O equipo feminino do Castro cae nas semifinais polo título de Liga cunha goleada do Narón

Tamén houbo semifinais na masculina sen a presenza de ningún equipo da provincia
ALE FEM_Ribeira-Castro_Noe-10
photo_camera ALE FEM_Ribeira-Castro_Noe-10

Os equipos da provincia non saíron ao verde esta fin de semana xa que a primeira fase da liga regular xa rematou e ningún deles clasificou entre os dous primeiros para disputar a Fase final, que rematará dentro de dúas fins de semana xa a próxima serán os oitavos de Copa, onde o Acasti Reformas sobrevive.

LIGA GALEGA ALEVÍN NORTE - FASE FINAL

                 Semifinais

O Esteo 3-5 Coruxo
Cios Vigo 5-2 Parrulo A

 Final

Coruxo - Cios Vigo

      

      

COPA GALEGA ALEVÍN

                 Próxima xornada (oitavos)

Stellae S Galicia Enteira
Ventorrillo - O Esteo
Club del Mar - 5 Coruña
Acasti Reformas - Parrulo A
Salnés - Redondela
Saraiba do Mar - Coruxo
Ourense - La Peña
Carballiño - Campito

      

Liga Feminina

O equipo feminino alevín do Castro quedou apeado da fase final da Liga logo de caer ante o Narón por 11-2. Un duelo desigual no que as chairegas non puideron aportar moito ante un equipo que foi moi superior e que antes dos 10 minutos xa tiña tres goles ao seu favor.

No intermedio xa eran oito e xusto á volta marcaron o noveno. Contra o final o Castro apareceu para marcar dous goles pero a local Carmela completou cun hat trick que o dixo todo.

O partido xogouse adiantado á xornada, que se correspondía co luns 1 de maio.

NARÓN 11 - 2 CASTRO

SDCyR Narón O Freixo: Icía B (1), Carmela (3), Aurora, Alicia, Marcela (1), Carla (1), Icía R (1), Laura (1), Alejandra, Sherezade (2), Ainara e Jimena (1).
FSFS Castro Leitigal: Naila, Nerea (1), Sarai, Sandra (1), Lucía, Ainhoa, Xiana, Antía e Valentina.
Cancha: As Lagoas.

 

LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA - FASE FINAL

 Semifinais                               

Narón 11-2 Castro
La Peña 2-1 Seguridade Galega

Final                               

Narón - La Peña