O Ribeira xogará a final polo título de Liga ante o Cios Vigo logo de superar ao Coruxo

O equipo azul disputará o partido que queda da fase previa de Copa o próximo mércores para poder estar nos oitavos

Liga Masculina

O Ribeira xogará a Final de Liga contra o Cíos Vigo a próxima fin de semana despois de superar ao Coruxo A por 4-2 o domingo. O equipo azul foi superior na primeira parte na que logrou abrir unha fenda de 4-0. Na segunda, a relaxación trouxo os dous goles do rival, o segundo xa sobre a bucina, polo que a vitoria do equipo lugués non estivo en perigo.

A final disputarase o domingo en Ordes.

RIBEIRA 4 - 2 CORUXO

Ribeira FS: Daniel, Ignacio, Martín, Yoel, Hugo A, Hugo F, Alberto, Pedro, Ángel, Unai, Adrián e Matías.
IEs Coruxo FS A: Bedhasa, Unai, Xavier, Leo, Pedro, Diego, Mateo C, Alexander, Mateo R, Santiago e Jacobo.
Cancha: Municipal de Lugo.
 
Semifinais de Liga
Ribeira 4 2 Coruxo A
Cios Vigo 7 2 Alto do Vento
Final de Liga
Ribeira - - Cios Vigo
 
 

Copa Masculina

O Casás quedou apeado da Copa logo de perder esta fin de semana ante o Parrulo A no Palomar. O equipo amarelo aprazara do duelo da semana pasada e, xunto a este, celebráronse outros moitos no resto de Galicia que estaban adiados. 

Os de Nino disputaron un partido igualado que tivo o marcador parello durante toda a primeira parte. Na segunda adiantáronse os visitantes xusto á volta de vestiarios e acabou o resto do partido a remolque no marcador, aínda que sen deixalos marchar.

Dos partidos de Copa só queda por disputarse o do Ribeira co Alto do Vento, que será este mércores, día 1 de maio, xa que este domingo disputaron as semifinais de Copa.

CASÁS 3 - 6 PARRULO A

Club Polideportivo Casás: Martín, Hugo L, Hugo G, Nicolás, Telmo, Álvaro, Sebastián e Bruno.
Cafetería Monerrey-O Parrulo A: Teo, Manuel, Hugo, Gabriel, Mateo C, Antón C, Mateo G, Daniel, David e Antón de S.
Cancha: O Palomar.

 

Resultados Fase Previa

Lago DVSport 6 2 Hércules A
Ribeira A Alto do Vento A
Ventorrillo S O Esteo
Casás 3 6 O Parrulo A
Carballiño 0 2 Cios Vigo
Pecheches 4 5 Salnés
Saraiba do Mar 3 2 La Peña
Secundino Basalo 2 2 Kompite
A Paz 0 1 Marín
Poio S Ourense
Acasti Reformas 4 0 Narón
Stellae 0 8 5 Coruña A

Oitavos (12/05)

Lago DVSport - - Ribeira/Alto do Vento A
O Esteo - - O Parrulo A
Cios Vigo - - Salnés
Bueu - - Coruxo A
Saraiba do Mar - - Secundino Basalo
Marín - - Poio/Ourense
Acasti Reformas - - 5 Coruña A
Betanzos - - Santa Mariña

 
 

Liga Alevín Feminina

Non houbo representación da provincia na semifinal alevín feminina, na que o Amarelle foi claro vencedor e onde o Parrulo pasou nos penaltis. Ámbolos dous xogarán a semana próxima polo título.

Semifinais de Liga 
Amarelle 12 0 Chapela
Poio 3 3 Parrulo
Final de Liga 
Amarelle - - Parrulo

 

 

Copa Alevín Feminina

Tamén se decidiu o último equipo que estará en cuartos, onde tampouco xogarán as da provincia

Resultados Fase Previa Norte 

Parrulo 6 0 Burela
Lago 2 5 Narón
Fisober 7 2 Casás
Amarelle 6 0 Ribeira

 Cuartos (12/05)

Parrulo - - Narón
Fisober - - Amarelle
Poio - - Ourense CF
Chapela - - La Peña