O Acasti Reformas faise cos tres puntos de forma clara no derbi local

O Meigallos sacou un punto que non lle vale para saír do pozo e o Casás caeu co 5 Coruña malia xogar mellor pero encaixou dous goles nos últimos segundos

O Acasti Reformas venceu esta fin de semana ao Ribeira nun partido que dominaron os brancos de principio a fin, sobre todo na primeira parte. Malia o dominio, os goles viñeron por parte do Ribeira en tres achegamentos. Reaccionaron antes do descanso os do Acasti, que se foron gañando 2-3.

Na segunda parte non houbo partido e o Lugo Sala sacou de renda máis goles para chegar ao 3-8 do final.

Consulta aquí a clasificación

O Meigallos sacou un punto do duelo co Hércules, pero non lle vale para saír do pozo. Os sarriaos abriron rápido o marcador e puxéronse por diante co 2-0 antes do desanso, pero o rival non quixo deixar as cousas así, e xusto á volta marcou para achegarse. No tramo final completou a remontada para o empate.

O Casás dominou o partido co 5 Coruña pero non logrou que o marcador lle correspondese ao esforzo. Os porteiros locais foron os responsables de que o equipo amarelo non se puxese por diante malia o seu xogo. A igualdade matívose ata os últimos segundos, cando o anfitrión marcou dos goles que lle arrebataban cruelmente aos de Nino a posibilidade de puntuar.

RIBEIRA 3 - 8 ACASTI REFORMAS

Ribeira FS: Matías, Daniel, Hugo F, Ángel, Hugo A, Sergio, Aleix, Pedro (1), Bruno (1), Yoel (1) e Unai.
ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Asier, Roi, Xoel (3), Álex, Mateo (1), Daniel, Íker, Pablo A (3), Daniel e Pablo P. Un en propia do rival.
Cancha: Municipal de Lugo.

5 CORUÑA 4 - 2 CASÁS

Academia 5 Coruña FS: Nicolás, Raúl (1), Antón, Xoe (1)l, Gaspar (2), Brais, Mario, Álvaro, Lucas, Gonzalo e Hugo.
Club Polideportivo Casás: Martín G, Martín F, Hugo, David (1), Telmo, Hernán (1), Mateo e Diego.
Cancha: San Francisco Javier.

MEIGALLOS 2 - 2 HÉRCULES

Os Meigallos FS: Joel, Diego, Xoel, Yago, Alejandro, Izan L (1), Diego, Izan V (1), Rodrigo, e Miguel.
AJ Pombo Hércules FS: Mateo, Mario (1), Lorenzo, Luis, Martín (1), Alberto, Xavier e Daniel.
Cancha: O Chanto.

 

LIGA GALEGA ALEVÍN NORTE

                 Resultados xornada 24

O Esteo 8-0 Colegio Liceo
5 Coruña 4-2 Casás
Narón 5-2 Stellae
Ribeira 3-8 Acasti Reformas
Ventorrillo 2-4 Parrulo A
Meigallos 2-2 Hércules
  D Club del Mar

Próxima xornada   

Colegio Liceo - 5 Coruña
Casás - Narón
Stellae - Ribeira
Acasti Reformas - Ventorrillo
Parrulo A - Meigallos
Hércules - Club del Mar
  D O Esteo

                  

Liga Feminina

 

LIGA GALEGA ALEVÍN FEMININA - SEMIFINAIS

 Eliminatoria Liga (1/05)                                         

Narón - Castro
La Peña - Seguridade Galega