Triplete de vitorias na masculina, na que o Casás asegura, xunto aos outros dous, a permanencia

A categoría feminina disputará a próxima fin de semana a súa última sesión de Liga, cos catro da provincia na zona baixa

Ao Ribeira custoulle, pero finalmente firmou unha nova vitoria por un axustadísimco 3-5 nas Pontes ante O Esteo. De feito, foron os locais os que abriron a caixa dos goles no primeiro minuto pero foi a única vez que dominaron o marcador, porque antes da pausa o Ribeira xa tiña posto o 1-4. O local achegouse na segunda parte de cara ao final e acabaron separados por un gol. Tres puntos imprescindibles para manter o liderado, xa que o Acasti Reformas está empatado a puntos.

O equipo de Lugo foi máis rotundo co 5 Coruña, ao que superou por 5-2. Malia o resultado avultado, non foi ata preto do intermedio que reaccionaron os locais para marcar, pero unha vez aberto o camiño, chegaron seguidos. De feito, firmou ao descanso 2-0 e xusto á volta fixo outros dous. Completou o resultado mediado o tempo regulamentario co quinto e nos últimos minutos foi o rival o que aproveitou a ocasión para achegarse.

O Casás tamén firmou a vitoria e logrou ao mesmo tempo asegurar a permanencia para o próximo ano logo de vencer ao Narón por 4-2. Non perigou a vitoria dos lugueses en ningún momento sendo superiores e levando a voz cantante en todo momento. Pecharon o marcador dez minutos antes do final e, aínda que o intentaron, non chegaron máis tantos para ningún dos dous.

Consulta a clasificación aquí

CASÁS 4 - 2 NARÓN

Club Polideportivo Casás: Martín G, Hugo L, Hugo G, Óliver, Telmo, Álvaro, Sebastián, Bruno e Nicolás.
SDCyR Narón O Freixo: Izan, Martín, Iago, Nicolás, Diego, Manuel, Hugo e Lorenzo.
Cancha: Casa do Deporte.

ACASTI REFORMAS 5 - 2 5 CORUÑA

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Daniel, Iker, Enzo, Álex, Pablo P, Roberto, Nuno, Gael e Pedro.
Academia 5 Coruña FS A: Brais, Guillerme, Álvaro, Alejandro, Miguel, Iago, Modu, Thiago e Roque.
Cancha: Casa do Deporte.

O ESTEO 3 - 4 RIBEIRA

O Esteo FS: Teo, Adrián M, David, Pablo, Diego, Santiago, Adrián S e Francisco.
Ribeira FS: Matías, Ignacio, Martín, Yoel, Hugo A, Daniel, Alberto, Ángel e Unai.
Cancha: Municipal das Pontes.

 

Resultados xornada 22

Santa Mariña A 2 8 Alto do Vento A
O Esteo 3 4 Ribeira
Hércules A 3 4 O Parrulo A
Acasti Reformas 5 2 5 Coruña A
Casás 4 2 Narón
Stellae 2 5 Lago DVSport
  D Betanzos

Próxima xornada

Lago DVSport - - Santa Mariña A
Alto do Vento A - - O Esteo
Ribeira - - Hércules A
O Parrulo A - - Betanzos
5 Coruña A - - Casás
Narón - - Stellae
  D Acasti Reformas

 

Liga Alevín Feminina

Sen competición tamén na feminina, que rematará a próxima fin de semana a fase de Liga. Os catro equipos da provincia están na parte media baixa da táboa xuntos e apertados nos puntos polo que a última xornada será definitiva para definir a orde na que quedarán.

Consulta a clasificación aquí


Próxima xornada

Narón - - Parrulo
5 Coruña - - Ribeira
Burela - - Castro
Casás - - Viaxes Amarelle
Fisober - - Lago