Boa xornada para os equipos da provincia, que sacaron de renda puntos, agás o Meigallos, que non xogou e o que necesita máis para saír da zona baixa.
O Casás goleou sen piedade ao Colegio de Liceo e parou o marcador en 2-9. Xogábanse os amarelos a opción de continuar na categoría e aprobaron con nota, xa que competiron ao mellor nivel e xogaron dándoo todo. Deberán seguir pelexando catro xornadas máis por manterse fóra do grupo de descenso.
Costoulles un poco arrancar sendo o minuto 15 o que marcou un antes e un despois. Levaban dous goles no bolso cando marcaron en rápida sucesión en catro minutos para poñerse 1-6. Á volta, o rival marcou de novo pero o Casás continuou co seu arreón ata o 2-9 do final.
O Ribeira tivo máis complicada a vitoria pero sumou tamén os tres puntos situado no medio da táboa ,nun lugar de máis tranquilidade, xa que practicamente ten asegurada a permanencia. Venceu por un gol ao Hércules na casa. Os tres goles foron seguidos cinco minutos antes do intermedio e o marcador non se moveu máis.
O Acasti Reformas, que empatou co 5 Coruña, un dos equipos que compite polo título, ten a súa permanencia asegurada hai unhas xornadas e malia o seu traballo, ten lonxe a zona da cabeza, na que se xogará o título na segunda fase.
Moita igualdade no duelo, no que o equipo branco abriu a caixa dos goles pero foron empatados a un dende o minuto 9 ata o 34, cando o Acasti se adiantou. Dous minutos antes do final un penalti puxo o empate no marcador.
RIBEIRA 2 - 1 HÉRCULES
AJ Pombo Hércules FS: Alberto, Mario, Lorenzo, Mateo, Martín, Hugo, Xavier, Jacobo, Luis (1) e Daniel.
Cancha: Somos Fútbol.
5 CORUÑA 2 - 2 ACASTI REFORMAS
ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Asier, Roi, Xoel (1), Mateo, Álex, Alan, Pablo A, Yeray (1), Alexia e Pablo P.
Cancha: San Francisco Javier.
COLEGIO LICEO 2 - 9 CASÁS
Club Polideportivo Casás: Martín G, Martín F (3), Hugo, David (1), Telmo, Hernán (3), Mateo (1) e Diego (1).
Cancha: O Chanto.
LIGA GALEGA ALEVÍN NORTE |
---|
Resultados xornada 22
Colegio Liceo | 2-9 | Casás |
O Esteo | S | Stellae |
5 Coruña | 2-2 | Acasti Reformas |
Narón | 2-4 | Parrulo A |
Ribeira | 2-1 | Hércules |
Ventorrillo | A | Club del Mar |
D | Meigallos |
Próxima xornada
Casás | - | O Esteo |
Stellae | - | 5 Coruña |
Acasti Reformas | - | Narón |
Parrulo A | - | Ribeira |
Hércules | - | Ventorrillo |
Club del Mar | - | Meigallos |
D | Colegio Liceo |
Liga Feminina
Finalizou a fase de liga regular coa disputa do partido pendente entre Ribeira e Castro, no que a vitoria foi para os chairegos, que se sitúan definitivamente no alto da táboa e entran a disputar a fase final no mes de maio.
Foron dominadoras as do Castro, que aos doce minutos xa tiñan 3 goles no peto, os mesmos que no intermedio. Comezou a segunda parte coa remontada do Ribeira, que marcou dous goles seguidos, pero reaccionou o Castro con dous tantos máis para asegurar a vitoria.
Deste modo, o Castro queda primeiro de grupo con 10 puntos, de tres vitorias e un empate ,e o Ribeira, segundo, con 7 puntos, tras dúas vitorias, un empate e unha derrota.
RIBEIRA 2 - 5 CASTRO
FSF Castro Leitigal: Naila, Nerea (4), Lucía, Sarai (1), Sandra, Ainhoa, Xiana, Antía e Valentina.
Cancha: O Palomar.
LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA GRUPO C |
---|
Última xornada
Ribeira | 2-5 | Castro |
Eliminatoria Liga (1/05)
Narón | - | Castro |
La Peña | - | Seguridade Galega |