O Ribeira coroa unha gran tempada co título de campión galego na final disputada en Lalín

O equipo lugués tamén xogou o partido pendente de Copa, onde derrotou por 6-1 ao Alto do Vento para entrar en oitavos

Liga Masculina

O Ribeira logrou este domingo en Lalín o título de campión galego da categoría alevín logo de vencer ao CIOS Vigo por 2-1. Duelo trepidante para os de César, que pecharon a fase de grupos na primeira praza. Foi o equipo vigués o que inaugurou cedo o marcador, no minuto 4, pero o equipo azul no baixou os brazos e antes do descanso xa tiña o empate no marcador. Na segunda metade marcou de novo para facerse co título.

RIBEIRA 2 - 1 CIOS VIGO

Ribeira FS: Daniel, Ignacio, Martín, Yoel, Hugo A, Matías, Hugo F, Alberto, Pedro, Ángel, Unai e Adrián.
Cios Vigo FS Monfortino Gastro Piano Bar: Telmo, Alejandro, Hugo, David, Mateo Q, Enzo, Ander, Mateo C e Pedro.
Cancha: Municipal Castelao II.
 
Semifinais de Liga
Ribeira 4 2 Coruxo A
Cios Vigo 7 2 Alto do Vento
Final de Liga
Ribeira 2 1 Cios Vigo
 
 

Copa Masculina

O Ribeira aproveitou o festivo para disputar tamén o partido da fase previa da Copa, xa que era o último que faltaba por celebrarse. Así clasificouse ante o Alto do Vento cun avultado marcador de 6-1 e para coroar unha gran tempada.

Foron moi superiores os lugueses que en sete minutos ya estaban 3-0. Á volta de vestiarios seguiron coa conta ata chegar ao 6-0. O rival maquillou o resultado un minuto despois pero a vitoria non correu perigo.

RIBEIRA 6 - 1 ALTO DO VENTO

Ribeira FS: Matías, Martín, Yoel, Ángel, Yoel, Unai, Daniel, Hugo, Adriano, Adrián e Massimo.
Alto do Vento FS Eima Café & Copas: Lucas, Teo, Mateo F, Yoel, Alejandro, Mateo N, Gael, Aarón F, Aarón L e Unai.
Cancha: Seminario.

 

Resultados Fase Previa

Lago DVSport 6 2 Hércules A
Ribeira 6 1 Alto do Vento A
Ventorrillo S O Esteo
Casás 3 6 O Parrulo A
Carballiño 0 2 Cios Vigo
Pecheches 4 5 Salnés
Saraiba do Mar 3 2 La Peña
Secundino Basalo 2 2 Kompite
A Paz 0 1 Marín
Poio S Ourense
Acasti Reformas 4 0 Narón
Stellae 0 8 5 Coruña A

Oitavos (12/05)

Lago DVSport - - Ribeira
O Esteo - - O Parrulo A
Cios Vigo - - Salnés
Bueu - - Coruxo A
Saraiba do Mar - - Secundino Basalo
Marín - - Poio/Ourense
Acasti Reformas - - 5 Coruña A
Betanzos - - Santa Mariña

 
 

Liga Alevín Feminina

O Amarelle fíxose co título de Liga no último partido, disputado co Parrulo. Non houbo representación luguesa na final four disputada.

Semifinais de Liga 
Amarelle 12 0 Chapela
Poio 3 3 Parrulo
Final de Liga 
Amarelle 3 1 Parrulo

 

 

Copa Alevín Feminina

A próxima fin de semana terá lugar a fase de cuartos e tamén sen representación para a provincia de Lugo.

 Cuartos (12/05)

Parrulo - - Narón
Fisober - - Amarelle
Poio - - Ourense CF
Chapela - - La Peña