O Casás foi o único equipo da provincia que aportou puntos esta fin de semana e fíxoo cunha vitoria sobre o Club del Mar San Amaro, colista do grupo.
Os pequenos seguen mellorando e facendo un fútbol sala colectivo que os levou a unha vitoria contundente e con moita superioridade.
Os de Nino dominaron o marcador sen dar tregua rematando o primeiro tempo cun 3-0. Chegaron na segunda ao 5-0 pero no último minuto entraron dous goles do rival.
O Meigallos estivo moi preto da vitoria co Colegio Liceo, equipo co que comparte zona na clasificación xeral. Os de Sarria entraron pronto no partido cun gol no minuto 4 e lideraron o marcador ata o 1-3 a dous minutos da pausa. O Liceo recuperou fenda antes do pitido pero na segunda o Meigallos volveu irse adiante. O cansazo fixo o seu e o Colegio Liceo chegou ao empate a 4, que volvería ser a 5 goles a tres minutos do final.
Na loita pola vitoria esta caeu para o Colegio Liceo, que marcou o gol da vitoria segundos antes da bucina, sendo a única vez que estivo diante no marcador.
O Ribeira perdeu a domicilio co 5 Coruña por 3-1. Nesta ocasión o local foi claramente dominador do duelo, sobre todo na primeira metade, que pechou cun 3-0. O Ribeira non tería oportunidade de marcar ata o tramo final.
O erros marcaron a derrota do Acasti Reformas na casa ante o Parrulo. Aínda que había igualdade no xogo, o equipo branco non conseguía aproveitar as ocasións, o que si facía o rival, que chegou á pausa cun 0-2 de vantaxe.
Na segunda, con menos vistosidade, os erros foron maiores e axudaron a que o Parrulo marcase. Ao final, derrota por 1-3.
ACASTI REFORMAS 1 - 4 PARRULO
Perruquerías Vero's O Parrulo: Iago, Daniel, Hugo C, Íker, Rubén (1), Gabriel, Hugo M, Gael M, Marco, Carlos (1) e Gael A (2).
Cancha: Casa do Deporte.
CASÁS 5 - 2 CLUB DEL MAR
Club del Mar San Amaro: Diego, Xabier, Leo (1), Pepe, Joel (1), Lucía, Nicolo, Pablo e Mauro.
Cancha: O Palomar.
COLEGIO LICEO 6 - 5 MEIGALLOS
Os Meigallos FS: Joel, Izan L (2), Izan V, Yago R (1), Alejandro R, Jorge, Diego, Xoel (1), Rodrigo, Miguel (1) e Yago B.
Cancha: Liceo La Paz.
5 CORUÑA 3 - 1 RIBEIRA
Ribeira FS: Matías, Ignacio, Ángel, Yoel, Unai, Hugo A, Aleix (1), Daniel, Alma, Pedro, Sergio e Bruno.
Cancha: San Francisco Javier.
LIGA GALEGA ALEVÍN NORTE |
---|
Resultados xornada 16
Acasti Reformas | 1-4 | Parrulo A |
Stellae | 8-2 | Hércules |
Casás | 5-2 | Club del Mar |
Colegio Liceo | 6-5 | Meigallos |
O Esteo | 8-5 | Ventorrillo |
5 Coruña | 3-1 | Ribeira |
D | Narón |
Próxima xornada
Parrulo A | - | Stellae |
Hércules | - | Casás |
Club del Mar | - | Colegio Liceo |
Meigallos | - | O Esteo |
Ventorrillo | - | 5 Coruña |
Ribeira | - | Narón |
D | Acasti Reformas |
Liga Feminina
LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA GRUPO C |
---|
Próxima xornada
Ribeira | (21/02) | Castro |
Ribeira | (11/02) | Burela |
Burela | (21/02) | Ribeira |