O Burela masculino e o Castro feminino chegan á final da Copa

Esta disputarase o 11 de xuño. Eles enfrontaranse ao Carballiño e elas ao Poio

O Burela xa están na final de Copa, que se disputará o 11 de xuño no Vista Alegre. O club laranxa necesita quitarse a espiña da Liga, que perderon no último partido.

Así, os burelaos saíron a gañar e para demostralo fixeron dous goles nos primeiros dez minutos que daban moita seguridade. Despois houbo dúas ocasións moi claras que non entraron e coa dificultade chegou o baixón polo que o rival aproveitou para empatar antes do descanso.

Na segunda parte, o Burela volveu apertar moito e foron caendo goles ata o 2-6, momento no que o Parrulo sacou porteiro xogador faltando 4 minutos. Os laranxas defenderon ben e nunha contra marcaron o 3-7 definitivo.

Gran traballo do equipo na semifinal de Copa, equipo que ascendeu este ano á División de Honra e que quedou tamén no máis alto.

PARRULO 3 - 7 BURELA

Norterra Parrulo A: Diego, Guillermo, Alejandro (1), Jorge C, Adrián, Lois, Carlos, Jesús, Diego, Jorge P e Yago (2).
Pescados Rubén Burela FS: Gabriel, Mateo (2), Iago D, Iago L (2), David (2), Unai, Brais, Jocelino, Walter, Pedro (1), Raúl e Nicolás.
Cancha: A Malata.
 
COPA CADETE

               Xornada de oitavos

Compañía de María 1-1 Parrulo A
Hércules 5-3 Noia
Narón O Freixo 3-3 Ventorrillo
Burela 7-2 5 Coruña
La Peña 2-4 Colegio SEK
Paz A 2-6 Carballiño
Sala Ourense 2-5 Campito
Celanova 9-1 Vigo 2015

Cuartos 

Parrulo A 3-2 Hércules
Narón O Freixo 2-6 Burela
Colegio SEKA 2-6 Carballiño
Campito 5-3 Celanova

Semifinais 

Parrulo A 3-7 Burela
Carballiño 6-3 Campito

Final (11/06)

Burela  - Carballiño

 

Feminina

O Castro feminino cadete tamén xogará a final da Copa o 11 de xuño logo de vencer ao gran inimigo da Liga, o Amarelle.

As vermellas aproveitaron ben o factor campo e fíxeronse coa vitoria por 4-2. Dominaron o marcador cun gol no primeiro minuto e antes do descanso marcaron o segundo pero o Amarelle reaccionou na segunda metade para empatar a dez minutos do final. Finalmente, aproveitando unha superioridade o Castro fíxose con dous goles seguidos que lle deron o triunfo.

CASTRO 4 - 2 AMARELLE

FSF Castro: Aroa, Mara (1), Antía, Irene (1), Mencía (2), María, Marta, Carla, Emma, Lucía e Zoe.
Viaxes Amarelle FS: Lucía, Emma, Antía, Sofía C, Irene (1), Claudia, Alma, Sofía R (1) e Candela.
Cancha: Municipal de Castro Ribeiras de Lea. 

 

 
COPA GALEGA CADETE FEMININA - FASE FINAL

              Cuartos

Amarelle 4-1 Burela
Moaña 6-3 Chapela
Poio 8-2 La Peña
  D Castro

               Semifinais

Castro 4-2 Amarelle
Moaña 2-4 Poio

 Final (11/6)

Castro - Poio