Nunha xornada sen competición, xa se fixo público o calendario para a fase oficial da Liga Cadete Feminia, que terá o seu inicio a fin de semana do 18 de decembro. Serán 4 os equipos inscritos nesta fase, Burela, Ribeira, Castro e Amarelle. Os dous primeiros oficiarán como locais para abrir a competición.
Haberá que esperar para saber se o Ribeira se unirá finalmente a este grupo nesta fase oficial xa que non participou na non oficial
Serán un total de 6 xornadas e antes do Nadal só se xogará a inicial, para rematar o 12 de febreiro, antes do parón do Entroido.
Na primeira fase a vitoria absoluta foi para o Amarelle, que só fixo que gañar. O Castro quedou segundo con 6 puntos e dúas vitorias e o Burela caeu nos catro partidos que xogou.
LIGA GALEGA CADETE FEMININA NORTE |
---|
Primeira xornada
Burela | - | Castro |
Ribeira | Amarelle |