O derbi local entre Acasti Reformas e Ribeira saldouse cun empate a 4 que mantén ao equipo branco como o mellor situado da provincia na táboa, seguido precisamente dos ribeiraos.
Primeira parte de ida e volta, na que os ataques superaron ás defensas, incluso cun resultado curto (3-3) para as oportunidades xeradas por ambos os dous equipos.
Na segunda, o Acasti Reformas deu un paso adiante e contivo ao Ribeira, que non se achegaba pero impedía que o equipo branco rematara na porta. Finalmente conseguiron sumar un novo gol que parecía definitivo, ata que o Ribeira logrou o empate nun dos escasos achegamentos da segunda parte.
O Casás xogou un partido moi bonito e igualado co 5 Coruña, con oportunidades moi equilibradas e que podería ter caído de calquera lado pero que se foi ao campo contrario no tramo final.
O Meigallos tamén ofreceu emoción co Hércules levantando un 2-0 en contra para empatar no ecuador do partido, e incluso poñéndose por diante na reanudación. Cambiou de novo o dominio do marcador antes de que empatados a 4 o local se levase os tres puntos cun gol no último minuto.
ACASTI REFORMAS 4 - 4 RIBEIRA
Ribeira FS: Matías, Daniel, Ángel (3), Yoel, Hugo A, Sergio, Aleix, Hugo F, Alma, Pedro, Bruno e Unai (1).
Cancha: Casa do Deporte.
CASÁS 2 - 3 5 CORUÑA
Academia 5 Coruña FS: Nicolás, Raúl, Antón, Mario, Gaspar (1), Brais, Diego, Pablo (1), Lucas, Leo, Gonzalo e Hugo (1).
Cancha: Somos Fútbol.
HÉRCULES 5 - 4 MEIGALLOS
Os Meigallos FS: Jorge, Izan L (1), Izan V, Yago R (2), Alejandro (1), Joel, Miguel, Yago B, Diego A, Diego T e Rodrigo.
Cancha: Barrio das Flores.
LIGA GALEGA ALEVÍN NORTE |
---|
Resultados xornada 11
Colegio Liceo | 2-8 | O Esteo |
Casás | 2-3 | 5 Coruña |
Stellae | 4-5 | Narón |
Acasti Reformas | 4-4 | Ribeira |
Parrulo A | 9-0 | Ventorrillo |
Hércules | 5-4 | Meigallos |
D | Club del Mar |
Próxima xornada
5 Coruña | - | Colegio Liceo |
Narón | - | Casás |
Ribeira | - | Stellae |
Ventorrillo | - | Acasti Reformas |
Meigallos | - | Parrulo A |
Club del Mar | - | Hércules |
D | O Esteo |
Liga Feminina
LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA GRUPO C |
---|
Próxima xornada
Ribeira | (21/02) | Castro |
Ribeira | (4/02) | Burela |
Burela | (21/02) | Ribeira |