Derrotas abrumadoras dos catro equipos da provincia, dos que seguirán na categoría tres

O Meigallos está matematicamente descendido e o Casás, malia a derrota, asegurou manterse na Galega por un punto

Abrumadoras derrotas dos catro equipos da provincia de Lugo na penúltima xornada de Liga, na que xa teñen todo visto para sentenza.

Dos catro, tres conservarán a categoría se non hai outra orde da Federación a falta dunha xornada. Acasti Reformas e Ribeira están polo medio da táboa. O primeiro, o mellor situado da provincia, é e seguirán sendo na última xornada sexto mentres que o Ribeira ten opcións de ser sétimo se o Ventorrillo cae na última sesión.

O Casás está décimo, o último posto que se mantén, e podería ser noveno dependendo do que faga o Hércules.

Cae o Meigallos, que con 9 puntos tivo unha difícil tempada e é penúltimo (12). Loxicamente, ningún dos equipos ten opcións, xa dende hai varias semanas, de pelexar polo título.

Consulta aquí a clasificación

Os partidos foron goleadas moi contundentes ante equipos da parte alta na súa maioría, agás o Acasti Reformas que se enfrontou a un equipo da súa zona que ten 11 puntos menos.

STELLAE 11 - 0 RIBEIRA

Stellae FS-Alucohogar Aluminios: Xavi, Pablo (2), Lucas, Ruy (4), Sebastián (1), Alexis, Nicolás (1), Xoel (2) e Alejandro. Un en propia do rival.
Ribeira FS: Matías, Daniel, Alma, Pedro, Bruno, Sergio, Aleix, Hugo, Ángel e Unai.
Cancha: Grupo Escolar.

ACASTI REFORMAS 1 - 7 VENTORRILLO

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Asier, Roi, Xoel (1), Mateo, Álex, Mauro, Íker, Pablo A, Enzo e Pablo P. Un en propia do rival.
Distrito Ventorrillo FS: Enzo, Jorge, Daniel (4), Pedro e Naim (2). Un en propia do Acasti.
Cancha: Municipal de Lugo.

CASÁS 1 - 10 NARÓN

Club Polideportivo Casás: Martín G, Martín F (1), Hugo, David, Telmo, Hernán, Érik, Mateo e Diego.
ASDyR Narón O Freixo: José, Iago, Martín L (1), Martín M (3), Sergio (1), Aitor (1), Miguel (3), Iago (1) e Hugo.
Cancha: O Palomar.

PARRULO A 10 - 2 MEIGALLOS

Peluquerías Vero's O Parrulo A: Iago, Daniel (2), Íker L (1), Marco, Gael A, Gabriel, Hugo (2), Íker V, Gael M (2), Rubén (1) e Carlos (1). Un en propia do Meigallos.
Os Meigallos FS: Joel, Izan L (2), Izan V, Yago, Alejandro, Jorge, Diego, Rodrigo, Miguel e Yago.
Cancha: A Malata.

 

LIGA GALEGA ALEVÍN NORTE

                 Resultados xornada 25

Colegio Liceo 3-4 5 Coruña
Casás 1-10 Narón
Stellae 11-0 Ribeira
Acasti Reformas 1-7 Ventorrillo
Parrulo A 10-2 Meigallos
Hércules 5-3 Club del Mar
  D O Esteo

Próxima xornada 

5 Coruña - O Esteo
Narón - Colegio Liceo
Ribeira - Casás
Ventorrillo - Stellae
Meigallos - Acasti Reformas
Club del Mar - Parrulo A
  S Hércules

      

Liga Feminina

 

LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA - SEMIFINAIS

 Eliminatoria Liga (1/05)                                         

Narón - Castro
La Peña - Seguridade Galega