O Acasti Reformas pasa a oitavos de Copa á espera do que fagan Ribeira e Casás nos duelos adiados

Os equipos da feminina remataron esta fin de semana a tempada logo de quedar fóra dos cuartos ao perder os tres partidos da fase previa. Ningún estaba tampouco clasificado para a final de Liga

Copa Masculina

Xornada descafeinada da fase previa da Copa, coa retirada de varios equipos e tamén por varios aprazamentos. Dos da provincia só xogou o Acasti Reformas, que superou ao Narón por un amplísimo 4-0 que lle permite estar nos oitavos de final dentro de dúas semanas. O equipo lugués repartiu os goles nos dous tempos.

O Ribeira, pola súa parte, disputará o seu partido contra o Alto do Vento o próximo 1 de maio mentres que o Casás-Parrulo será este venres 16.

A próxima fin de semana o Ribeira xogará polo título de Liga nas semifinais xunto aos dous primeiros clasificados do grupo Sur.

ACASTI REFORMAS 4 - 0 NARÓN

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Asier, Pablo A, Enzo, Álex, Pablo P, Pedro, Roberto, Iker, Daniel e Nuno.
SDCyR Narón O Freixo: Manuel, Iago, Martín, Nicolás, Diego, Izan, Xavi e Lorenzo.
Cancha: Municipal de Lugo.

 

Resultados Fase Previa

Lago DVSport 6 2 Hércules A
Ribeira A Alto do Vento A
Ventorrillo S O Esteo
Casás A O Parrulo A
Carballiño A Cios Vigo
Pecheches 4 5 Salnés
Saraiba do Mar A La Peña
Secundino Basalo 2 2 Kompite
A Paz 0 1 Marín
Poio S Ourense
Acasti Reformas 4 0 Narón
Stellae A 5 Coruña A

Próxima Xornada. Semifinais de Liga
Ribeira - - Coruxo A
Cios Vigo - - Alto do Vento
 
 

Copa Alevín Feminina

Si disputaron a fase previa os tres equipos femininos de Copa. Ningún dos tres superou esta fase e quedan apartados da competición.

O Burela perdeu co Parrulo por 6-0 quedando sen opcións de puntuar ante un equipo que no descanso abrira xa fenda cun 3-0. De volta do descanso marcou dous máis seguidos e con iso morreu o partido.

Co mesmo resultado foi derrotado o Ribeira na casa do Amarelle, repartindo tres goles en cada tempo e sen opcións.

Idéntica situación viviu o Casás, que foi superado por un rival que marcou 7-2  e que no intermedio xa tiña 4-1 de vantaxe. Os tres primeiros goles, todos do rival, foron nos primeiros cinco minutos, co que o partido quedaba dirixido. Na segunda parte, o local seguiu ampliando a vantaxe con tres goles máis, o último de penalti. O Casás maquillou o resultado co segundo tanto a seis minutos do final.

Deste modo, a representación feminina da provincia desaparece da Copa, que terá a próxima sesión dentro de dúas semanas, xa que nas próximas terá lugar a final de Liga, onde non haberá tampouco representación luguesa.

PARRULO 6 - 0 BURELA

Talleres Ramos Gadesport/O Parrulo A: Andrea, Valeria, Daniela, Candela, Naia, Anira, Celia, Camila, Inés e Gala.
Burela FS (Pescados Rubén): Elsa, Adriana, Paula, Emma L, Claudia, Ángela, Emma M, Iria, Lucía e Paula.
Cancha: A Malata.

FISOBER 7 - 2 CASÁS

Fisober FSF: Carlota, Lola, Claudia A, Claudia O, Noa, Alba, Ainhoa, Zoe, Noemí, Icía, Iria e Celia.
Club Polideportivo Casás: Juanita, Alba V, Aurora, Alba P, Leire, Alicia, Sarai, Noa D e Cintia.
Cancha: O Conco.

AMARELLE 6 - 0 RIBEIRA

Viaxes Amarelle FS: Icía, Rocío, María, Paula, Candela, Noa, Sara, Alicia, Elena, Mara, Maira e Iria.
Ribeira FS Lieders: Daniella P, Helena, Shaila, Daniela C, Irene, Nerea, Cira, Laura, Lola, Carmen, Aldara e Carla.
Cancha: Sagrada Familia.

 

Resultados Fase Previa Norte 

Parrulo 6 0 Burela
Lago A Narón
Fisober 7 2 Casás
Amarelle 6 0 Ribeira
Próxima Xornada. Semifinais de Liga 
Amarelle - - Chapela
Poio - - Parrulo