O Acasti Reformas faise co derbi lugués co Casás na xornada de regreso trala pausa

O Ribeira amañou un punto do duelo co Ventorrillo, equipo co que competía por posición na táboa

O regreso do Entroido trouxo para a categoría o derbi local Acasti Reformas-Casás, no que venceron os brancos por 4-1 malia que o partido foi máis igualado do que deixa ver o marcador e foi a efectividade dos primeiros o que lles levou á vitoria.

Foron os amarelos os que abriron a conta nos primeiros compases do duelo e liderarían o marcador ata case o descanso, ao que chegarían empatados. Á volta meteu o Acasti tres goles en cinco minutos para sentenciar.

O Ribeira apañou un punto do duelo co Ventorrillo, co que competía por posición xa que os dous equipos están separados por dous puntos. Os ribeiraos levantaron un duelo que se atragantou na primeira metade, xa que no descanso estaban 3-1. Foi cando faltaban dez minutos de xogo cando os azuis comezaron a recuperar terreo para igualar o marcador ata en dúas ocasións, co 3-3 e co final en 4-4.  

Consulta aquí a clasificación

Derrota pola contra para o Meigallos, que tiña por rival un dos equipos da parte alta, pero ao que lle fixo fronte durante todo o duelo, no que estiveron moi próximos ou empatados sempre no marcador.

Abriu o Narón o tanteo aos catro minutos, o mesmo tempo que tardou o Meigallos e empatar. Aínda que se foron 1-3 en contra a vestiarios, os sarriaos remontaron á volta ata o 3-3. O Narón volveu poñerse por diante e seguiron loitando pero a vitoria caeu do lado visitante.

ACASTI REFORMAS 4 - 1 CASÁS

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Asier, Xoel (2), Yeray, Mateo, Álex, Alan, Roi (1), Enzo (1), Daniel e Pablo.
Club Polideportivo Casás: Álvaro, Hernán (1), Érik, Enrique, Telmo, Álvaro, Bruno, Nicolás e David.
Cancha: o Palomar.

MEIGALLOS 4 - 6 NARÓN

Os Meigallos FS: Joel, Diego A (1), Xoel, Izan L (2), Yago R, Jorge, Diego T, Izan V, Rodrigo, Alejandro (1), Miguel e Yago B.
SDCyR Narón O Freixo: José, Aitor (1), Martín (2), Sergio (1), Iago P (1), Iago A, Miguel, Diego (1), Martín e Hugo.
Cancha: O Chanto.

VENTORRILLO 4 - 4 RIBEIRA

Distrito Ventorrillo FS: Alejandro, Nicolás, Mauro (1), Hugo, Pedro, Enzo, Gustavo, Jorge, Daniel (1), Lucas (2) e Naim.
Ribeira FS: Matías, Ignacio (1), Daniel, Ángel (2), Hugo A, Aleix, Hugo F (1) e Alma.
Cancha: Labañou.

 

LIGA GALEGA ALEVÍN NORTE

                 Resultados xornada 19

Acasti Reformas 4-1 Casás
Parrulo A 8-0 Colegio Liceo
Hércules 2-9 O Esteo
Club del Mar 2-4 5 Coruña
Meigallos 4-6 Narón
Ventorrillo 4-4 Ribeira
  D Stellae

                  Próxima xornada  

Casás - Stellae
Colegio Liceo - Acasti Reformas
O Esteo - Parrulo A
5 Coruña - Hércules
Narón - Club del Mar
Ribeira - Meigallos
  D Ventorrillo

  

Liga Feminina

O último partido que queda por disputarse da liga alevín feminina foi aprazado para o 18 de marzo, sábado. 

Será o duelo entre o Ribeira e o Castro. Ambos os dous equipos están empatados a puntos (7), vitorias (2) e empates (1) e coas mesmas xornadas disputadas. Polo tanto, o partido será decisivo para ver quen se leva finalmente o título, xa que agora mesmo é o Castro o que está por riba por diferenza de goles.

Consulta aquí a clasificación

 

LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA GRUPO C

Última xornada                                          

Ribeira 18-03 Castro