O Acasti Reformas perde e apéase da Copa, que queda sen representación da provincia de Lugo

A seguinte sesión será a de cuartos, xa que a Liga rematou esta fin de semana con vitoria do Coruxo

O Acasti Reformas apeouse da competición copeira logo de perder no Municipal de Lugo ante o Parrulo A por 1-3. Foi un partido no que o equipo coruñés cobrou superioridade no marcador, que non no xogo, a partir do ecuador, aínda que marcou o primeiro tanto antes do dez minutos de xogo.

Primeiro empatou o Acasti Reformas, pero de seguido o Parrulo volveu adiantarse e no tramo final un gol en propia asegurou a vitoria ao visitante.

O final da liga xogouse este domingo entre Coruxo, que venceu 4-1, e Vigo. Sen xogadores da provincia, o mesmo que a Copa, que queda tamén sen representación luguesa.

ACASTI REFORMAS 1 - 3 PARRULO A

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Asier, Álex, Xoel (1), Yeray, Pablo, Alan, Lucas, Roi, Daniel e Mateo.
Peluquerías Vero's O Parrulo A: Gabriel, Hugo, Daniel (1), Marco (1), Gael, Iago, Manuel, Íker L, Íker V, Rubén, Carlos e Asís. Un en propia porta do Acasti.
Cancha: Municipal de Lugo.

 

LIGA GALEGA ALEVÍN NORTE - FASE FINAL

                 Semifinais

O Esteo 3-5 Coruxo
Cios Vigo 5-2 Parrulo A

 Final 

Coruxo 4-1 Cios Vigo

      

      

COPA GALEGA ALEVÍN

                  Resultados oitavos

Stellae S Galicia Enteira
Ventorrillo 2-3 O Esteo
Club del Mar 0-2 5 Coruña
Acasti Reformas 1-3 Parrulo A
Salnés S Redondela
Saraiba do Mar 1-4 Coruxo
Ourense 1-5 La Peña
Carballiño 5-1 Campito

      

Liga Feminina

Tampouco houbo presenza na final de liga feminina alevín. O Castro caeu en semifinais ante o Narón, que disputou en Noia con La Peña o último partido polo título. 

LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA - FASE FINAL

 Semifinais                               

Narón 11-2 Castro
La Peña 2-1 Seguridade Galega

Final                               

Narón 0-4 La Peña