O Ribeira colleita un punto do seu duelo co Club del Mar e o Meigallos cae na casa

Xornada descafeinada na categoría co descanso do Casás e a suspensión do duelo do Acasti Reformas por condensación no Palomar
ALE MAS_Ribeira-O Esteo_Noe-3
photo_camera ALE MAS_Ribeira-O Esteo_Noe-3

O Ribeira segue traballando para asegurar a súa salvación na categoría e esta fin de semana sacou de renda un punto do seu enfrontamento co Club del Mar.

Partido moi igualado para os dous equipos que se mantiveron á par durante todo o duelo aínda que os lucenses foron os que colleron vantaxe en todas as ocasións. Empezaron cun gol de penalti e ao minuto seguinte xa estaban 0-2 aínda que xusto antes do descanso dous goles seguidos do equipo local deixaron o empate a dous durante o intermedio e ata os últimos minutos. O Ribeira púxose por diante de novo pero a falta de segundos empatou o Club del Mar.  

Consulta aquí a clasificación

Nova derrota do Meigallos ante o Ventorrillo por 1-4. Aínda que o equipo de Sarria aguantou o envite durante os primeiros minutos acabaron indo ao descanso con dous goles en contra. Non tardaría o terceiro e de seguido marcou o local pero non foi suficiente. A falta de 4 minutos para o remate do duelo, o Ventorrillo meteu o cuarto.

A xornada quedou un pouco descafeinada xa que o Casás tivo desacanso e o Acasti Reformas tivo que suspender o duelo co Esteo por condensación no pavillón do Palomar.

CLUB DEL MAR 3 - 3 RIBEIRA

Club del Mar San Amaro: Diego, Leo, Pepe (1), Pablo, Joel (2), Lucía, Nicolo e Mauro.
Ribeira FS: Sergio, Ignacio (1), Daniel (1), Ángel, Hugo A (1), Matías, Hugo F, Pedro e Bruno.
Cancha: Club del Mar.

MEIGALLOS 1 - 4 VENTORRILLO

Os Meigallos FS: Joel, Izan L (1), Yago R, Alejandro, Yago B, Jorge, Diego T, Izan V, Rodrigo e Miguel.
Distrito Ventorrillo FS: Alejandro, Nicolás, Jorge, Mauro, Hugo (1), Enzo, Gustavo (1), Daniel (1), Lucas (1), Pedro e Naim.
Cancha: O Chanto.

 

LIGA GALEGA ALEVÍN NORTE

                 Resultados xornada 21

Stellae S Colegio Liceo
Acasti Reformas S O Esteo
Parrulo A 0-0 5 Coruña
Hércules 3-4 Narón
Club del Mar 3-3 Ribeira
Meigallos 1-4 Ventorrillo
  D Casás

            Próxima xornada 

Colegio Liceo - Casás
O Esteo - Stellae
5 Coruña - Acasti Reformas
Narón - Parrulo A
Ribeira - Hércules
Ventorrillo - Club del Mar
  D Meigallos

         

Liga Feminina

O último partido que queda por disputarse da liga alevín feminina foi aprazado para o 18 de marzo, sábado. 

Será o duelo entre o Ribeira e o Castro. Ambos os dous equipos están empatados a puntos (7), vitorias (2) e empates (1) e coas mesmas xornadas disputadas. Polo tanto, o partido será decisivo para ver quen se leva finalmente o título, xa que agora mesmo é o Castro o que está por riba por diferenza de goles.

Consulta aquí a clasificación

 

LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA GRUPO C

Última xornada                                          

Ribeira 18-03 Castro