Os tres equipos lucenses conseguen levarse a vitoria na segunda xornada

O Acasti Reformas e o Ribeira lideran a lista tras conseguir o segundo triunfo do curso, mentres que o Casás sumou os seus tres primeiros puntos 

A segunda xornada da Galega alevín deixou un bo balance para os equipos lucenses, xa que os tres conxuntos se levaron a vitoria. O Acasti Reformas encabeza a clasificación despois de superar ao Esteo nun partido de moita intensidade. Na primeira metade ambos os dous equipos tiveron ocasións, pero os lucenses abriron o marcador no minuto17 cunha falta directa á beira da área. Dous minutos despois empataba o equipo local e co 1-1 foise o duelo ao descanso.

No segundo tempo o Lugo comezou a chegar con perigo ata adiantarse no marcador. Porén, o Esteo volveu poñer as táboas o encontro. A falta de dous minutos para rematar o partido os lucenses volveron adiantarse para levarse así os tres puntos.

No segundo posto da clasificación está polo momento o Ribeira, que tamén asinou o segundo triunfo consecutivo.  Os lucenses recibiron no Palomar ao Narón O Freixo e o duelo comezou igualado. Abriu o marcador o equipo local, pero ao pouco empataron os visitantes. Porén, o Ribeira foi crecendo e fóronse ao descanso 4-1. O Narón volveuse achegar co 4-2, pero os locais fixéronse co partido rematando cun resultado de 8-2.

O Casás conseguiu a primeira vitoria do curso contra o Santa Mariña A. O equipo lucense abriu o marcador no minuto catro e controlou en todo o momento o partido. Ao descanso o resultado era de 1-3 e na segunda parte conseguiron asinar dous tantos máis.

Consulta a clasificación aquí

RIBEIRA 8 - 2 NARÓN O FREIXO

Ribeira FS: Matías, Ignacio, Alberto, Yoel, Martín Daniel, Adrián, Hugo, Rodrigo, Bruno, Ángel e Unai.
SDCY R Narón O Freixo: Manuel A, Xavi, Martín, Nicolás, Diego, Izan, Hugo, Iago, Lucas e Tiago.
Cancha: Polideportivo o Palomar.

SANTA MARIÑA A 1 - 5 CASÁS

ADCR Santa Mariña A: Marcos, Luís A, Mateo, Roque, Antón, Javier, Mario e Víctor.
Club Polideportivo Casás: Álvaro, Hugo, Bruno, Óliver, Telmo, Eduardo, Sebastián e Nicolás.
Cancha: Casa do Deporte.

O ESTEO 2 - 3 ACASTI REFORMAS

O Esteo FS: Teo, Adrián, David, Pablo, Adrián S, Hugo, Santiago, Artai, Francisco e Unai.
ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Asier, Enzo, Pablo, Pablo A, Alex, Nuno, Roberto, Iker e Daniel.
Cancha: Pavillón Municipal As Pontes.

 

Resultados xornada 2

O Parrulo A 3 3 5 Coruña A
Ribeira 8 2 Narón O Freixo
Alto do Vento A 4 2 Stellae
Santa Mariña A 1 5 Casás
O Esteo 2 3 Acasti Reformas
Hércules A 4 5 Troula Betanzos
  D Lago DVSport
 

Próxima xornada 

5 Coruña A - - Ribeira
Narón O Freixo - - Alto do Vento A
Stellae - - Santa Mariña A
Casás - - O Esteo
Acasti Reformas - - Hércules A
Lago DVSport - - Troula Betanzos
  D O Parrulo A