Mario González: ''Llevamos desde agosto entrenando y ya se vio una evolución en el grupo''

cunha base de xogadores de primeiro ano xunto a outros de último, o Pol xuvenil que adestra Mario González combina primeiras experiencias na categoría con bagaxe na Liga provincial. González observa unha evolución no seu grupo á hora de comparalo cos primeiros entrenamentos de agosto. O Pol quere dar guerra en tódolos partidos e non virse nunca abaixo.

Con que obxectivo arrancaron a tempada?

Queremos competir contra a maioría dos equipos e formar ós xogadores para o primeiro equipo.

Como ve ó seu conxunto?

Hai bastantes xogadores de primeiro ano e tamén algún de último. Levamos entrenando dende a primeira semana de agosto polo que na parte física estamos ben. O feito de levar tempo entrenando propiciou que se vira unha evolución no grupo.

Como viviron os primeiros partidos da campaña?

Excepto no partido contra o Sagrado Corazón, no resto de partidos estivemos á altura do rival. Pouco a pouco iremos mellorando e sumaremos puntos.

Que equipos cre que loitarán polas dúas primeiras plazas?

O Sagrado Corazón gustoume moito porque fan as cousas moi ben. Cospeito e Xove tamén están na zona alta da táboa, pero os encontros contra eles foron bastante parellos.

(PÓSTER del Pol de la Liga provincial juvenil, en la edición impresa de El Progreso de este 25 de octubre)

Comentarios