cada un.

Consulta a clasificación aquí

MEIGALLOS 2 - 4 CASÁS B

Os Meigallos FS: Jacobo, Daniel Nicolás, Julio, Brais, Izan, Hugo, Rubén, Alonso, Milin, Borja e Iker.
Club Polideportivo Casás B: Álvaro, Samuel, Unay, Ian, Francisco, Rodrigo, Xoel, Pablo e Marcos.
Cancha: José Mario González.

RIBEIRA B 5 - 2 BEGONTE

Ribeira FS B: Hugo, Pedro, Daniel, Álvaro, Mateo, Héctor, Brais, Marco, Iker, Miguel, Iván e Iago.
Concello de Begonte FS: Iago, Miguel, Antón M, Antón L, Xabier, Brais, Daniel, Alejandro e Samuel.
Cancha: O Palomar.
 

Resultados xornada 2

Meigallos 2 4 Casás B
Ribeira B 5 2 Begonte
Composala 0 3 Lago DVSport
Hercules 3 9 Alto do Vento
Betanzos D Stellae B
Próxima xornada
Casás B 4 2 Ribeira B
Begonte 4 1 Composala
Lago DVSport 5 2 Hercules
Stellae B 2 2 Alto do Vento
Meigallos D Betanzos