Remata a fase de grupos de Copa na feminina coa clasificación de Casás, Burela e Ribeira

Final na categoría masculina sen sorpresas co Ribeira campión, que xogará polo título galego, e o Acasti Reformas, terceiro

Rematou a fase de grupos da Liga alevín con algunha sorpresa pero sen cambios con respecto ao esperado. A principal foi que o líder e campión, o Ribeira, foi o único dos tres en perder esta fin de semana e fíxoo ante o Casás no derbi local.

O conxunto amarelo levou a dianteira no marcador, que tardou en abrirse, pero xusto antes da pausa entraron os tres primeiros do equipo local, que serían catro á volta de vestiarios. No tramo final marcou o Ribeira os dous seus seguidos. O equipo de Nino queda na novena praza, empatado a puntos co oitavo, o Lago DVSport, e moi satisfeitos cos resultados dun novo sistema de traballo que están probando de cara ao ano que vén.

O Ribeira queda polo tanto clasificado para xogar a fase final de Liga, o próximo 27 e 28 de abril, contra o Coruxo. Os tres, co equipo do Lugo Sala, seguirán na categoría o ano que vén.

Terceiro da xeral finalizou o Acasti Reformas, que venceu ao segundo, o Alto do Vento, para quedar só a un punto. O marcador pechou cun 5-4 axustado, que se contradí co que se viu na primeira parte, na que o equipo lugués foi dominador. Marcou cedo, aos 5 minutos, e antes da pausa xa tiña un parcial de 3-0 que foi de 4-0 xusto á volta. Na segunda parte, o Alto do Vento comezou o achegamento que acadou o 5-4 antes de que parase o crono.

Consulta a clasificación aquí

CASÁS 4 - 2 RIBEIRA

Club Polideportivo Casás: Martín, Hugo L, Hugo G, Nicolás, Telmo, Álvaro, Sebastián e Bruno.
Ribeira FS: Marías, Martín, Ángel, Yoel, Hugo A, Daniel, Ignacio, Hugo F, Pedro, Heitor e Unai.
Cancha: O Palomar.

ACASTI REFORMAS - ALTO DO VENTO

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Daniel, Iker, Enzo, Álex, Pablo P, Asier, Roberto, Pablo A, Antón e Nuno.
Alto do Vento FS Eima Café & Copas: Dao.
Cancha: O Palomar.

 

Resultados xornada 25

Hércules A 2 3 O Esteo
Betanzos 5 2 Santa Mariña A
Acasti Reformas 5 4 Alto do Vento A
Casás 4 2 Ribeira
Stellae 2 2 O Parrulo A
Lago DVSport 1 8 5 Coruña A
  D Narón

 

Copa Alevín Feminina

GRUPO 1

Remata tamén a fase de grupos da Copa cun claro triunfador, o Parrulo, e co Casás na segunda praza, despois de vencer ao Burela, que finaliza terceiro, por 4-8. Partido moi igualado entre os dous equipos con alternancia no marcador pero con empate claro e continuo. No minuto 33 entra o 4-4 e a partir de aí o xogo dá un claro xiro cara o equipo amarelo, que amplía o marcador ata o 4-8 do final.

Con este resultado, serán o Parrulo e o Casás os que xoguen a fase de oitavos de Copa a partir da fin de semana próxima, antes de celebrar a final da Liga, o 27 e 28 deste mes e o 4 e 5 de maio. Tamén se clasifica o Burela como mellor terceiro.

Consulta a clasificación aquí

BURELA 4 - 8 CASÁS

Burela FS (Pescados Rubén): Elsa, Ángela, Valeria, Adriana, Paula, Mía, Emma M, Emma L e Lucía.
Club Polideportivo Casás: Juanita, Alba V, Aurora, Alba P, Leire, Alicia, Sarai, Noa D e Cintia.
Cancha: Vista Alegre.


Resultados xornada 3

Parrulo 9 0 5 Coruña
Burela 4 8 Casás

 

 

GRUPO 2

No grupo 2, o Ribeira, foi claramente superado polo Lago e despois de perder os dous partidos da fase de Copa, entra na fase de oitavos in extremis. Partido dominado polo local que abriu o marcador no primeiro minuto e repetiu tanto antes da pausa. Na segunda parte fixo tamén un gol no tramo inicial e outro no final para completar o 4-0.

Consulta a clasificación aquí

LAGO 4 - 0 RIBEIRA

Senso Lago DVSport: Icía, Adair, Clara, Lucía, Aroa, Daniela, Cecilia, Alicia, Noa, Valentina, Nerea e e Eva.
Ribeira FS Lieders: Daniella P, Helena, Shaila, Daniela C, Irene, Nerea, Cira, Laura, Lola, Carmen, Aldara e Carla.
Cancha: Municipal das Pontes.

Resultados xornada 3

Lago 4 0 Ribeira
  D Fisober

 

 

GRUPO 3

Vitoria avultada do Amarelle sobre o Castro, que tampouco gañou en ningún dos dous partidos, polo que queda relegado á última praza e fóra da Copa. O Amarelle foi claro dominador, como o foi tamén na Liga e abriu unha fenda importante de goles sen dar oportunidade ás chairegas.

Consulta a clasificación aquí

AMARELLE 7 - 1 CASTRO

Viaxes Amarelle FS: Icía, Rocío, María, Paula, Candela, Noa, Sara, Alicia, Elena, Mara, Maira e Iria.
FSF Castro Cofor: Naia, Ainhoa, Xiana, Antía S, Valeria, Valentina, Antía R, Naama, Sabela e Vera.
Cancha: Ventorrillo.

Resultados xornada 3

Amarelle 7 1 Castro
  D Narón

 

Oitavos de Copa 

Parrulo - - Burela
Lago - - Narón
Fisober - - Casás
Amarelle - - Ribeira