Goleada do Casás para abrir boca na primeira xornada da Copa feminina

O Acasti Reformas cae da segunda praza da masculina ao non poder pasar do empate co Parrulo A

Os equipos galegos están en tempo de desconto xa para dar por finalizada a Liga. Paran agora unha semana pero quedan dúas para dar por finalizada a campaña, na que o Ribeira segue no máis alto unha semana máis despois de colleitar unha nova vitoria no pavillón do Betanzos.

Os azuis tardaron en romper, xa que non foi ata un minuto antes do intermedio que marcaron os dous primeiros goles, que chegarían a 0-3 xusto á volta. O local intentou achegarse pero os ribeiraos tiveron controlado o partido en todo momento mantendo sempre a vantaxe para asegurar unha vitoria imprescindible para manter o liderado debido á proximidade do Alto do Vento.

Mala xornada pola contra para o Acasti Reformas, que caeu á terceira praza despois de non poder pasar do empate co Parrulo A. Primeira parte moi igualada para os dous, que terminou con empate a 2. Foi na segunda cando o equipo lugués viu afastarse ao Parrulo ata o 2-4 pero collendo folgos levantou o resultado de novo para acabar empatados.

Partido de alta voltaxe para a volta de vacacións, xa que enfrontaranse os dous lugueses da parte alta. Nunha posición discreta segue o Casás, que esta fin de semana tivo descanso.

Consulta a clasificación aquí

ACASTI REFORMAS 4 - 4 PARRULO A

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Daniel, Iker, Enzo, Álex, Pablo, Asier, Roberto, Nuno e Pedro.
Cafetería Monterrey-O Parrulo A: Antón, Manuel, Hugo, Daniel, Gabriel, Gael, Yago, Mateo e Antón.
Cancha: O Palomar.

BETANZOS 2 - 6 RIBEIRA

Troula Betanzos FS: Eloy, Aritz, Taylor, Diego, Yago, Gael, Pablo e Sergio.
Ribeira FS: Daniel, Ignacio, Hugo F, Adriano, Hugo A, Sergio, Álex, Santiago, Efrén e Bruno.
Cancha: Miño.

 

Resultados xornada 24

O Esteo 3 1 Santa Mariña A
Hércules A 2 4 Alto do Vento A
Betanzos 2 6 Ribeira
Acasti Reformas 4 4 O Parrulo A
Stellae 1 5 5 Coruña A
Narón 2 2 Lago DVSport
  D Casás

Próxima xornada

O Esteo - - Lago DVSport
Santa Mariña A - - Hércules A
Alto do Vento A - - Betanzos
Ribeira - - Acasti Reformas
O Parrulo A - - Casás
5 Coruña A - - Narón
  D Stellae

 

Copa Alevín Feminina

Arrancou a queda de Copa na categoría alevín feminina cos equipos divididos en tres grupos. No 1, o Casás goleou amplamente ao 5 Coruña, un dos equipos frouxiños da categoría. Pechou un resultado de 11-1 o equipo amarelo, que se estreou este ano na competición e que comeza ocupando o liderado do seu grupo.

Pola contra, o Burela caeu derrotado ante o Parrulo por un claro 1-5. O visitante foi contundente no seu xogo e abriu o marcador no primeiro minuto e no descanso xa estaba 0-3. Na segunda parte seguiron dominando e non foi ata cinco minutos antes do final que o Burela puido achegarse. O duelo rematou coa expulsión con vermella directa do delegado do equipo local.

GRUPO 1

Consulta a clasificación aquí

CASÁS 11 - 1 5 CORUÑA

Club Polideportivo Casás: Juanita, Alba V, Aurora, Alba P, Leire, Cintia, Alicia, Noa D, Uxía e Noa L.
Academia 5 Coruña FS A: Sabela, Sofía M, Paula, Carla, Andrea, Iria, Carmen e Sofía F.
Cancha: O Palomar.

BURELA 1 - 5 PARRULO

Burela FS (Pescados Rubén): Elsa, Ángela, Valeria, Adriana, Iria, Mía, Emma M, Paula López, Emma L, Lucía, Claudia e Paula Longarela.
Talleres Ramos-Gadesport/O Parrulo A: Andrea, Valeria, Daniela, Candela, Naia, Anira, Celia, Gala e Mariana.
Cancha: Vista Alegre.


Resultados xornada 1

Burela 1 5 Parrulo
Casás 11 1 5 Coruña

Próxima xornada

Casás - - Parrulo
5 Coruña - - Burela

GRUPO 2

Non houbo vitoria para o Ribeira no grupo 2, que caeu ante o Fisober despois dunha moi boa primeira metade na que tivo o rival a raia. Marcou o primeiro gol o local antes da pausa e pasado o minuto 30 foi cando logrou abrir fenda con dous tantos seguidos. Tamén tiveron opcións as locais pero no último minuto completou o marcador o equipo visitante.

Consulta a clasificación aquí

RIBEIRA 1 - 4 FISOBER

Ribeira FS-Lieders: Leire, Helena, Shaila, Daniela C, Irene, Daniella P, Nerea, Laura, Lola, Aldara e Carla.
Fisober FSF: Carlota, Alba, Lola, Claudia A, Claudia O, Ainhoa, Noe, Noemí, Icía, Iria e Noa.
Cancha: Municipal de Lugo.

Resultados xornada 1

Ribeira 1 5 Fisober
  D Lago

Próxima xornada

Fisober - - Lago
  D Ribeira

GRUPO 3

O Castro FSF forma parte do terceiro grupo pero lle tocou descansar esta fin de semana inicial.

Consulta a clasificación aquí

Resultados xornada 1

Narón 1 4 Amarelle
  D Castro

Próxima xornada

Castro - - Narón
  D Amarelle