Acasti Reformas e Ribeira leváronse os puntos nos dobres derbis da última xornada do ano

Os brancos, que pasan o ecuador da liga como os mellor situados da provincia, foron superiores aos sarrianos mentres que no outro duelo houbo moita igualdade

A categoría remata o ano e a primeira volta da competición ligueira cos equipos da provincia situados na parte media da táboa.

A última xornada rematou cun dobre derbi no que Acasti Reformas venceu cómodo ao Meigallos e o Casás e Ribeira pelexaron duramente polos tres puntos.

O equipo branco é o mellor situado na táboa, ocupa a sexta posición. Venceu cun marcador de 6-1 ao Meigallos tras unha primeira parte na que foi superior. Un dobre de Roi (que sería hat trick ao final) abriu a conta para o Acasti Reformas, que xa estaba 4-0 no descanso.

Á volta meteron rápido o quinto e o Meigallos aproveitou para acurtar distancias. Finalmente Roi sería o encargado de pechar a conta a dous minutos do final. Quedan os sarriaos na posición 11.

Consulta aquí a clasificación

Moito máis apertado foi o duelo entre Casás e Ribeira. Os ribeiraos, que quedan na sétima praza, volveron a casa co 1-2. Os amarelos tiveron máis oportunidades pero faltoulles efectividade na porta e ao final o Ribeira levouse os tres puntos tras un partido no que o empate estivo moi presente. Os dous primeiros goles, un para cada un, foron a cinco minutos do intermedio, os dous seguidos e o que supuxo a vitoria do Ribeira entrou no 32'.

O Ribeira pasa ao novo ano na oitava posición e o Casás na décima.

ACASTI REFORMAS 6 - 1 MEIGALLOS

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Asier, Roi (3), Pablo, Xoel, Mateo, Mauro, Álex (2), Daniel, Pablo (1) e Enzo.
Os Meigallos FS: Jorge, Diego A, Xoel, Izan R, Alejandro (1), Joel, Izan L, Diego, Rodrigo, Yago R, Miguel e Yago B.
Cancha: O Palomar.

CASÁS 1 - 2 RIBEIRA

Club Polideportivo Casás: Martín G, Martín F, Hugo, David (1), Hernán, Érik, Mateo e Diego.
Ribeira FS: Matías, Daniel, Ángel, Yoel (1), Hugo A, Aleix, Hugo F, Alberto, Pedro (1), Bruno e Unai.
Cancha: Somos Fútbol.

 

LIGA GALEGA ALEVÍN NORTE

                 Resultados xornada 13

O Esteo 1-1 5 Coruña
Colegio Liceo 0-5 Narón
Casás 1-2 Ribeira
Stellae 4-3 Ventorrillo
Acasti Reformas 6-1 Meigallos
Parrulo A 11-0 Club del Mar
  D Hércules

            Próxima xornada

Parrulo A - Hércules
Acasti Reformas - Club del Mar
Stellae - Meigallos
Casás - Ventorrillo
Colegio Liceo - Ribeira
O Esteo - Narón
  D 5 Coruña

           

Liga Feminina

 

Consulta aquí a clasificación

 

LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA GRUPO C

           Próxima xornada                                          

Ribeira (21/02) Castro
Ribeira (4/02) Burela
Burela  (21/02) Ribeira