O Acasti Reformas é, a falta do Meigallos, o único da provincia que entra en oitavos de Copa

O Casás estivo preto pero caeu ante o Parrulo nos últimos tres minutos tras un gran partido. Na feminina, aprazado o último duelo para mediados de marzo

Esta fin de semana só puido pasar a criba da previa de Copa o Acasti Reformas, á espera do que faga o Meigallos, que aprazou o duelo co Esteo.

Os brancos foron incuestionables e enviaron ao Colegio Liceo á súa casa cun 6-0 no marcador. Comezaron cedo os lugueses, que no minuto 7 xa estaban con dous goles no peto, que serían 5 antes do intermedio. Cinco minutos despois do regreso meteron o 6 e o marcador non se moveu máis.

No capítulo de derrotas, o Ribeira caeu co Club del Mar por 5-2 nun duelo no que o local estivo sempre por diante e non deu moitas opcións aos de Lugo, que marcaron para empatar 1-1 moi avanzada a primeira parte e subiron o 4-2 cando faltan 4 minutos para rematar.

Na Malata o Casás caeu ante o Parrulo, un dos mellores equipos da competición, despois de competir de forma espectacular ata tres minutos antes do final, cando o rival se fixo con dous goles consecutivos cun partido que estaba empatado a 1.

Tardou moito o Parrulo en dominar aos amarelos, xa que non puido marcar o primeiro gol ata un minuto antes do intermedio.

CLUB DEL MAR 5 - 2 RIBEIRA

Club del Mar San Amaro: Diego, Nicolo, Leo (2), Pepe (2), Joel (1), Francesco, Lucía, Xabier e Pablo.
Ribeira FS: Matías, Daniel, Hugo F, Alma, Pedro, Ignacio (1), Sergio, Ángel (1), Yoel, Hugo A e Unai.
Cancha: Club del Mar San Amaro.

ACASTI REFORMAS 6 - 0 COLEGIO LICEO

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Asier, Pablo, Xoel (3), Yeray (1), Mateo (1), Alan, Pablo, Alexia (1), Enzo e Álex.
Colegio Liceo: Alejandro, Borja, Daniel, Pablo, Alvaro, Iago, Mateo, Santiago e Lois.
Cancha: O Palomar.

PARRULO A 3 - 1 CASÁS

Peluquerías Vero's O Parrulo A: Gabriel, Hugo C (2), Marcos, Rubén, Daniel M, Iago, Manuel, Hugo M, Íker L, Daniel V, Gael e Carlos (1).
Club Polideportivo Casás: Martín G, Martín F, Hugo, Hernán (1), David, Mateo, Diego, Enrique e Telmo.
Cancha: A Malata.

 

COPA GALICIA - ELIMINATORIAS

                 Resultados Previa

VentorrilloStellae 2-2 Narón
O Esteo A Meigallos
Club del Mar 5-2 Ribeira
5 Coruña 5-5 Hércules
Acasti Reformas 6-0 Colegio Liceo
Parrulo A 3-1 Casás
Marín 0-2 Saraiba do Mar
Coruxo A 6-0 Vigo
Pecheches 2-8 Ourense
Secundino Basalo 3-3 La Peña
Bueu 1-14 Campito

                  

Liga Feminina

Ao final, o último partido que queda por disputarse da liga alevín feminina, previsto nun principio para este martes 21 de febreiro, foi aprazado para o 18 de marzo, sábado. 

Será o duelo entre o Ribeira e o Castro. Ambos os dous equipos están empatados a puntos (7), vitorias (2) e empates (1) e coas mesmas xornadas disputadas. Polo tanto, o partido será decisivo para ver quen se leva finalmente o título, xa que agora mesmo é o Castro o que está por riba por diferenza de goles.

Consulta aquí a clasificación

 

LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA GRUPO C

Última xornada                                          

Ribeira 18-03 Castro