Dobre duelo de Ribeira e Burela na feminina con vitoria das ribeirás, que están segundas na táboa

Tres derrotas para os equipos da provincia con marcadores avultados en contra e ante equipos da parte alta

O Acasti Reformas caeu esta fin de semana ante o Stellae, un dos equipos fortes da competición e fíxoo cun avultado marcador de 5-1. Aos brancos penalizáronlle os erros e a falta de eficacia na porta rival porque non estivo por debaixo en xogo.

De feito, ao local costoulle abrir a conta e fíxoo aso poucos do intermedio con dous tantos. Os outros tres serían tamén espaciados ao longo dunha segunda parte anodina. Sobre a bucina, o Acasti Reformas marcou o gol de honra.

Duro rival tamén para o Meigallos, que se enfrontaba, dende a parte baixa da clasificación, ao terceiro, o 5 Coruña. Caeron os de Sarria pero non o fixeron mal xa que foron eles os que abriron o marcador, aínda que o local empatou antes da pausa. Tralo paso por vestiarios o 5 Coruña marcou dous goles rápido e co 3-1 mantívose tranquilo e dominando o duelo para meter o último a tres minutos do final.

Consulta aquí a clasificación

O Casás tivo como rival ao líder, o Parrrulo A, ante o que caeu de forma abrumadora por 1-8. Malia o resultado, o Casás fixo unha gran primeira parte na que tivo moitas opcións e non se deixou pisar, pero o marcador non foi tan equilibrado e no descanso xa lucía un 1-3 inxusto para o que se vía na cancha.

Na segunda parte os pequenos do Casás volveron adolecer de fortaleza física pola xuventude dos xogadores, case todos de primeiro ano, e o Parrulo aproveitou para pasarlles por riba e subir o marcador ata o 1-8 do final, que era 1-6 a falta dun minuto.

STELLAE 5 - 1 ACASTI REFORMAS

Stellae FS-Alucohogar Alumnos: Xavi, Alexis, Iago, Ruy (1), Sebastián (1), Nicolás, Xoel, Pablo (1), Lucas (1) e Alejandro (1).
ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Asier, Roi, Xoel, Mateo, Álex, Alan, Pablo A (1), Yeray, Alexia e Pablo P.
Cancha: Grupo Escolar.

5 CORUÑA 4 - 1 MEIGALLOS

Academia 5 Coruña FS: Nicolás. Raúl, Antón, Xoel, Gaspar (1), Mario, Álvaro, Diego, Pablo, Leo, Gonzalo (2) e Hugo (1).
Os Meigallos FS: Joel, Izan L (1), Izan V, Yago R, Alejandro R, Jorge, Diego A, Xoel, Diego T, Rodrigo, Miguel e Yago B.
Cancha: San Francisco Javier.

CASÁS 1 - 8 PARRULO A

Club Polideportivo Casás: Martín G, Martín F, Hugo, Hernán, David (1), Álvaro, Érik, Mateo, Diego e Telmo.
Peluquerías Vero's O Parrulo A: Gabriel, Gael M, Rubén, Carlos (2), Gael A (3), Iago, Daniel (2), Hugo, Íker L (1), Ímer V e Marco.
Cancha: O Palomar.

 

LIGA GALEGA ALEVÍN NORTE

                 Resultados xornada 18

Stellae 5-1 Acasti Reformas
Casás 1-8 Parrulo A
Colegio Liceo 7-1 Hércules
O Esteo 9-2 Club del Mar
5 Coruña 4-1 Meigallos
Narón 6-2 Ventorrillo
  D Ribeira

Próxima xornada    

Acasti Reformas - Casás
Parrulo A - Colegio Liceo
Hércules - O Esteo
Club del Mar - 5 Coruña
Meigallos - Narón
Ventorrillo - Ribeira
  D Stellae

                  

Liga Feminina

Este sábado recuperouse o partido pendente da xornada 3 de categoría Galega alevín feminina. Enfrontáronse no Municipal de Lugo o Ribeira e o Burela para darlle a vitoria claramente ao equipo local por 5-1. As de Lugo ocupan o medio dunha táboa onde do Castro lidera. Tanto estas como o líder están invictas.

As locais asentaron o primeiro gol no primeiro minuto, para que non houbese dúbidas. Aos dez minutos xa tiñan tres tantos e completaron o electrónico ata o 5-1 no minuto 19, cando o Burela marcou o seu, que foi o último do partido.

O día 21 terán o último partido, que será o duelo Ribeira-Castro xa que o previsto para a mesma data Burela-Ribeira adiantouse ao último venres. No segundo partido tamén o Ribeira foi vencedor pero con outro marcador, 2-7 no Vista Alegre.

Comezaron cedo a conta, cun dos catro goles de Alma e malia que empatou rápido o Burela, o Ribeira colleu marcha e chegou á pausa 1-4, que sería 1-5 xusto á volta de vestiarios. Volveu marcar o local pero o visitante sumou dous máis ante do final

RIBEIRA 5 - 1 BURELA

Ribeira FS-Lieders: Leire, Alma (1), Shaila (1), Cira, Natalia (1), Daniella, Nerea (2), Helena, Carmen, Aldara e Daniela. 
Pescados Rubén Burela FS: Mía, Paula, Andrea, Henar, Lucía O, Emma, Valeria, Lucía M e Adriana (1).
Cancha: Municipal de Lugo.

.

BURELA 2 - 7 RIBEIRA

Pescados Rubén Burela FS: Mía, Emma, Paula, Andrea, Adriana (1), Valeria, Lucía M, Henar e Lucía O (1).
Ribeira FS-Lieders: Daniella, Nerea (2), Alma (4), Shaila, Cira, Helena (1) e Carmen. 
Cancha: Vista Alegre.

.

Consulta aquí a clasificación

 

LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA GRUPO C

 Resultados xornada 3 e 6                                         

Ribeira 5-1 Burela
Burela 2-7 Ribeira

                   

Próxima xornada                                          

Ribeira (21/02) Castro